Democracia

Concepción moderna de democracia:

réxime político no que hai separación de poderes, garantízanse os dereitos e liberdades individuais e colectivas e no que periódicamente se celebran eleccións con sufraxio igual, libre, directo e segredo.

concepción antiga de democracia:

segundo Aristótoles nesta forma de goberno o poder está en más de todos os membros dunha sociedade determinada. O mesmo filósofo expresaba que era unha forma de goberno que podía dexenerar fácilmente a causa da facilidade con que todo o pobo incurría en prácticas populistas.

Conflicto social

conflicto social:

confrontación de intereses entre diferentes individuos ou grupos de persoas a causa dunha situación social dada onde uns (que poden ser poucos, a maioría ou todos) a cren inxusta e enfrentanse e loitan contra o resto para cambiala.

Forza

forza:

capacidade de algúns individuos, actores políticos ou institucións de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) a causa da ameaza de utilizar (ou da utilización directa de) medidas cohercitivas.

Carisma

carisma:

atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.

Influencia

influencia:

capacidade de algúns individuos ou actores políticos colectivos de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) por razón da súa proximidade este último ou da consideración que lle ten.