Un mundo sin fin

Quen leu “Os Pilares da Terra” a bo seguro que non se quedou -ou quedará- sen ler “Un Mundo sin Fin”. A trama desta segunda parte empeza 200 anos despois de rematar a da primeira e os seus protagonistas son os descendentes daqueles e transcorre na mesma localidade, Kingsbridge, que agora e toda unha cidade de 7.000 habitantes.

Na primeira parte Ken Follet pérdese en grandes descripcións das artes e oficios da época e, sobre todo, en trazar coa palabra as diferentes formas arquitectonicas do século XII. Desta vez as descripcións son mais breves e, polo tanto, menos precisas. Hai mais novela e menos ‘arte’ ou, dito doutra maneira, menos traballo de investigación. Pode que o autor tan so búscase, ó rebufo de ‘Os pilares da Terra’ facer unha novela moi comercial que tivese un gran éxito de ventas. Si era eso o que quería dende logo que o conseguiu. O que si non puido lograr foi igualar, nin tan siquera acercarse, ó nivel literarario da primeira parte. E mais, a trama é tan semellante a de ‘Os pilares da terra’ que ‘Un mundo sin fin’ semella un plaxio daquela. A diferencia aquí está en que a gran obra que se realiza é unha reparación da primeira, e dicer, da Catedral de Kingsbridge, en concreto da torre -por certo, inspirada na construcción da torre de Santa Maria de Gasteiz. Outra variante está na eterna loita polo poder, que na primeira parte se daba entre clero e nobreza, e agora aparece unha terceira forza, o capital, encarnado polos mercaderes, que é o que move a uns e outros, nunha ou outra dicrección, en función do diñeiro que estén dispostos a aportar. E por último, diferenciase esta segunda parte da primeira en que aparece, xunto coa fame derivada das épocas con malas colleitas, a peste, o cal é causa grandes estragos na trama da novela e, polo tanto, resulta impactante no lector.

Xabier Blanco – mOendo

Pintaaa!
Piintaa!
Ven Bonita!
Pintaaa!
Vamos Guapa!

Unha noite no Muiño
Ai! unha noite non é nada
Unha semaniña enteira
Ai! esa si que é muiñada

Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Nunha mañán de xiada
Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Esa si que é muiñada

Xa nunca queren os bois
Ai! pasar polo teu Muiño
E cando vamos chegando
Ai! cortan polo outro camiño

Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Nunha mañan de xiada
Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Esa si que é muiñada

Deus o pague
Cho pague churrasqueira
Canto cho ei de agradecere
Cando vou
Cando vou o teu Muiño
Sempre me deixas moere
Sempre me
Sempre me deixas moere
Deus cho paque churrusqueira

Pintaaa!
Vente Guapa!
Vamos!

O Capital

Ao fin rematei a lectura deste libro agasallado polo compañeiro e amigo Lino tras unha conversa na que, polo visto, amosei -non só eu- certas carencias en canto o dominio de conceptos básicos de economía. É ben certo que non hai mal que por ben non veña. 

Michel Husson di na introdución a esta versión resumida de “O Capital” que hai que aprender a ser radical, e dicir, que hai que ir a raíz das cousas. É por iso que para comprender o mundo capitalista actual faise necesario acudir a obra de Karl Marx porque este autor analizou, coma ninguén o fixo endexamais, con acertada sagacidade éste fenómeno.

Pode dicirse que “O Capital” é unha obra moi actual a pesares do paso do tempo, pois léndoa decátase un de que moitos dos perigos que no capitalismo viu Marx no seu tempo e se crían esaxerados son hoxe en día unha realidade, pois é ben certo que o capital domina e condiciona o funcionamento da sociedade moderna, creando de xeito continuo novas necesidades e enrolándonos nunha espiral consumista.

Non ía moi errado Marx cando chegou a comparar o capitalismo co feudalismo ou ca escravitude. Aínda así estes dous fenómenos parecíanlle a Marx máis nobres; pois quen traballaba para o señor feudal era consciente de cando traballaba para el e cando non; o mesmo sucedía co escravo que era consciente de que traballaba sempre para o seu amo. Na actualidade chegamos a ter a falsa crenza de que sempre traballamos para nós, cando en realidade adicamos unha parte do noso tempo para o sustento propio e o restante para o capitalista, pois a diferencia do que creemos o capital por si mesmo non pode producir mais capital, senón que é o traballo non pagado o que xera proveito para o empresario.

IMPERIUM

Acabo de ler esta magnifica novela de Robert Harris ambientada na República Romana. En concreto esta novela narra a historia de Cicerón dende a perspectiva do seu escravo Tiro. Cicerón foi para algúns o máis importante político de Roma, o máis destacado filósofo da República e, por suposto, o mellor avogado da súa era.

Entre as citas máis destacables recollidas por Robert Harris na obra de Cicerón sobre o mundo da política, da filosofía e da avogacía, recollidas neste libro, cabe destacar estas:

  • “O poder proporciona o home numerosos luxos, pero un par de mans limpas é algo que rara vez se encontra entre eles”.
  • (Sobre como dar discursos en público) “Non te movas moito, mantén a cabeza erguida, axústate o asunto en cuestión, fainos rir, fainos chorar e, encanto gañes a súa simpatía, séntate”.
  • “Só tres cousas contan na oratoria: a declamación, a declamación e a declamación” (Demóstenes).
  • “Moi ben, vos, pobres idiotas, podedes rirvos e desfrutar, eu vou pórme mans a obra” (tras ser humillado).
  • “A primeira regra da política, Tiro: non esquezas nunca unha cara”.
  • Fíxose o silencio e Cicerón deixou que medrara… “Un vello truco para aumentar a tensión”.
  • “Cando en política te atopas nun canellón sen saída, o que tes que facer e empezar unha pelexa, empezar unha pelexa aínda que non saibas si vas gañala, porque soamente cando a empezaches e todo se puxo en marcha, xorde a esperanza de ver a luz ó final do túnel”.
  • “A xente prefire que os seus políticos sexan tipos grises”.
  • “É a perseveranza, non o xenio, o que leva ós homes a cima”.
  • “Un vello aforismo dos comerciantes de Macello -un dos mercados de Roma- di que o pescado púdrese dende a cabeza ata os pes”.
  • “Si un ambiciona o poder, chega un intre en que debe que tomalo”.
  • “Os avogados defensores gañan amigos; os acusadores, só inimigos”.
  • “Si tes que matar un animal perigoso, e mellor que te asegures de que o conseguirás no primeiro golpe”.
  • “A miúdo os mellores e mais importantes casos nunca chegan ós tribunais”.
  • “Ninguén pode pretender saber realmente de política ata que se pasou toda unha noite escribindo o discurso que a de pronunciar ó día seguinte”.
  • “En política hai poucas forzas máis difíciles de resistir como a sensación de que algo é inevitable; os seres humanos móvense coma rabaños e, o igual que as ovellas, sempre corren cara a seguridade que lles proporciona o vencedor”.
  • “Querida miña, se me explicas como loitar contra o tempo, estou disposto a loitar con tódalas miñas forzas”.
  • “A regra de ouro de un contrainterrogatorio é non formular, nunca, endexamais, unha pregunta cuxa resposta o interrogador ignora”.
  • “A XENTE ADORA O SOL QUE SAE, NON O QUE SE PON”.
  • “Somos conscientes da envexa e o desprezo co que algúns nobres contemplan os méritos e as enerxías dos homus novus, e tamén de que basta con que cerremos un intre os ollos para vernos metidos en calquera trampa, de que si deixamos aberto a menor fenda para a sospeita dunha conduta impropia pagaremos no acto por iso, de que nunca debemos baixar a garda nin permitirnos repouso algún. Temos inimigos, enfrontémolos, temos tarefas que acometer, arrimemos o ombreiro; pero non esquezamos que un inimigo aberto e declarado e menos formidable que un que se oculta e non di nada”.
  • “O maior problema de calquera estadista consiste en permitir que os seus compatriotas sospeiten que pon os intereses dos estranxeiros por encima dos do seu propio pobo”.
  • “O que convence é a convicción. Sinxelamente tes que crer de verdade no argumento que plantexas, do contrario estás perdido. Non hai razón nin argumentación, por moi lóxica ou brillante que sexa, capaz de facerche gañar un caso si quen te escoita cree que che falta convicción”.
  • “Vaia estupidez. ¿Aburrida a política? ¡A política é a historia viva! ¿Que outra esfera da actividade humana saca o mais nobre que hai na alma dos homes e o mesmo tempo o mais baixo? ¿Que outra procura tantas emocións ou expón con maior viveza a nosa forza e debilidade? ¿Aburrida? ¿Acaso a vida é aburrida?.
  • “O camiño cara a cima da política a miúdo obriga ós homes a aceptar molestos compañeiros de ruta e sitúaos ante estrañas paisaxes”.
  • “Ignorar canto sucedeu antes do nacemento de un equivale a seguir sendo un neno para sempre, pois ¿Que valor ten a vida humana si non está entretecida coa dos nosos antepasados a través da historia?.
  • “En política un pode facer tantos plans como queira pero o final é a sorte a que decide”.
  • “A tarefa de gobernar un Estado non é máis que algo no que ocupar o tempo entre unha votación e outra”
  • “Tende coidado sempre co home que asegura que non persegue o cargo, ese é o mais perigoso de todos”.

UNHA NACIÓN, UNHA SELECIÓN

“Así o subliñaba un dos primeiros cartaces en debuxar as bancadas este xoves. Fervían os banzos e prometía festa a noite en Riazor. O son do contorno ía sumando decibelios cando apenas o medio milleiro de seareiros máis madrugador buscara asento e ducias agardaban quenda a pé de taquilla para apañar entrada de última hora. Do Orzán a Riazor, a noite herculina deste xoves enchoupou coas cores de Galiza mentres se aproximaban os berros dos afeccionados cara ao estadio prognosticando a vitoria da nosa selección esta noite. Malia a fin quedar o desafío en empate, soubo a vitoria o ambiente conseguido”.

Continúa en vieiros