O BNG e o único partido que propuxo un texto articulado para a elaboración do novo Estatuto de Galiza. É o único partido que realiza foros para a mellora deste texto. É o único partido que presentou o seu texto as xentes de Galiza por diferentes cidades e pobos… da a sensación de que é o único partido que quere un novo Estatuto para Galiza.
Mentres no PSdeG e no PPdeG reina o desconcerto. Por un lado seguen a decirnos que non queren para os galegos menos dereitos e competencias que os cataláns, polo outro seguen cegamente as consignas de Madrid. Touriño, que non quere ver rodar a sua cabeza como a de Maragall, está mais pendente de encontrar a fórmula que o manteña no posto (chegamos a escoitar cousas tan absurdas como “Nación de Breogán” como concepto que defina a nosa idetidade o cal, só puxo de manifesto, que confunden o mito coa realidade) que avanzar nos dereitos do pobo galego. A Feijoo simplemente non lle deixan facer nada porque non é ningén. Non ten peso político propio, de modo que non lle van a permitir que o PP acepte en Galiza o que o PP rechazou en Catalunya. E claro, sen os seus votos non habrá novo Estatuto.
Unha vez mais parece que o noso futuro non o vamos a decidir nós, os galegos. Unha vez mais será desde Madrid donde se diga cales son os nosos dereitos, as nosas competencias, a nosa identidade. Serán os Zapatero, Pepe Blanco, Rubalcaba, Rajoy, Zaplana ou Acebes quenes nos digan o que é Galiza, quenes nos digan a que temos dereito ou ata onde podemos chegar. A min, como galego iso non me serve, por iso, ante a situación de atasco do novo Estatuto deberían adiantarse as elección e que os galegos decidan onde queren que se decida o contido do novo Estatuto: na nosa TERRA ou en Madrid.