Home cultura LEO, LEO,..
formats

LEO, LEO,..

Últimamente cústame sinalar un só libro e rescatar del aquelas aportacións que me resultan máis interesantes. A razón é que estou lendo demasiados libros a vez. No apartado de economía comencei a ler a principios de agosto «Curso de Bolsa e mercados financieiros» de José Luis Sánchez Fernández de de Valderrama, ideal para coñecer as razóns deste mercado convulso; recentemente, o abeiro dos premios Novel, descubrín a faceta literaria de Paul Krugman, premio Novel de Economía 2008 -o cal coñecía únicamente polos seus artigos no diario El País-, así que me fixen coa súa derradeira obra: «Despois de Bush: a fin dos neocón e a hora dos demócratas«. Tampouco puiden evitar porme con el.
Entre a económía e a política -podería ser economía-política- está «Europa: O continente pensado» de Camilo Nogueira onde o autor debulla a construcción Europea e sinala os retos políticos que lle agardan. No apartado de política interésame especialmente a nova ola participatica que está a mudar a forma de facer política nos concellos. Trátase dun novo salto nas liberdades do cidadán, a última revolucuión política: os presupostos participativos. Para entender mellor o funcionamento deste fenómeno merquei o libro de Boaventura Sousa Santos, «Democracia e participación: o exemplo do presuposto participativo de Porto Alegre«, cidade na que comenzou a aplicarse este sistema polo Alcalde do Partido dos Traballadores, Tarzo Genro, aló polo ano 1989. Pendente de iniciar a súa lectura, e iso que é o que me corre máis presa, para poder presentar un ensaio crítico en decembro, é «Grandes imperios, pequenas nacións» de Josep M. Colomer. Terei que aparcalos todos para poder acabalo a tempo.

 

Otro libro que estou lendo, este relacionado coa psicoloxía, é «Intelixencia Emocional» de Daniel Goleman, un ensaio sobre como o coeficiente emocional influe no devir de cada individuo por encima do coeficiente intelectual. Recentemente, para un debate sobre psicoloxía social, tiven que ler varios ensaios, artigos e un relato. Ese relato é «Só viñen a chamar por teléfono«, de Gabriel García Márquez. Tratábase de dilucidar a fronterira entre o que a sociedade considera «normal» ou «fora do normal». Por suposto, recomendo seguir a ligazón e ler o relato.

 

 
Tags:
 Share on Facebook Share on Twitter Share on Reddit Share on LinkedIn
1 Comment  comments 

One Response

  1. [...] natural é a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, democracia e comunicación no BNG e, [...]