Delegados ou representantes?

Recentemente o BNG celebrou unha Asamblea Nacional para elexilo candidato nacionalista a presidencia da Xunta de Galiza. Foi a primeira vez que non puideron acudir tódolos militantes do partido porque éstes así o decidiran por maioría na anterior Asamblea Nacional. A militancia tomou naquel intre a determinación, difícil -seguro-, de que as vindeiras Asamleas se celebrasen con delegados e… ¿Foi así? ¿Cumpríuse o mandato dos militantes?  

Con esta pregunta quero estrenar unha nova categoría neste blog que vai levar a etiqueta ‘diccionario político’, na que irei aclarando diferentes conceptos que os responsables políticos utilizan a miudo ignorando o seu verdadeiro significado (prefiro pensar que os ignoran a pensar que os utilzan neglixentemente). Agora imos ver como dende a Ciencia Política se definen os conceptos de representatividade e delegación .

Delegado, -a: político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

Representante: Político que non está sometido a un mandato imperativo e que, por tanto, elabora as políticas a partir da interpretación que fai das preferencias dos cidadáns e das súas propias conviccións. Oponse ó concepto de delegado.

Ben. Tendo en conta como transcurriu o proceso previo a elección de ‘delegados’ para a Asamblea Nacional e o sistema utlizado, listas cerradas -o mesmo que se utiliza para elexir os deputados ó Parlamento Galego, por por un exemplo. A ninguén, no seu sano xuizo, se lle ocorrería dicir que eses deputados son delegados dos cidadáns na cámara parlamentaria-, non se pode afirmar que cada un deses pseudodelegados sexan a voz daqueles que os elexiron. Para que iso sucedese tería que seguirse un proceso distinto, mediante un sistema aberto, onde calquer militante co aval -ou delegación- dun número mínimo de afiliados (5, 6,… 10) puidése acudir a Asamblea Nacional sen a necesidade de pasar pola criba das Asambleas Comarcais.

E ahí vai unha primicia: O día 5 de outubro de 2008 celebróuse en Santiago de Compostela a Primeiro Congreso Nacional de Representantes do BNG para elexir a Anxo Quintana como candidato a presidencia da Xunta… en contra dos estatutos do BNG que esixían que fosen os delegados.