Politics

politics:

Parte da actividade política relativa ós procesos políticos; por exemplo: loita entre partidos nunhas eleccións, comportamento político individual e colectivo que se encadea dinámicamnte, relacións coas institucións e intento de influir nelas pola parte dos actores colectivos, etc. Polítics refírese a cara dínamica da política. Policy refírese a estructura política:

Policy

policy:

Parte da actividade política relativa a producción pública (ou regulación da privada), ofrecemento e distribución de bens e servizos pola parte das autoridades. O termo equivalente en galego sería política pública.

Política

política:

Actividade cosustancial das persoas que viven en sociedade e que ten por obxectivo regular os conflictos queson inherentes a vida común -a veces utilizando a coacción- coa vontade de manter a cohesión social

sociedade civil

sociedade civil:

Entorno que configuran todas aquelas agrupacións de individuos e asociacións que ten intereses comúns e participan na colectividade pero que non forman parte da administración nin das institucións públicas.

Regulación

regulación:

Acción pola cal o poder político incide directamente na sociedade (por medio da elaboración de leis ou da implementación de políticas públicas) co obxectivo de acotar o conflicto que lle é inherente e manter a coesión social.