Gañará o menos malo

Por moito que dende certos medios de comunicación, que comparten causa co partido do Goberno, intenten persuadirnos de que o PSOE vai a gañar as próximas eleccións xerais -vésaxe a Cadena Ser e El Público – a sensanción de empate é a mais convincente. Si non pasa nada raro neste tempo, gañará o menos malo porque son moitos os que non queren ver no poder a un PP retrogado, demasiado apegado a extrema dereita e que ven anunciando no seu programa electoral un recorte de dereitos ós cidadáns en canto a educación, respeito as minorías sociais, extranxería, etc., de feito pretende levar a cabo unha involución política e frear tódolos avances sociais postos en marcha na última lexislatura, ou cando menos, que alguén -os seus achegados- poida facer negocio con eles -privatizando os servicios sociais nacidos da Lei da Dependencia-. O único argumento do PP para gañar estas eleccións é meter medo os cidadáns. So lles falta decir “… que ven o lobo!”.

Pero tamén son moitos os que non queren ver o Goberno en mans de alguén que so se dedica a repartir cheques para movilizar ó electorado no seu favor: cheque-bebe, cheque-vivenda e agora o cheque-IRPF. Para que un estado funcione ben é necesario poñer en marcha políticas progresistas que cren riqueza -mellora das comunicacións, I+D+I, formación profesional,…- e non coller o diñeiro sobrante e ilo repartindo casa por casa. Repartir ese diñeiro so pon de manifesto unha cousa: que o PSOE non ten ningún proxecto para o desenrolo do Estado.

Ámbolos dos son un perigo e, sen embargo, un dos dous será o gañador das vindeiras eleccións porque non existe unha terceira opción con posibilidades de disputarlle o poder. Afortunadamente ningún dos dous poderá gobernar en solitario e as suas decisión serán fiscalizadas polos partidos minoritarios, sobre todo nacionalistas. Serán as minorías quen lle teñan que por freo os desvarios do gañador.