o señor dos aneis

O día 8 Xuño 2008, clasificado en: cultura, libros, por xOsse dorrío

Se a película de «O Señor dos Aneis» vos pareceu algo impresionante -a min séguemo parecendo despois de vela máis de dez veces- e ainda non lestes o libro que deu orixe a aquela aconséllovos que vos poñades a ler. Ides atopar moitas sorpresas, pois non todo sucedeu tal e como se pode ver na película, ni todo o que aparece nela foi escrito previamente por J. R. R. Tolkien, nin todo o que foi escrito está nela reflexado. É lóxico. O cine non se inventou para encher películas con largos monólogos, entre outras moitas cousas. Soamente por isto, por esas intrahistorias, merece a pena lelo libro de «O señor dos Aneis». Eu, coma sempre, fun anotando algúnhas frases que me gustaron e que tanto na vida, coma na política, forman parte da miña filosofía:

  • O traballo que nunca se empeza é o que máis tarda en rematarse.
  • Non estou enteiramente o lado de ninguén porque ninguén está enteiramente do meu lado.
  • Non desprecies as tradicións antigas: ocorre a miudo que os vellos gardan na sua memoria cousas que os sabios doutro tempo necesitan saber.
  • De certas empresas pode dicirse que é mellor emprendelas que rexeitalas ainda que o fin se anuncie sombrío (esta frase lémbrame moito a unha de Imperium).
  • O dano do mal acostuma a volverse contra o propio mal.
  • Moitos dos que viven merecen morrer e algúns dos que morren merecen a vida. Podes devolver a vida? Logo non te apresures en outorgar a morte, pois nin o mais sabio coñece o fin de tódolos camiños.
  • Si non hai máis que un camiño terei que tomalo.
  • Máis vale desconfiar de verbas inmerecidas que de verbas irreflexivas.
  • As palabras fermosas esconden a veces un corazón infame.
  • Si a cabeza non é a mellor parte do teu corpo, confía sempre no teu corazón.

etiquetas:  

Os comentarios están cerrados



arquivo de mOendo

Xuño 2008
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes