NIN PUTO CASO

O día 28 Febreiro 2007, clasificado en: política nacional, por xOsse dorrío

Despois de visionar éste video no que Deputados e deputadas do Parlamento do Estado abandonan os seus postos antes de que Rodríguez comece a súa intervención na que solicitaba o Parlamento español que permita que parte dos activos que no pasado pertenceron a Astano poidan ser desafectados pola SEPI e utilizados pra construcción civil naval, a cidadanía galega ten o deber de reflexionar.

A todo ésto hai que engadir que se trata dunha proposta aprobada polo Parlamento galego, aprobada por unanimidade polos tres partidos: PP, PSOE e BNG. Pois ben o que en Galiza aprobaron os socialistas en Madrid desaprobaronno eles mesmos porque a proposta foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e IU.

Agora de pouco vale laiarse. Desplantes destes temos sufrido moitos nos derradeiros anos, tanto por uns coma por outros; temos sufrido tantos que xa non é posible votarlle a culpa a un ou a outro partido porque a responsabilidade do sucedido é, principalmente, da cidadanía galega (da de Ferrol tamén) que segue sen conceder peso os partidos da terra, non so en Madrid, senon tampouco na propia Galiza. Tal vez, cando non nos quede un so cabo o que agarrarnos, entonces si, seremos todos nacionalistas.

Tagged with:  

1 Resposta » to “NIN PUTO CASO”

  1. XM Carreira: Caixa do Mendinho di:

    Así se decide o noso futuro industrial.



Arquivo, mes a mes

Arquivo de mOendo

Febreiro 2007
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It