Delegado

Delegada: 

político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

Desafección política

Desafectación política:

faise referencia a caída da satisfacción e a confianza nas actuacións das institución políticas (partidos, administracións, gobernos, parlamentos) e nas autoridades e políticos en xeral, que se reflexa nas enquisas e tamén se amosa na tendencia a volatilidade electoral e na baixada da militancia partidista

Ola


Ola:

Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado período de tempo que superan significativamente ás transicións en dirección oposta durante ese mesmo período. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun determinado marco temporal e que permiten a participación, na area política, de novos grupos sociais antes excluídos.

Partido de masas

partido de masas:

Orixinariamente de ideoloxía socialista, caracterizase porque busca captar a maior cantidade posible de afiliados, xa que coas súas cotizacións tense que manter o partido, dispón dunha ampla base social, así como dun amplo e completo aparato burocrático e organizativo e ten unha burocracia profesional; o seu programa está moi definido e a súa ideoloxía é moi marcada, e esfórzase en educar e mobilizar politicamente os seus membros. Presenta unha organización moi ríxida, e os seus políticos encóntranse baixo unha forte disciplina de partido; dáse a coñecer á sociedade e busca influír con todo tipo de actividades e servizos que sobrepasan o marco estritamente electoral –casas de cultura e educativas, publicacións, mutuas de seguros, garderías, etc.– e ten fortes vínculos con organizacións non estritamente políticas afíns, como os sindicatos.

Partido de electores

partido de electores:

Partido que se caracteriza porque, en primeiro lugar, non se dirixe a un electorado concreto; en segundo lugar, o seu programa político non está moi definido; en terceiro lugar, non dispón de estruturas organizativas orientadas cara á afiliación; en cuarto lugar, reproduce as estruturas burocráticas dos partidos de masas para a selección de candidatos e, finalmente, acostuma a ter ó fronte un líder que o identifica con claridade ante a sociedade e que monopoliza a súa imaxe pública.

Partidos de notables ou de cadros

partido de notables ou de cadros

Partido que se interesa máis pola calidade dos seus membros que pola cantidade. Non busca o maior número de afiliados, senón que sexan o máis influentes posible polo seu prestixio social e o seu diñeiro; a súa financiamento non se basea na cota de militantes, a súa organización é moi flexible, e ten una burocracia mínima; os políticos non están obrigados por unha disciplina de partido (salvo o partido conservador inglés), o control do partido encóntrase en mans dos parlamentarios; e a súa actividade céntrase no Parlamento e nas eleccións (aínda que tamén dispón de clubs e casinos, as súas dimensións e influencia non é comparable ós centros ou fraternidades dos partidos de masas).