Muddling through

Muddling through (“Saír do Paso”):

Modelo de elaboración de políticas públicas ideado por Charles Lindblom, que recolle o feito de que o contido dunha determinada política é o resultado de negociacións e compromisos parciais articulados permanentemente entre diferentes actores. Iso comporta ter que saír do paso constantemente.

Soberanía estatal

Soberanía estatal:

Implica que un estado ostenta a máxima autoridade xurídica sobre o seu territorio e a súa poboación, e que non comparte esta autoridade con ningunha outra institución interna o externa. É a característica definidora dun estado.

Privatización

Privatización:

Transferencia de activos de propiedade pública ó sector privado que supón unha redución da intervención directa do estado na economía. O término tamén inclúe a subcontratación a empresas da provisión efectiva de servizos de titularidade pública.