Pero tamén son moitos os que non queren ver o Goberno en mans de alguén que so se dedica a repartir cheques para movilizar ó electorado no seu favor: cheque-bebe, cheque-vivenda e agora o cheque-IRPF. Para que un estado funcione ben é necesario poñer en marcha políticas progresistas que cren riqueza -mellora das comunicacións, I+D+I, formación profesional,…- e non coller o diñeiro sobrante e ilo repartindo casa por casa. Repartir ese diñeiro so pon de manifesto unha cousa: que o PSOE non ten ningún proxecto para o desenrolo do Estado.
Ámbolos dos son un perigo e, sen embargo, un dos dous será o gañador das vindeiras eleccións porque non existe unha terceira opción con posibilidades de disputarlle o poder. Afortunadamente ningún dos dous poderá gobernar en solitario e as suas decisión serán fiscalizadas polos partidos minoritarios, sobre todo nacionalistas. Serán as minorías quen lle teñan que por freo os desvarios do gañador.