carisma:
atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.
un blog de xOse dorrío
carisma:
atracción non-racional que ten algúns dirixentes respecto dos seus seguidores e que sera entre estes adhesión (a miudo incondicional e irreflexiva) as súas propostas.
Leo na Voz que “as forzas que integran o Goberno bipartito da Xunta valoraron onte con especial crudeza a negativa das deputacións provinciais a acudir ao Parlamento galego para explicar as principais liñas dos seus orzamentos, negativa que se traduciu o pasado venres nun plantón masivo á Cámara, do que só se lamentou onte por carta o presidente provincial coruñés, o socialista Fernández Moreda, que se atopa de viaxe en Sudámerica”. O PSOE fala de «rebeldía» e o BNG de «desobediencia».
As Deputacións de Lugo, Ourense e Pontevedra xustifican a súa decisión en que en tempos de Fraga xa estaban en contra destas comparecencias solicitadas entón polos partidos da oposición, PSOE e BNG, e «permitilas agora sería romper o principio de coherencia». O certo é que as Deputacións néganse a coordinar os seus orzamentos cos da Xunta debido a unha estratexia interna do partido.
Unha vez máis os intereses partidistas están por encima dos intereses dos cidadáns. Cando a Xunta era gobernada polo PP era utilizada como parte da súa maquinaria de partido e,entro desa maquinaria, os engranaxes mais efectivos -e fundamentais- foron sempre as deputacións provinciais, que recibiron competencias da Xunta -e diñeiro, moito diñeiro- e tamén dos seus concellos -recadando as deputacións os impostos dos concellos-. Acapararon máis competencias e ingresaron máis cartos que nunca o que lles permitiu exercer gran influencia na sociedade. As empresas de moitos politícos, alcalces ou concelleiros, puideron contratar obras e servicios coas deputacións sen plantexarse ningún dilema moral nin legal que si se daría si contratasen consigo mesmos. A outra ventaxa de dispor de tantas competencias e cartos ten que ver coa creación de postos de traballo públicos. Todos eses postos foron e son acaparados polos afiliados e simpatizantes do PP e polos fillos, sobriños e demais familia dos funcionarios da Deputación durante décadas. Non hai sitio pra ninguén máis… bon, excepto nas derradeiras municipais, cando se sacaron da manga o plan labora que lle permitiu a Deputación e Concellos mais postos de traballo que nunca a conta da Xunta de Galicia. Entón si puidemos colarnos algúns que non éramos afins.
influencia:
capacidade de algúns individuos ou actores políticos colectivos de incidir nas decisións que debe tomar alguén (ou unha institución) por razón da súa proximidade este último ou da consideración que lle ten.
coñecemento reflexivo:
Coñecemento que se produce froito dun proceso de análise riguroso e metódico -e a miudo comparado- sobre un feito social.
divisoria:
conflicto político de carácter histórico (ou de larga duración) que ten unha orixe nas divisións existentes na sociedade. Este conflicto pode ser, por exemplo, entre as diferentes formas de entender a nacionalidade (galega ou española), o estado (laico ou relixioso) ou o factor de producción preeminente (o capital ou o traballo). En inglés faise uso do termo cleavage para referirse a divisoria.
polity
Parte da actividade política relativa o marco institucional, é dicir, á organización político-administrativa das distintas unidades do estado (os concellos, as entidades sub e supra estatales e o estado mesmo). Mentras que politics refírese á vertente dinámica da política, polity refírese a vertente estructural.