OLOMEGHO ZAPLANA DEBERÍA IRSE

Este señor (é un decir) leva camiño de converterse no bufón do reino. Leo hoxe nunha entrevista publicada en 20 minutos “O Goberno impide a nosa labor, parécese o franquismo”. O entrevistador sinala que o portavoz parlamentario do PP “ten unha man lesionada”, eu diría que ten o cerebro.

Actualmente, a diferencia da etapa franquista, os xulgados son un órgano independiente (ainda que tamén  tenden a politizarse, sobre todo cando ten a maioría a dereita), ten a libertade de soltar todas as barbaridades que se lle ven a mente, tanto ó seu partido como ós medios de comunicación amigos (a gran maioría dos mass media), e són publicadas nos medios públicos, ten a libertade de salir á rúa e exercer o dereito de manifestación sen ser represaliados por elo, nin tachados de pancartistas, rebeldes ou traidores á patria…

Outras lindezas da entrevista:

¿En qué poden apreciar os españois que o PSOE rompeu España?

Ainda non se nota, pero notarase

Levan co mesmo conto dous anos e medio. ¿Ata cando? Ata que os españois os poñan a todos na rúa: será pronto

É o portavoz da oposición e o ministro do Gobierno que investigou os atentados.

Entre o 11 e o 14 de marzo só hai tres días.

Si, aqueles días en que tiñan tan clara a verdade, pese ás detencións de musulmáns

Siguiron dous meses.

Despois estábamos en funcións.

¿O Gobierno non investigou cando estaba en funcións?

Faino a Policía e a Garda Civil.

XA, XA, … Enton os que investigaban era a Polícia e a Garda Civil. Agora exixen que o faga o Parlamento. Pero si xa o fiixeron! DURANTE UN ANO !!! E o Parlamento debe investigar as responsabilidades políticas, as criminais correspondell á xustiza… E os responsables políticos durante o atentado do 11 M eran os dirixentes do PP.

Dixo sobre os peritos do ácido bórico que manipularan informes e faltaran á verdade.

Díxenno e manteño. Hai un informe firmado polos tres peritos o que se lle mutilou unha parte e que foi suscrito por unha persoa que non é o autor. Hai unha xuiza que vai valorar estes feitos. Garzón non é competente e fixo, con todos os meus respetos, unha cousa moi rara. A Audiencia viu indicios de delito, remitiuno o xulgado e o xulgado ten que valoralo. ¿Por qué tantos nervios? ¿Por qué non esperar?

Deixar traballar á xustiza? ¿E porque non deixan vostedes traballar á xustiza no caso do 11M? Acaso molestalles que non haxa ningunha proba – e por iso as inventan- da relación entre ETA e o 11M?

Desexo que cheguen as vindeiras eleccións axiña, para perderlos de vista, porque sei que vostede nunca se irá polo seu propio pé… terán que botalos os seus.