Xabier Blanco – mOendo

Pintaaa!
Piintaa!
Ven Bonita!
Pintaaa!
Vamos Guapa!

Unha noite no Muiño
Ai! unha noite non é nada
Unha semaniña enteira
Ai! esa si que é muiñada

Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Nunha mañán de xiada
Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Esa si que é muiñada

Xa nunca queren os bois
Ai! pasar polo teu Muiño
E cando vamos chegando
Ai! cortan polo outro camiño

Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Nunha mañan de xiada
Moendo moe que moe
Moendo moe que moe
Esa si que é muiñada

Deus o pague
Cho pague churrasqueira
Canto cho ei de agradecere
Cando vou
Cando vou o teu Muiño
Sempre me deixas moere
Sempre me
Sempre me deixas moere
Deus cho paque churrusqueira

Pintaaa!
Vente Guapa!
Vamos!

xente

Olla a rúa de atrás
olla o chan oe o mar
olla os que xa non están
oe o bardo cantar

Oe o son do andar
son os que veñen sen pan
saen do seu despertar
collidos da túa man

Ollame óllate
olla os ollos dos que ven
ven de ti ven de min
óllame óllate

xente que vai soa
xente que vai embora

xente que namora a
xente

xente diferente
xente intelixente

xente intermitente
xente

xente divertida
xente distendida
xente a túa medida
xente

xente que comprende
xente que sorprende
xente que non se vende
xente

O gol de Pachín

Hoxe finou José Luis Coll o “pequeno de Tip e Coll” e repasando os seus viedos atopeime con éste, co marcador de fútbol intermitente na parte inferior. Apaarece un resultado nada mais comenzalo video: BURGOS 1 – OURENSE 1, gol de Pachín. Sirva de homenaxe a “Tip e Coll” e a Clube Deportivo Ourense.

Holly Dolly – Dolly Song

Hai algo o que lle levo dando voltas toda fin de semana, un ritmo que non logro sacar da miña cabeza, o son de Dolly Song… non o escoitedes porque logo non sabredes desfacervos del.

Este videoclip pode producir danos serios ó seu cerebro.

E para mostra: