agora que Quintana vai ocupar posto na mesa do Parlamento, acabará dunha vez o acoso e derrube de la Voz de Galicia ou seguirán co manual de periodismo independente ate acabar con il, sen tregua coma no despiadado xogo do golf que tantas paixóns desata?
Analistos coma vostede, Sr. Losada, foron os que alimentaron o ego do Sr. Quintana, foron vostedes os que fixeron que os dirixentes do BNG non mirasen máis aló do seu embigo porque, seica, para mirar, xa estaban vostedes. Foi así como se lles ocorreu facer unha campaña centrada na imaxe dunha sóa persoa, esquecendo o colectivo e a pluralidade do BNG. Foron vostedes os que lle puxeron un branco fácil a La Voz de Galicia (e outros) pois, non é a primeira vez que atacan ó lider do BNG. Xa o fixeran antes con Beiras e con acusacións moito máis graves… non sei si se lembrarán? Daquela o BNG era un partido unido, plural pero unido, non dividido como agora pola cobiza duns poucos, por iso aqueles ataques só conseguían o efecto contrario: aumentar o número de votantes nacionalistas.
E remato cunha obsevación que fixo un compañeiro do BNG: o rumbo deste partido non pode estar dirixido polos que, coma vostede, comen da maseira, senón polos que, coma nós, botamos (e votamos) o penso nela.
Ufff, pois que queres que che diga, totalmente de acordo. Que non sirva de precedente eh!? ;D
O que non debe de estar de acordo é Antón Losada que eliminou o misterio nº 4 do seu blog (en calquer caso consevarei a ligazón). Mágoa que sexa tan irrazoable e sectario… había aportacións moi interesantes (e non o digo pola miña)
sen ánimo de defender a Losada, que xa se defende solo, os misterios galegos renovanse cada día e os vellos pasan á columna da dereita. Non creo que sexa cousa de censura porque para ser tan irrazoable e sectario como dia, resulta que ten o teu blog incluido na lista de blogs que segue… en fin, non sei
Pois ti sabras… ou non? Pero cando se elimina unha entrada, por moito que poña logo na barra lateral o seu contido, os comentarios feitos respecto daquela son eliminados e, polo tanto, censurados. A derradeira vez que vin esa entrada tiña 5 comentarios, todos moi críticos, onde están?
non home, ti saberás, que es quén lle chama sectario e irracional e lle acusa de censor ainda que te teña como enlace recomendado no seu blog, que por certo, porá editar como queira ou teno que facer como llo digas ti?
Editar que edite como queira, faltaría máis! Pero si me permite facer comentarios nas súas entradas que logo os respete. Entendería que os eliminase si alguén lle falta ó respeto, ata ahí poderíamos chegar, pero “chimpar” dunha “tacada” tódolos comentarios eliminando unha entrada paréceme unha falta de respeto os que seguimos o seu blog. Faite pensalo antes de voltar por el!… Ou facer máis comentarios!
e digo eu, probache a preguntarlle a il a ver qué pasou antes de acusalo de censor? foi o que fixen eu e se vas polo seu blog, atoparás una resposta ó que pasou e unha desculpa. Que vaia ben.