O BNG anda a meter a man na caixa dos seus ex-militantes

Quedei abraiado! Si, abraiado cando me ensinaron un cargo con data do 03/05/10 de 32,68€ na conta de Caixanova dunha ex-militante do BNG. Tiña feita unha solicitude de baixa de domiciliación dende agosto de 2008. Estaba dada de baixa por activa (ao tela solicitado ao (IR)Responsable Comarcal) e por pasiva (por devolver os recibos dende aquela data). Trátase dun caso illado? Non creo …

Agora, o ordenante, BNG – BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, cárgalle na conta a esta ex-militante o equivalente a cota de catro meses. A pregunta é: como é posible que che carguen algo na túa conta cando tes feita unha solicitude de baixa desta domiciliación? A resposta do empregado da entidade: iso é que alguén dende dentro da entidade volveu a dar de alta a domiciliación (?). Certo: fixádevos onde di “Data de alta“. Quen asinou esa alta?

Serán infiltrados do BNG en Caixanova? Será que Gayoso quere cobrar a súa débeda? Será esta a forma de evitar a perda de financiamento co constante goteo de baixas que está acumulando cada mes o BNG? Fixádevos que na comarca de Allariz – A Limia o (IR)Responsable Comarcal, Xosé Manuel Pérez Bouza (quen non foi quen sequera de pedir unha desculpa ao facerllo saber), ponse como obxectivo que as devolucións de recibos por parte dos militantes non superen o 5% cada mes… como estará a cousa!!

Para min esa acción só ten un nome (ATRACO) e os seus autores outro (LADRÓNS).

II solicitude de baixa de domiciliación do BNG

Fai “clic” na imaxe para ampliar

2 comentarios en “O BNG anda a meter a man na caixa dos seus ex-militantes”

  1. Esta militante non será unha das que pretendian votar por que enton sería un atraco e unha tomadura de pelo os que pagamos e participamos.

    • Evidentemente non pretendía votar. Si fose así non devolvería o recibo como fixo, nin se vería na obriga de realizar outra orde de cancelación da domiciliacion, porque a anterior orden “alguén (de caixanova) de dentro” a anulou. Porque se fan estes cargos a conta corrente de ex militantes e non se realizan aviso algún de pagamento aos militantes que si o son e ten a posibilidade de porse ao día? A pregúnta é retórica….

Os comentarios están pechados.