A estas alturas xa ningúen pode negar que as canteiras de Xunqueira de Ambía están nunha situación ilegal xa que ademais de non contar con ningún dos permisos necesarios para realizar a actividade extractiva, están situados nun monte de especial protección paisaxística. Moitos dos que hoxe gobernan o noso Concello, e tamén algúns da oposición -refírome o PSOE-, creen que esa situación ten fácil arranxo. Estes consideran que para cambiar esa situación protectora do Monte da Farria é dabondo con modificar o PXOM de Xunqueira de Ambía e unha vez feito as canteiras poderán voltar o Monte e campar as suas anchas.
Non podían estar mais trabucados. A situación de protección que ten hoxe en día o Monte da Farria é irreversible, polo lo menos así será mentres esté vixente a Lei da Biodiversidade [Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (BOE, núm. 299, de 14 de decembro de 2007) (PDF)]. Esta lei di no seu artigo 51.1 (sobre a alteración da delimitación dos espazos protexidos) que «só poderá alterarse a delimitación de espazos naturais protexidos ou da Rede Natura 2000, reducindo a súa superfice total ou excluindo terreos dos mesmos, cando así o xustifiquen os cambios provocados neles pola súa evolución natural, científicamente demostrada».
Isto quere dicir que mentres o Monte da Farria non se funda, se eleve ou se parta en dos -ou máis…- por causas naturais (terremotos, volcáns, tormetas,…) -non vale con porlle lume- este seguirá a gozar da mesma protección e, polo tanto, toda actividade -agás a recuperación- que se leve a cabo alí será ilegal … E de novo na TVG
Vistas do aserradeiro ilegal de EXELCO pegado a sua propia canteira













[...] Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha canteira de granito no Monte da Farria nun enclave de especial protección paisaxística. Tal é a sensibilidade pola paisaxe no Concello que, lonxe de constituirse un momevento social na defensa do monte, casi se crea outro en contra dos denunciantes da desfeita. De aí que sinta envexa polo xeito no que noutros puntos de Galiza se enfrontan, con valentía, a esta lacra social que está destruindo o noso territorio monte a monte, río a río,.. en nome do progreso. Por suposto, non contamos coa colaboración de ningunha das administracións involucradas, nas que foron presentadas as correspondentes denuncias, a saber: Concello de Xunqueira de Ambía (gobernado polo PP), Consellería de Medio Ambiente (gobernada polo PSOE) e Consellería de Industria (gobernada polo BNG). Ninguén moveu un dedo ata que tiveron coñecemento da denuncia feita ante a Fiscalía. Entón si. Logo ainda houbo que tratou de atopar unha fórmula para reabrir a canteira. Trabúcanse, non hai marcha atrás. [...]