Partido de masas

partido de masas:

Orixinariamente de ideoloxía socialista, caracterizase porque busca captar a maior cantidade posible de afiliados, xa que coas súas cotizacións tense que manter o partido, dispón dunha ampla base social, así como dun amplo e completo aparato burocrático e organizativo e ten unha burocracia profesional; o seu programa está moi definido e a súa ideoloxía é moi marcada, e esfórzase en educar e mobilizar politicamente os seus membros. Presenta unha organización moi ríxida, e os seus políticos encóntranse baixo unha forte disciplina de partido; dáse a coñecer á sociedade e busca influír con todo tipo de actividades e servizos que sobrepasan o marco estritamente electoral –casas de cultura e educativas, publicacións, mutuas de seguros, garderías, etc.– e ten fortes vínculos con organizacións non estritamente políticas afíns, como os sindicatos.