Tecnocracia

tecnocracia:

Término co cal se denomina a unha clase de dirixentes políticos que se caracterizan (ou mellor: autocaracterízanse) para defender posición que ten (supostamente) unha natureza estrictamente técnica e funcional, e non política ou normativa.

OLOMEGHO ZAPLANA DEBERÍA IRSE

Este señor (é un decir) leva camiño de converterse no bufón do reino. Leo hoxe nunha entrevista publicada en 20 minutos “O Goberno impide a nosa labor, parécese o franquismo”. O entrevistador sinala que o portavoz parlamentario do PP “ten unha man lesionada”, eu diría que ten o cerebro.

Actualmente, a diferencia da etapa franquista, os xulgados son un órgano independiente (ainda que tamén  tenden a politizarse, sobre todo cando ten a maioría a dereita), ten a libertade de soltar todas as barbaridades que se lle ven a mente, tanto ó seu partido como ós medios de comunicación amigos (a gran maioría dos mass media), e són publicadas nos medios públicos, ten a libertade de salir á rúa e exercer o dereito de manifestación sen ser represaliados por elo, nin tachados de pancartistas, rebeldes ou traidores á patria…

Outras lindezas da entrevista:

¿En qué poden apreciar os españois que o PSOE rompeu España?

Ainda non se nota, pero notarase

Levan co mesmo conto dous anos e medio. ¿Ata cando? Ata que os españois os poñan a todos na rúa: será pronto

É o portavoz da oposición e o ministro do Gobierno que investigou os atentados.

Entre o 11 e o 14 de marzo só hai tres días.

Si, aqueles días en que tiñan tan clara a verdade, pese ás detencións de musulmáns

Siguiron dous meses.

Despois estábamos en funcións.

¿O Gobierno non investigou cando estaba en funcións?

Faino a Policía e a Garda Civil.

XA, XA, … Enton os que investigaban era a Polícia e a Garda Civil. Agora exixen que o faga o Parlamento. Pero si xa o fiixeron! DURANTE UN ANO !!! E o Parlamento debe investigar as responsabilidades políticas, as criminais correspondell á xustiza… E os responsables políticos durante o atentado do 11 M eran os dirixentes do PP.

Dixo sobre os peritos do ácido bórico que manipularan informes e faltaran á verdade.

Díxenno e manteño. Hai un informe firmado polos tres peritos o que se lle mutilou unha parte e que foi suscrito por unha persoa que non é o autor. Hai unha xuiza que vai valorar estes feitos. Garzón non é competente e fixo, con todos os meus respetos, unha cousa moi rara. A Audiencia viu indicios de delito, remitiuno o xulgado e o xulgado ten que valoralo. ¿Por qué tantos nervios? ¿Por qué non esperar?

Deixar traballar á xustiza? ¿E porque non deixan vostedes traballar á xustiza no caso do 11M? Acaso molestalles que non haxa ningunha proba – e por iso as inventan- da relación entre ETA e o 11M?

Desexo que cheguen as vindeiras eleccións axiña, para perderlos de vista, porque sei que vostede nunca se irá polo seu propio pé… terán que botalos os seus.

Aristocracia

aristocracia:

forma de goberno pola cal, segundo Aristótoles, o poder está en más duns poucos membros da sociedade. Segundo o filósofo grego, era unha forma de goberno virtuosa si os que ostentaban o poder eran “os mellores” e procuraban o ben común.

A VOLTAS CO ESTATUTO

Mentres cataláns e valenciáns xa gozan de tódolos dereitos que lles confire o seu novo estatuto de autonomía en Galiza ainda non fomos capaces de facer un primeiro borrador no parlamento galego. Desta historia forman parte tres persoaxes fundamentais, os tres partidos políticos con representación parlamentaria. Ata agora parece que tan só o BNG ten claro o que quere para Galiza: un Estatuto de Nación que supere o actual marco estatutario, pra que Galiza aumente a sua capacidade de decisión, participe en pe de igualdade nas estructuras estatais e europeas, preserve os sinais de identidade que nos son propios e incremente o benestar de todos os galegos e galegas.

O BNG e o único partido que propuxo un texto articulado para a elaboración do novo Estatuto de Galiza. É o único partido que realiza foros para a mellora deste texto. É o único partido que presentou o seu texto as xentes de Galiza por diferentes cidades e pobos… da a sensación de que é o único partido que quere un novo Estatuto para Galiza.

Mentres no PSdeG e no PPdeG reina o desconcerto. Por un lado seguen a decirnos que non queren para os galegos menos dereitos e competencias que os cataláns, polo outro seguen cegamente as consignas de Madrid. Touriño, que non quere ver rodar a sua cabeza como a de Maragall, está mais pendente de encontrar a fórmula que o manteña no posto (chegamos a escoitar cousas tan absurdas como “Nación de Breogán” como concepto que defina a nosa idetidade o cal, só puxo de manifesto, que confunden o mito coa realidade) que avanzar nos dereitos do pobo galego. A Feijoo simplemente non lle deixan facer nada porque non é ningén. Non ten peso político propio, de modo que non lle van a permitir que o PP acepte en Galiza o que o PP rechazou en Catalunya. E claro, sen os seus votos non habrá novo Estatuto.

Unha vez mais parece que o noso futuro non o vamos a decidir nós, os galegos. Unha vez mais será desde Madrid donde se diga cales son os nosos dereitos, as nosas competencias, a nosa identidade. Serán os Zapatero, Pepe Blanco, Rubalcaba, Rajoy, Zaplana ou Acebes quenes nos digan o que é Galiza, quenes nos digan a que temos dereito ou ata onde podemos chegar. A min, como galego iso non me serve, por iso, ante a situación de atasco do novo Estatuto deberían adiantarse as elección e que os galegos decidan onde queren que se decida o contido do novo Estatuto: na nosa TERRA ou en Madrid.

QUE DIMITA O PAPA TAMÉN

Por si non fora pequena a crise desatada polas polémicas viñetas do Profeta Mahoma ven agora o papa a botar mais leña o lume (nunca mellor dito).

Durante a súa viaxe a Alemaña, o Papa, citando un diálogo do século XIV entre o emperador bizantino Manuel II Paleólogo e un erudito persa, falou da “violenta e sanguenta expansión do Islam frente á razón do Deus cristiano”.

Logo dixo que suas palabras foron mal interpretadas, pois estas non reflexan o seu pensar…

¿?

Si non reflexan o seu pensar porque as pon nos seus beizos…

QUE DIMITA!