Os “non representantes” dos “non traballadores”

Si tivese que buscar unha definición axeitada para definir aos sindicatos sería esa: os “non representantes” dos “non traballadores”.

Hoxe os sindicatos son un bulir constante, un fervedoiro, dende que o Sr. Zapatero tivo a súa derradeira ocorrencia: baixar o soldo dos funcionarios. Tivo moitas outras antes, cada cal peor que esta, pero ningunha organización sindical dixo nada ou, de onde crían que ían saír os cartos para pagar as axudas ao sector automobilístico (Plan2000E), financeiro (o FROB) ou construtor (PlanE)?. Grazas ao Plan2000E e aos impostos que todos aportaremos agora salváronse milleiros de postos de traballo, non só aquí, senón en todo o mundo, pois a maior parte dos coches financiados con eses cartos eran importados; co FROB pagaremos as débedas dos bancos e caixas que fiaron e investiron en produtos lixo enxeñados alén do mar; co PlanE as administración puideron manter nos seus postos aos traballadores de grandes construtoras, as que traballan normalmente coa administración, e financian de xeito habitual e ilegal aos partidos políticos. É importante ter contentes aos que realmente mandan.

Mentres todo isto sucedía o cerre de empresas, PEMES e autónomos era imparable. En tódolos sectores. Para estes non había axudas porque axudas non pode haber para todos. Cando uns levan as axudas outros ten que pagalas; é de sentido común. Millóns de persoas quedaron sen emprego.

Grazas a política de estrangulamento levada a cabo polo partido socialista, e consentida pola maioría dos sindicatos e de partidos políticos, é que agora as empresas ten máis opcións estratéxicas ao seu favor e poden exercer maior presión sobre os prezos do mercado laboral… é a lei da oferta e a demanda.

Os sindicatos defenderán os dereitos dos traballadores, pero non farán o mesmo cos non traballadores, asumirán e permitirán un novo recorte de dereitos. Chamaranlle flexibilización salarial. As empresas comprometeranse a realizar novos contratos sempre e cando os novos traballadores contratados reciban salarios menores que os xa contratados, teñan menos dereitos (menor custo do despedimento) e asuman máis riscos (aplicando cada vez máis o principio de incentivos).

O resultado será unha maior inestabilidade no emprego o que nos levará a unha menor cualificación no posto de traballo, a asumir máis riscos e sufrir máis accidentes, a aforrar máis e consumir menos,… e aí volve a roda a comezar: consumindo menos será máis difícil crear emprego. Entenderán algún día as empresas que sen traballador/consumidor non hai negocio?

6 comentarios en “Os “non representantes” dos “non traballadores””

  1. O señor ZP cantos millos de euros lles entregou os sindicatos para que non deran guerra, vendo como cada día miles de persoas perdian o seu posto de traballo. Eles, os sindicatos estaban a mirar para outro lado mentras recibian boas subvencios.
    Nalgún como a CIG, os seus barulleiros avogados o defender a un traballador ante o xuiz cobráballe un 20% do acordo chegado ou do ditame do xuiz. Menos mal que pagaban a cuota mensual que se non ata onde subirian os xuros.
    Na vila onde vivo o alcalde do BNG mais a tenente alcalde PSOE intentaron por tódolos xeitos que o empresario que lles reclama o pago dunha déveda o Concello non puidera impartir un curso de formación para peón de xardineria e viveiro para persoas en risgo de exclusión social co apollo do Consorcio Galego. Xa digo intentárono pero non o conseguiron.
    O curso vai impartido a persoas da etnia gitana. Nas casas onde viven teñen unha valeira que se utiliza para aula, onde se imparten cursos como op que lle din de primeiros auxiliaos no fogar, e outros. Nun principio a miña idea era impartir alí as clases teoricas e as practicas inicialas nos xardins o caron de cada casa onde viven, para conseguir así ver o resultado do que aprenderon in situ e adecentar a zona, darlle unha volta.
    Inicialmente non puxeran travas, todo eran facilidades; pero cando se enteraron quen ia impartir o curso recuaron, demostrando o que son.
    Teñen pouca visión de futuro, pois as eleccios estan a volta e pola miña parte vou facerlles saber aos meus alumnos o que pasou niste asunto e noutros mais con referencia a eles. Están a xogar con mais de cen votos según teño entendido.
    Algún cree que vai conseguir a maioria absoluta, e ise deberia saber que o xuiz pódelle impedir presentarse a reelección. Cómo din eles se nos ten rabia os do BNG.

Os comentarios están pechados.