Men in coats

Men in coats facendo unha perform dun dos videos máis vistos da historia en You Tube: evolution of dance. Son uns xenios. Uns xenios capaces de sacar a chisteira dun coello… será que moen do revés?

Esperanza Aguirre, máis chula que un oito

Seguramente no día de hoxe vistes o verdadeiro rostro de Esperanza Aguirre e escoitado as súas verdadeiras intenciones. Vistela pasearse con chulería e arrogancia polos pasillos dun hospital madrileño escoltada por numerosos “matóns” mentras os empreados berraban proclamas a favor da sanidade pública, vistes como se acerca a algunhas das mulleres que estaban nese pasillo -e a ningún home- coa man alzada e amenazando con “dar hostias”. En cualquer país civilizado eses xestos e esas verbas serían suficientes para que un político se vise na obriga de dimitir sen necesidade de que ninguén chegase a pedirllo… pero aquí ninguén dimite… nin ainda que llo pedisen ou rogasen. 

 

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz albar.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e a libertá.

Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban e os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa ialma soñou.

Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha GALICIA CEIBE
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.