mais é menos

O día 3 Marzo 2008, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío
clica na imaxe para ampliar

Onte atopeime cun programa electoral do PP -sempre está ben votarlle unha ollada ó que ofrece a competencia- e leveime unha gran sorpresa. Non sabría definila como boa ou mala, supoño que todo dependerá de si o PP acaba gobernando ou non no Estado a partires do 9 de marzo. Baixo o título «MENOS IMPOSTOS» dinos que o 60% dos galegos non pagarán na vindeira lexislatura o IRPF.
Como xa todos sabemos a estas alturas o PP pretende eliminar as retencións dos salarios que non superen os 16.000 € anuais -non é o mismo que che quiten as retencións a que che quinten os impostos, pero iso é outro tema- e segundo o PP nesa situación estamos o 60% dos galegos.
Pois ben, en lugar de prometernos aos galegos uns salarios máis dignos, políticas que nos leven a converxer coa media salarial europea (2.977 €/mes en 2007) ou reducir esa porcentaxe do 60% a un 40% ou 30%, o que o PP nos ven a prometer ao 60% dos galegos é que durante os próximos catro anos non pasaremos de ter uns soldos que superen a renta anual de 16.000 € (apenas 1.143 €/mes).
O que queremos os galegos é ter soldos dignos, ainda que iso nos supoña unha retención mensual nas nosas nóminas. O que queremos os galegos son máis e mellores servizos -carreteras, autopistas, tren de alta velocidade, hospitais, residencias, centros de días, galescolas, etc.- e sabemos que iso custa cartos e, claro, si non se recauda suficiente habrá que suprimilos. A máis descontos fiscais menos servicios sociais. O que queremos os galegos é que non nos tomen o pelo.
etiquetas:  

1 Resposta » to “mais é menos”

  1. Arbillas di:

    Que nos tomen el pelo no os gusta a los gallegos ni a los que no somos gallegos.

    Un abrazo.



arquivo de mOendo

Marzo 2008
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes