Soberanía estatal:
Implica que un estado ostenta a máxima autoridade xurídica sobre o seu territorio e a súa poboación, e que non comparte esta autoridade con ningunha outra institución interna o externa. É a característica definidora dun estado.
un blog de xOse dorrío
Soberanía estatal:
Implica que un estado ostenta a máxima autoridade xurídica sobre o seu territorio e a súa poboación, e que non comparte esta autoridade con ningunha outra institución interna o externa. É a característica definidora dun estado.
Sistema de Nacións Unidas:
Conxunto de convenios internacionais no que destacan a Declaración Internacional dos Dereitos do Home de 1948 e as convencións civís, políticas, económicas e culturais das décadas de 1960 e 1970. É a base do chamado Réxime Internacional de Dereitos Humanos.
Privatización:
Transferencia de activos de propiedade pública ó sector privado que supón unha redución da intervención directa do estado na economía. O término tamén inclúe a subcontratación a empresas da provisión efectiva de servizos de titularidade pública.
Pacto de Westfalia:
Tratado internacional firmado en 1648 entre varias potencias europeas que consagra os principios de soberanía territorial, non inxerencia nos asuntos internos e igualdade entre os estados, e que foi un dos piares do ordenamento xurídico internacional ata os nosos días.
Neoliberalismo:
Variante da ideoloxía liberal que xorde a finais do século XX para defender que o intervencionismo público debería limitarse á defensa da vida, a liberdade e a propiedade individuais. Propugna, en consecuencia, un estado mínimo e favorecedor do mercado.
Integración rexional:
proceso de creación de áreas de libre comercio e incluso bloques con ambicións máis políticas que integran nunha organización internacional a estados dunha mesma rexión continental. Destaca a Unión Europea que serviu, a miúdo, de modelo para outras iniciativas.
gobernanza multinivel
Aplicación da idea de gobernanza –no sentido de redución do papel xerárquico e exclusivo do estado nos asuntos públicos– á relación entre distintos niveis territoriais de goberno: local, rexional, estatal e supraestatal.