dobre sentido

Cadena ser - xosse
Fíxense no titular da noticia Muere el cerdo de Clooney que aparece hoxe na portada da Cadena Ser. ¿Ten ou non ten unha dobre lectura? Pode que Clooney non sexa o ídolo do redactor ou redactora da noticia pero, ainda que o considere un porco, non morreu. Quen si morreu é o porco que convivía con el dende fai 18 anos, chamabase Max e pesaba 130 kilos. Tan farto quedou George do seu porco que declarou que “¡Max cubriu tódalas miñas necesidades de porco!”.

Lástima que morrera, estaba pra comelo. O porco… digo.

escríbeme


Si alguna vez vos propuxestes escribir un libro seguro que vos gustará ésta iniciativa que descubrín vía atún tun tun. Trátase de escribeme, unha web que se propuxo escribir un libro coa aportación de tódolos usuarios que así o desexen. Pódese participar de varios xeitos: enviando frases ou párrafos orixinais que se irán engadindo ó contido, previa votación, ou votando por aquelas que máis nós gusten. Ademais é posible comunicarse cos demais escritores a través dos comentarios de cada frase e comprobar como encaixa a frase no conxunto do libro antes de votar.

Holly Dolly – Dolly Song

Hai algo o que lle levo dando voltas toda fin de semana, un ritmo que non logro sacar da miña cabeza, o son de Dolly Song… non o escoitedes porque logo non sabredes desfacervos del.

Este videoclip pode producir danos serios ó seu cerebro.

E para mostra:

In dubio pro operario

in dubio pro operario:

cando unha norma reguladora do dereito do traballo -ou unha cláusula contractual- pode ser interpretada de varias formas, haberá de enterderse sempre naquela interpretaciónque resulte máis beneficiosa para os traballadores.

Conflicto social

conflicto social:

confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.

Forza

forza:

capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.