– Xerais de 2004: o BNG perde máis de 90.000 votos (pasa de 306.268 votos nas xerais do ano 2000 a 208.688 neste ano) e un deputado.
– Europeas 2004: o BNG perde máis de 200.000 votos (pasa de 349.079 votos nas europeas do ano 1999 no conxunto do Estado (335.193 na circunscripción galega) a 141.756 votos en Galiza) e un eurodeputado..
– Galegas 2005: o BNG perde preto de 35.000 votos (pasa de 346.430 nas galegas 2001 a 311.954 nas do 2005) e catro deputados.
– Municipais 2007: o BNG perde arredor de 10.000 votos (pasa de 325.331 votos nas municipais de 2003 a 315.279 nas últimas municipais).
– Xerais 2008: o BNG gaña preto de 4.000 votos (pasa de 208.688 votos en 2004 a 212.543 no 2008). Parecía un punto de inflexión… non foi así.
– Galegas 2009: o BNG perde máis de 41.000 votos (pasa de 311.954 votos no 2005 a 270.712 neste ano), un deputado e o dereito a designar un senador na Cámara Alta do Estado (en realidade este dereito xa se perdera no ano 2005 seguindo o sistema de elección que tradicionalmente se usou no parlamento galego).
Resulta paradoxal que as mesmas persoas que formaron parte deste proxecto agora concurran a Asamblea Nacional Extraordinaria baixo o nome de +BNG, os mesmos que fixeron que o BNG actual sexa moito menos daquel que lle deixaron. Este grupo cre que todo é posible a base de imaxe e propaganda, tanto que incluso toman prestado os lemas utilizados nas derradeiras campañas electorais polo BNG e que, a vista dos resultados, tanta gloria nos deron, partindo do “máis forza en Madrid!” das xerais, pasando polo “máis avances!” das galegas ata chegar ó +BNG co que se presentan a Asemblea Nacional. Mentres tanto, a realidade vaise afastando do mundo imaxinario que crea a súa propaganda, xa que agora temos menos militantes, menos votos, menos concelleiros, menos deputados,… -BNG.