#mOendo do Revés

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Tensións entre legalidade e lexitimidade no BNG

Posted on 30 Abril 2009 by xOsse dorrío Posted in política nacional 2 Comments
Share this on WhatsApp
Tweet

A tensións entre legalidade e lexitimidade xurden cando non existe coincidencia entre o legal e o lexítimo, isto é, cando una actuación que é legal non é aceptada voluntariamente por outros actores involucrados, ou viceversa, cando una actuación é lexítima, axustada ós valores e crenzas da sociedade, pero está prohibida pola lei. A estabilidade política depende de que ambas situacións, legalidade e estabilidade, se den a un mesmo tempo.

Guglielmo Ferrero fala dos principios de lexitimidade en “O Poder. Os Xenios invisibles da Cidade”, onde o autor relata [pax. 29] como “tras séculos de disputas os suizos admiten pacíficamente na actualidade (a obra data de 1942), que estes dous principios de lexitimidade –en referencia ó principio electivo e ó principio democrático- e as regras que aseguran a súa aplicación, son xustas e razoables, de maneira que todos os habitantes da confederación –Helvética- están plena e firmemente convencidos de que os gobernantes, nomeados seguindo as disposicións da constitución ostentan en boa lide o poder do mando, de igual xeito que o pobo […] está obrigado […] a obedecer os designios dos seus gobernantes”. Para G. Ferrero os principios de lexitimidad [pag. 30] “non son máis que xustificacións do poder”.

O poder é unha das cualidades que nos diferencian a unhas persoas doutras que máis necesitan ser xustificadas, por elo é necesario que as normas que nos obrigan a seguir un determinado comportamento deben ser xustas e razoables, de non selo non nos sentiríamos obrigados a obedecelas.

Dentro do BNG as tensións entre legalidade e lexitimidade xurdiron trala celebración da derradeira Asemblea Nacional Ordinaria na que por maioría dos militantes presentes se decide poñer fin a unha norma fundamental do nacionalismo: o carácter asembleario da fronte nacionalista a tódolos niveis. É certo que obtivo a maioría de todos os que quixeron acudir (máis ou menos a cuarta parte dos militantes) e entre os que o fixeron obtivo o apoio do 60%. Non se pode discutir a legalidade deste cambio pero sí a súa lexitimidade.

Entre as razóns que se aduciron están a de mellorar a operatividade destas Asembleas, a falla de espazo para unha militancia tan ampla, o custo de organizar este tipo de actos, a necesidade de facer un partido máis moderno e dinámico, etc. etc. Na actualidade vemos que non é así. Fai uns meses celebróuse unha Asemblea Nacional Extraordinaria para elexir o candidato do BNG a Xunta e decidiron que a ese acto debían acudir 1.500 delegados. Para que tantos? Ninguén discutía quen ía selo candidato, logo por razóns económicas, espaciais e técnicas chegaban menos, por exemplo 250, non? O problema é que, ademais, se quería utilizar ese acto dun xeito propagandístico: a militancia entregada ó seu lider. Para facer iso sería mellor unha Asemblea aberta a todos pero iso non era posible, ou mellor dito legal, porque os estatutos esixen que sexa por delgados; tamén se podía decidir que cada militante se correspondese cun delegado, pero poderían colarse moitos críticos e non interesaba, publicitariamente, trasladar unha imaxe crítica da militancia cara ó exterior.

Agora estamos na véspera doutra Asemblea Nacional Extraordinaria -cando se celebran dúas tan xuntas é que algo se fixo mal nas precedentes- a que poderán acudir un máximo de 2.500 delegados, e dicir, máis ou menos o número de persoas que viña asistindo habitualmente sen necesidade de andar en liorta uns compañeiros con outros; o que ocorre é que deste xeito quen controla os resortes da organización pode tamén controlar, usando a súa posición dominante, o desenrolo dese proceso que leva a cada delegado a ANE.

O certo é que as razóns esgrimidas para mudar unha das regras fundamentais do nacionalismo, o asemblearismo da AN, perden toda a súa forza si temos en conta o desenrolo do proceso que, para comenzar, sae moito máis caro que realizar unha Asemblea aberta, pois agora é preciso contactar primeiro coa militancia para elaborar esas listas, acudir a unha asemblea comarcal a debatelas e votalas pra finalmente voltar a AN. Polo método tradicional os dous primeiros pasos aforrabanse. Técnicamente tamén resulta máis complexo, polas mesmas razóns.

Si o actual sistema resulta pouco razoable, pois non demostra ser mellor que o antigo, si se amosou sobradamente inxusto. É inxusto porque as maiorías dominantes nas comarcas cerran o camiño da AN as minorías, que estarán desta vez menos representadas que nunca e si hai algo que non lle sobra ó nacionalismo, nestes tempos, é base social. Estorba a algúns, certo, pero non sobra ó nacionalismo. Así é lóxico que, por moi legal que resulte ser o proceso, ó ser tamén irracional e inxusto para moitos ncionalistas, e polo tanto ilexítimo, non se sintan logo obrigados nin comprometidos co proxecto.

Quen sabe si tras séculos de disputas o proceso se voltará pacífico… poderemos esperar tanto?

Share this on WhatsApp
BNG Galiza política
« Balance da era Quintana no BNG
Novidades lexislativas de abril »

2 thoughts on “Tensións entre legalidade e lexitimidade no BNG”

  1. Raíz_Verde says:
    1 Maio 2009 at 17:49

    A decapitación do asamblearismo no BNG marca un antes e un despois. O que desde determinados mass media denominaron “que o bng deixe de ser unha ong e se convirta por fin nun partido serio”. É dicir, para que o BNG sexa tomado en serio por estes mass media ou poderes mediáticos que controlan ao poder político era preciso que o bng se esquencese da súa militancia de base, que se desvencellase dos movementos sociais. Só asi segun alguns o BNG podería callar na sociedade galega e levar o proxecto nacionalista ao goberno da xunta. Cal é logo o problema de que os impulsores deste proceso, respaldado polo poder mediatico, fracasaron? Pois que o BNG deixa de ser tal se esquece a súa militancia, se deixa o asamblearismo e o movemento social, é dicir, o BNG non é un partido e non pode funcionar como tal. Se a militancia pasa a un segundo plano a fronte perde lexitimidade, convertese nunha armazón cos pés de barro e… cae. Outro problema é que as elites que intentaron ou fixeron ese proceso esqueceron en que posición estaba o bloque, que era a esquerda, e quixeron facer unha fronte nacional que abarcase todolos espectros políticos. Ese é outro problema, Galiza precisa dun Partido nacionalista de dereita e non dunha fronte de todo. Senón sempre andaremos nas mesmas.

  2. xOsse dorrío says:
    3 Maio 2009 at 20:07

    Tal vez, pode que Galiza precise de partidos nacionalistas de dereita, pero iso non debe ser un obxectivo (nin motivo de preocupación) do BNG, senón da sociedade… dela ten que xurdir, como xa o fixera noutra hora, para logo ser absorbido pola dereita española.

Comments are closed.

Chíos de @xOsse

etiquetaxe

actualidade axentes de emprego BNG caciquismo CEO Comicios Electorais crise financeira debate denuncia dicionario político emprego empresa Encontro Irmandiño enquisas ensaio Feijóo folk Fraude de Lei galegas 2009 GALEGO Galiza Gavilanes globalización laboral La Región Leo Leo lingua mass media medio ambiente municipais 2007 nacionalismo opinións Ourense política PP psicoloxía social PSOE Quintana relatos SEAGA sei o que fixestes Touriño xOsse dorrío Xunqueira de Ambía Xunta de Galicia

arquivo de mOendo

Abril 2009
M T W T F S S
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Pages

  • Política de cookies
  • enred@ndo
  • xOsse

Archives

  • Outubro 2018
  • Xullo 2018
  • Febreiro 2017
  • Abril 2016
  • Xuño 2015
  • Maio 2015
  • Marzo 2015
  • Decembro 2014
  • Novembro 2014
  • Outubro 2014
  • Setembro 2014
  • Decembro 2013
  • Abril 2013
  • Setembro 2012
  • Maio 2012
  • Abril 2012
  • Marzo 2012
  • Febreiro 2012
  • Novembro 2011
  • Outubro 2011
  • Setembro 2011
  • Agosto 2011
  • Xullo 2011
  • Xuño 2011
  • Maio 2011
  • Abril 2011
  • Marzo 2011
  • Febreiro 2011
  • Xaneiro 2011
  • Decembro 2010
  • Novembro 2010
  • Outubro 2010
  • Setembro 2010
  • Agosto 2010
  • Xullo 2010
  • Xuño 2010
  • Maio 2010
  • Abril 2010
  • Marzo 2010
  • Febreiro 2010
  • Xaneiro 2010
  • Decembro 2009
  • Novembro 2009
  • Outubro 2009
  • Setembro 2009
  • Agosto 2009
  • Xullo 2009
  • Xuño 2009
  • Maio 2009
  • Abril 2009
  • Marzo 2009
  • Febreiro 2009
  • Xaneiro 2009
  • Decembro 2008
  • Novembro 2008
  • Outubro 2008
  • Setembro 2008
  • Agosto 2008
  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Abril 2008
  • Marzo 2008
  • Febreiro 2008
  • Xaneiro 2008
  • Decembro 2007
  • Xullo 2007
  • Xuño 2007
  • Maio 2007
  • Abril 2007
  • Marzo 2007
  • Febreiro 2007
  • Xaneiro 2007
  • Decembro 2006
  • Novembro 2006
  • Outubro 2006
  • Setembro 2006
  • Agosto 2006
  • Xullo 2006
  • Xuño 2006

Categories

  • actualidade (144)
  • blogosfera (15)
  • cultura (59)
    • poesía (4)
    • relatos (11)
  • dicionario político (76)
  • dicionario xurídico (6)
  • Eleccións Galegas 2009 (41)
  • libros (22)
  • lingua galega (11)
  • política estatal (37)
  • política internacional (25)
  • política laboral (41)
  • política local (73)
  • política nacional (191)
  • vídeos (50)

WordPress

  • Iniciar sesión
  • WordPress
© #mOendo do Revés