Divisoria

divisoria:

conflicto político de carácter histórico (ou de larga duración) que ten unha orixe nas divisións existentes na sociedade. Este conflicto pode ser, por exemplo, entre as diferentes formas de entender a nacionalidade (galega ou española), o estado (laico ou relixioso) ou o factor de producción preeminente (o capital ou o traballo). En inglés faise uso do termo cleavage para referirse a divisoria.