a compra do voto emigrante

O día 7 Febreiro 2008, clasificado en: actualidade, política estatal, por xOsse dorrío
Cada vez que temos eleccións en Galiza atopámonos co mesmo problema: o codiciado voto emigrante. Para conseguilo partidos coma PP e PSOE están dispostos a todo. Son de sobra coñecidos os famosos cheques asistenciais que os nosos políticos van a repartir en persoa por toda latinoamérica. O último exemplo desta denigrante conducta foi o cheque entregado polo lider (seica se lle chama así) da oposición , o SR. Feijoo, en nome da deputación de Pontevedra. Dicen dende o PP que llelo entregaron para que non se perdera. Moi ben… pois agora que non se esquezan de devolvelo. Non é menos patético ter que escoitar que dende o PSOE se pida a dimisión do Sr. Feijoo por este feito. O mais coherente sería que tódolos responsables do PSOE na Galiza exterior dimitisen e logo lle pedisen os do PP que fiseran o mesmo. O que hai que ver…
A imaxe foi lograda grazzas a pezones blancos: con mariano todo es posible
etiquetas:  

1 Resposta » to “a compra do voto emigrante”

  1. An di:

    O problema da política e que é un plato moi suculento…se tivesen que ser políticos de valde…a ver quen se arrimaba :) Saudos



arquivo de mOendo

Febreiro 2008
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes