Para empezar vou explicar brevemente e dun xeito un tanto subxectivo o que son os xenios invisibles da cidade. Para G. Ferrero o poder e unha das cualidades que diferencian a uns homes de outros que mais necesitan ser xustificadas. Cando alguén nos da unha orde, consciente ou insconscientemente, sempre nos preguntamos porque deberíamos aceptala. Esa pregunta ten que atopar irremediablemente unha resposta que sea xusta e razoable, pois si non é así non obedeceremos; e para que exista un pretexto xusto e razoable será necesario que se cumpran os principios de lexitimidade. Os principios de lexitimidade admitidos pacíficamente na actualidade son o principio electivo e o principio democrático. Noutras etapas históricas os principios de lexitimidade dominantes eran o principio hereditaro e o principio aristo-monárquico, principios que aínda hoxe en día perduran tanto nas decisións internas de algúns partidos como na organización de certos estados; sin ir máis lonxe, o xefe de estado do estado Español é un cargo vitalicio e hereditario. Esa situación orixina un conflicto en boa parte dos cidadáns porque non nos parece nin xusto, nin razoable, que unha persoa polo mero feito de nacer nunha familia ou outra obstente un cargo no poder ou sexa un simple súbdito.
Cando ten lugar unha situación semellante o Maligno inquétase, remóvese nos seus soños e reclama o seu protagonismo. Pero ¿Que é o Maligno? O Maligno é, segundo Guglielmo Ferrero, “un espírito revolucionario, o espírito da revolta contra a lei, do odio e o desprezo contra a legalidade que se amoucha no mais fondo dos corazóns humanos”. Guglielmo Ferrero lanza unha seria advertencia, que debería ser tida en conta polos líderes políticos actuais, ó engadir: “no momento en que os homes persuadidos polo Maligno se atrevan a violar un principio de lexitimidade, automaticamente caerán presos do mais espantoso dos medos, do mais incrible dos horrores e do mais pavoroso dos terrores,… medo, horror e terror desatados pola aparente trivial ousadía de decidir romper unha regra case relixiosa”.
Ben!! Agora sabemos que detrás desas facianas enchidas de confianza que amosan os nosos líderes se agochan, en moitos casos, en moitos mais dos que creemos, o medo a perda do poder, o horror que lle produce a mais mínima oposición, o espanto da perda de confianza, o pavor de non poder impor a sua autoridade,…
2 comentarios en “Os xenios invisibles da cidade”
Os comentarios están pechados.