xOsse dorrío
Tradicional
tradicional:
Cualidade que obtén determinadadecisión ou fenómeno que ten como obxectivo facer as cousas tal e como se fixeron sempre, sen innovar nen cambiar de rumbo.
Sistema político
sistema político:
Concepto que pretende describir de forma xenérica e sintética o funcionamento da política, observándoa como un círculo cerrado no que os actores sociais xeran demandas e apoios -ou críticas- (imputs) as institucións políticas e estas reaccionan ofrecendo decisións e políticas públicas.
Fonte de lexitimidade
fonte de lexitimdade:
orixe do cal proven a lexitimidade. Segundo Weber as tres fontes de lexitimidade do poder son a tradición, a racionalidade, o carisma e, podería engadirse, o rendemento. Ademais, no caso das democracias hai outras fontes de lexitimidade política, como a legalidade e as eleccións.
Leis Jim Crow
Leis Jim Crow:
Fan alusión a unha canción de 1928 titulada Jump, Jim Crow (Salta, Jim crow) que tiña como protagonista a un mozo de cadras negro. Poucos anos despois, Jim Crow utilizaríase como mote para referirse a calquera xeito de segregación racial: “escola Jim Crow”, “tranvía Jim Crow”, leis Jim Crow”, etc.
Politización
politización:
Feito polo que un tema previamente circunscrito ó ámbito (e o interese) privado convértese nalgo de interese público e susceptible de ser debatido en termos normativos e regulado polas autoridades.