Xiao é tan vello que ten seu nome en galego, puxéronllo seus pais moito antes de que prohibiran utilizar a nosa lingua en documentos oficiais e, sobre todo, no Rexistro Civil (pola orde ministerial -BOE 15/5/1938- sobre o Rexistro: La España de Franco no puede tolerar agresiones contra la unidad de su idioma, por iso [...]
Ollo unha foto túa regalada aos perniciosos ollos do adúltero desexo na noite de aniversario, xaneiro 2010, dun teu querido ser. A traizón? Non! Gozas co deleite de ser ollada polas destras mans de quen manexa unha nikon D60 en baixo contraste captura 24 bits de profundidade allea moral, sen flash. Unha luz velaiña alumea [...]
Hoxe descubrín o que é a sincronicidade, quero dicir, que o experimentei. Coñecía o concepto e maila definición grazas a Cid Cabido nesa obsesiva teima que ten “nunha historia que non vou contar” coas coincidencias significativas. Nin o mesmo Jung o crería si llo contase. Cada mañá, antes de saír da casa collo un libro [...]
Ultimamente levo comigo sempre unha axenda baleira de compromisos. Este caderno está deseñado para apuntar cousas de interese, para lembrarnos do que temos pendente para o futuro, máis véxome na obriga de encher ese baldío diario e fago palabra a palabra dos libros que vou lendo cada día, non porque lea moitos libros nun día, [...]
Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. [...]
Collín un dicionario de galego para verificar o significado dunha palabra que polo contexto xa intuía: «arreguizo s. m. Estremecemento de frío ou de medo, arrepío». O que me imaxinaba. Utilizo o dicionario clásico de papel porque ao abrilo ao azar atópome con palabras novas e vou descubríndoas, cousa que nos dicionarios dixitais dos que [...]
Lois Pereiro (poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995) Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16) deixándome levar sen resistencia. (19) Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20) contra o medo. (29) Noites en branco coma sabas húmidas… (39) Teño a cabeza no centro do mundo (23) e o corpo é [...]
Lois Pereiro (Poemas 1981 -1991) A luz ardente dun lúrido desleixo (87) onde arde a miña sombra pola noite (7) no desastre (15) (d)nun presente salvaxe que me instrúe (17) orfo doutro destino (73) vencido pola ofensa (74) abro un suco vermello en media lúa (27) neste día de graza na hora xusta (43) [...]
Recoñezo que Lois Pereiro me defraudou nun principio, coas primeiras cartas. Agardaba máis da persoa a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Parecíame ordinario. Anotacións cotiás, breves, sinxelas, anormal para alguén que se lle presumía -outros, non el- unha vida tan activa. Sen embargo, a medida que se van pasando [...]
A soidade foi o refuxio do “home dos nomes”, o lugar onde atopou a paz social e familiar que noutro tempo soñara. Non precisaba conversar máis que con seus cans ou coas personaxes que se escapulían nos seus sonos, entre eles, e sen decatarse, Pepe da “Aira Vella”. O mellor da soidade eran os silencios [...]
Cando era pequeno, e se facía noite, lembro que de vez en cando subía pola estrada un home do pobo que superaba ben os sesenta anos, un home de pel escura, curtida polo aire da Lagoa, encurvado e cun paso lento e canso logo dunha longa xornada de traballo nas leiras. Ía sempre falando coa [...]
A alguén que coñecese esta historia de primeira man pode parecerlle que todo isto que conto non sexa tal cal a como eu o describo, porque os recordos da nosa mente tenden a relacionarse co significado que lle queremos dar, non coa información ou, como dicía noutra ocasión, ao referirme a historia dun parente meu [...]
Seguramente nunca oístes falar del pois, de onde eu son, que era por onde moraba, coñecíase con nomes distintos en cada pobo. Era un home de avanzada idade, encurvado polo peso dos anos, das súas ferramentas e das vestimentas; era un home de pelo e barba branca e longa, de pel escura e moi engurrada. [...]
Comparto a filosofía de Julian Assange, a súa rebeldía ante a inxustiza social que comete quen ostenta o poder político e económico. Ese é o principal efecto da rebelación dos cables publicados por Wikileaks: a fin da sumisión ao poder do imperio dominante. Julian Assange fixo o que ningún goberno do mundo puido facer, dende [...]
Nos últimos días a empresa EcoOurense estivo cambiando os contedores do lixo, retirando eses de plástico «de toda a vida» por uns novos, xigantes e moi bonitos. Non sei cantos cidadáns se decatarían, aparte de quen os sofre -pois hai tamén quen os desfruta pois ao ser máis grandes hai menos e máis espazo para [...]
Logo de criticar a CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) por enésima vez polo uso continuado do castelán na súa páxina de Facebook e na súa conta de Twitter decidiron eliminar primeiro os meus comentarios, logo a conversa enteira, quizais avergonzados polo que eles mesmos afirmaban. Lamentablemente a conversa é imposible reproducila na secuencia en [...]
Probablemente, cando isto sucede, é porque realmente non existía un proxecto. Cando un empresa non ten claramente definido ate onde quere chegar e como quere facelo está abocada ao fracaso. Unha situación socioeconómica favorable pode levar ao éxito temporal pero cando, como na actualidade, se vive unha situación de crise económica, saen a relucir as [...]
Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda [...]
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira: Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada [...]
Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo. O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; [...]
Pensei en titular este post como “a esquerda adormecida” mais ao longo do mesmo funme decatando de que o problema non era ese, pois anda ben esperta. Uns máis que outros. Teño lido moitos artigos sobre o que lle acontece a esquerda social nos últimos tempos, pensadores que se preguntan que “como é posible que [...]
Hoxe produciuse un feito que me trouxo a memoria un artigo que lin fai meses: Túnels digitals a Gaza, cando bloggers e twitters palestinos fixeron saber ao mundo a traxedia que estaban sufrindo por parte do exercito israelita. Eles, personaxes anónimas convertéronse nos ollos do mundo, tanto que, os propios medios internacionais recorrían a eles [...]
Mentres moitas entidades funden os seus recursos -e os de todos- en publicidade, moitas outras pasan dificultades para poder manter servizos básicos. É o caso de AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple), a que pertenzo, que recentemente tivo que prescindir de dous profesionais (fisioterapia e terapia ocupacional) por falta de fondos. Mentres esta e outras [...]






