Escenario

Escenario:

podemos definir un escenario como unha descrición das circunstancias, condicións ou acontecementos que puidesen representar a situación do entorno nun momento futuro do tempo.

Polo tanto, un escenario non é unha previsión do futuro senón unha análise cualitativa de como pode ser dito futuro. En definitiva, trátase de crear unha ou varias historias coherentes e plausibles acerca do entorno futuro e da súa posible evolución.

dependencia da senda

dependencia da senda:
Concepto moi relacionado coa visión neoinstitucionalista, que fai referencia ós límites existentes nas posibilidades de desenrolo dunha sociedade ou colectivo dependendo do punto de partida histórico. Plantexa que non todo é posible, porque calquera cambio depende da situación da que se parte, daquilo que se ten ó alcance para producir un cambio.  Trocede da expresión anglosaxona path dependence.

Area sociopolítica

area sociopolítica:

Metáfora coa que se fai referencia a un espazo de interrelación no cal se desenrolan aquelas decisións que polo seu carácter público -no seu obxecto e no seu proceso- constituen o que chamamos política. Nesta area encóntranse os cidadáns e as organizacións -a veces, continuando coa metáfora, na ciencia política fálase de actores-, que forman redes de relacións e interrelacionanse seguindo unhas pautas -unhas leis, uns procedementos, uns dereitos,…- no marco dunhas institucións.

Democracia

Concepción moderna de democracia:

réxime político no que hai separación de poderes, garantízanse os dereitos e liberdades individuais e colectivas e no que periódicamente se celebran eleccións con sufraxio igual, libre, directo e segredo.

concepción antiga de democracia:

segundo Aristótoles nesta forma de goberno o poder está en más de todos os membros dunha sociedade determinada. O mesmo filósofo expresaba que era unha forma de goberno que podía dexenerar fácilmente a causa da facilidade con que todo o pobo incurría en prácticas populistas.

Conflicto social

conflicto social:

confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.

Forza

forza:

capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.