#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

A voltas co galego

Posted on 15 Maio 2008 by xOsse dorrío Posted in actualidade, política nacional 4 Comments
Esta é a semana do galego. Debería ser unha semana de festa, de concursos de prosa e poesía por tódolos Concellos de Galicia, de teatro nos colexios, de feiras do libro,… sen embargo, parece que todo isto se quedou nun segundo plano.

Na última campaña, durante as eleccións xerais, o PP convertiu o galego nunha arma política, nunha arma de destrucción masiva que estaba a piques de acabar co castelán -coma si Galiza fose o derradeiro recanto no que se fala esta lingua-. Ninguén en Galiza, con deus dedos de frente, se prestaría a tal engano (dixen con dous dedos de frente, os de Galiza Bilingüe non contan, VALE!) e tomaría en serio tal ameaza salvo, como non, outro partido político.

O panorama que se nos presenta nos últimos días e o seguinte: por un lado recibimos moitas noticias catastrofistas sobre a situación do galego no noso país (incumprimento de normas do galego no ensino e outros incumprimentos da Lei de Normalización Lingüistica, sobre o dereito dos cidadáns a seren atendidos en galego,…) e outras que disfrazan un pouco a realidade (sobre o prestixio do galego ou uso do galego no Concello de A Coruña); por outro sae o BNG facendo manifestacións a prol do galego, por certo, o único partido que as fai (Quintana animando os empresarios a usar o galego, campañas e manifestos a favor do uso do galego,…) ou acordando medidas lexislativas polo bipartito agora que a lexislatura se esgota (como a derradeira referida as axudas para os comercios que usen galego).

Deberíamos todos sentir un pouco de vergoña do que estamos facendo. Por un lado uns tratan ó galego exactamente igual que a un cadaver ó que se lle está facendo unha autopsia, abrindoo en canal, radiografiando e analizando todas e cada unha das posibles causas da sua morte. Deixade ó galego en paz! O galego ainda está vivo, e con todas esas denuncias i enquéritos non o axudades en nada; como tampouco se axuda, por certo, con manifestos e manifestacións -xa sei que algúns que cobran todo o ano pola defensa da lingua, como os da Mesa pola Normalización Lingüistica, teñen que xusticar agora, polo menos, a sua existencia-. A lingua galega axúdaselle tomando decisións dende as institucións nas que se goberna, pero non agora, a última hora, na víspera do día grande da nosa lingua, facendo un brindis ó sol, senón durante todo o ano, dende o principio ata o fin da lexislatura. Ou é que xa esquecemos cal é o noso proxecto de país?

Non se pode caer no erro do PP e acabar asociando a lingua galega con un partido político -claro que o PP busca xusto o contraio: asociar castelán a PP- porque con isto o único que se consegue e arredar da nosa cultura os cidadáns que non son dese partido, xa que poden caer no erro de sentirse identificados políticamente a un partido polo simple feito de falar unha ou outra lingua. O galego é de todos os galegos, dos de dereitas e tamén dos de esquerdas, dos que son nacionalistas e daqueles que non o son, dos que o conservaron dende os seus pobos e dos que o rescataron de vellos libros nas bibliotecas, dos galegos que o falan e, por suposto, dos galegos que non o falan,…

Pra rematar vou a falar dunha disputa inútil coa que me encontrei hoxe (ó fio desta historia): galego normativista ou galego reintegracionista? Para comenzar vou lembrar que o galego, a diferencia doutras linguas mortas coma o latín, é unha lingua moi viva e as linguas vivas evolucionan –TODAS!-. O galego evolucionou ata ser o que é hoxe bebendo de moitas fontes, e non podemos renunciar a ningúnha porque todas elas xuntas son o galego falamos a inmensa maioría do pobo, logo de séculos de persecucións, inxurias, asasinatos, emigracións, guerras, fame, secostros, aldraxes,… e silencios que tiveron que aturar os nosos ancestros.

O caso é que me atopei cuns reintegracionistas que se puxeron a correxir todo o que eu escribía, como si eu cando escribo estivese calibrando cada verba. Eu en ningún caso me plantei correxilos a eles, pois co diccionario da RAG na man existiría unha falta en cada palabra sua.

O que lles ocorre a esta xente é que senten tal fobia pola cultura castelá que o único que buscan é diferenciarse dela e para iso foron a beber a fonte do portugués para recuperar o que algún día foi o galego-portugués, unha lingua común o galego e ó portugues, que nin é galego nin é portugués. Aquela lingua nai evolucionou e deu lugar a duas novas linguas, como antes o latín dera lugar a moitas outras. O que non entenden é que esa lingua está morta, que pode ser obxecto de estudo, claro que si, como tamén o é o latín, pero non ten posibilidade algunha de volver a ser falada.

O peor desta xente, aparte da suas fobias, e a actitude totalitaria que ten e a falla da percepción da realidade galega. Non admiten críticas e perseguen a todo aquel que os contraría ata pecharlle a boca, ata silencialo. Son tan fascistas coma aqueles que noutras épocas deixaban mortos nas cunetas… en silencio. Si, ó igual que aqueles odian a nosa lingua, a que sobreviviu. Esta vez quen persegue ó galego son uns seres retrógados que pretenden impornos unha lingua morta…. E non nos impón o latín… POR QUE NON O SABEN.

GALEGO Galiza opinións
« ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
Os xenios invisibles da cidade »

4 thoughts on “A voltas co galego”

  1. gerardinho2000 says:
    16 Maio 2008 at 08:27

    “Deixade ó galego en paz”. Melhor deixa-o em paz tu, que lhe dás mais hóstias…

  2. Anonymous says:
    16 Maio 2008 at 08:43

    Ola xOsse:

    Totalmente de acordo contigo xOsse. eu (jaborr) tamén estiven lendo/comentando na disputa en Chuza sobre RAG/AGAL

    Para min seguir visitando Chuza non ten razón de ser. Non se me perde nada por aló.

    Saúdos e ánimos compañeiro, creo que aínda somos moitos os que pensamos coma ti e evita que esta xente che amargue a túa existencia blogueira.

    Hasta logiño

  3. xOsse says:
    16 Maio 2008 at 10:26

    Esta xente non amarga a ninguén. Os amargados son eles porque, como dixen onte no derradeiro post que eliminaron:

    TEÑEN TAN POUCO PODER -a diferencia dos que antes nos calaban – QUE SON INCAPACES DE VER E CHEGAR MAIS ALÓ DAS SUAS NARICES.

    Os de antes eran temibles, por iso moitos tiveron que marcharse do país, outros quedaron nalgunha cuneta, ESTES NON !!! Soamente son uns maleantes que non teñen outra cousa que facer.

  4. Anonymous says:
    21 Maio 2008 at 09:37

    hom, unha cousa che digo, anque non seña eu reintegracionista nen isolacionista, non me negarás que moitas da palabras que falamos non son “evolucións” da lingua, “galiza” eu non lembro de o escoitar á miña avoa, por exemplo. Iso non quita que non seña unha palabra galega, non sei se me segues…poida que os reintegracionistas traten de busca-lo perdido, mirando de onde vimos, e iso, o mires como o mires, non é malo. Se deixamos que a lingua non se controle académicamente, evolucionando libremente, desaparece, e acabariamos falando todos spaninglish.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Maio 2008
M T W T F S S
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
« Abr   Xuñ »

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Decembro 2020
  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (74)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés