Politización

politización:

Feito polo que un tema previamente circunscrito ó ámbito (e o interese) privado convértese nalgo de interese público e susceptible de ser debatido en termos normativos e regulado polas autoridades.

A man invisible

A man invisible:

Alusión á metáfora utilzada polo filósofo escocés e pioneiro da economía política Adan Smith (1923-1790) no seu tratado de 1776, An Inquiry into the Nature and causes of the Wealth of Nations (traducida ó castelán por José Alonso Ortiz como La riqueza de las Naciones, Edicións Folio, Barcelona, 1997), para referirse a un orden económico natural (“unha man invisible”) que funcionaría con máis eficacia canto menos intervise o estado e, en virtude do cal, o feito de actuar en interés individual redundaría necesariamente no interés da sociedade no seu conxunto.

Robber-barons

Robber-barons:

Literalmente significa baróns ladróns. Foi aplicado orixinariamente ós baróns xermánicos que durante a Idade Media se adicaron, ilegalmente, a reclamar exorbitantes tributos dos barcos que cruzaban o Rin; este termo empregase tamén peiorativamente nos USA para designar a aqueles homes de negocios e banqueiros que, durante o século XIX, dominaron os seus respectivos sectores e acumularon grandes fortunas persoais, recorrendo para acadar tal fin, de xeito característico, a prácticas presuntamente ilegais.

.Mid-term elections

Mid-term elections:

Literalmente significa eleccións a metade do mandato. Reciben este nome por celebrarse xustamente unha vez transcurriu a metade do mandato presidencial, isto é, dous anos.

Nelas procédese a renovar a composición do Congreso de EEUU -integrado pola Cámara de Representantes e o Senado-, e os órganos de representación parlamentaria dos diferentes estados da Unión, así como escoller os gobernadores dalgúns destes estados.

Politics

politics:

Parte da actividade política relativa ós procesos políticos; por exemplo: loita entre partidos nunhas eleccións, comportamento político individual e colectivo que se encadea dinámicamnte, relacións coas institucións e intento de influir nelas pola parte dos actores colectivos, etc. Polítics refírese a cara dínamica da política. Policy refírese a estructura política:

Policy

policy:

Parte da actividade política relativa a producción pública (ou regulación da privada), ofrecemento e distribución de bens e servizos pola parte das autoridades. O termo equivalente en galego sería política pública.

Política

política:

Actividade cosustancial das persoas que viven en sociedade e que ten por obxectivo regular os conflictos queson inherentes a vida común -a veces utilizando a coacción- coa vontade de manter a cohesión social