CO TEU VOTO DESTRUÍU O FUTURO DO NOSO CONCELLO

Para os seus lacaíos resultará enternecedor ver como o seu Alcalde lle pide o voto para construilo futuro de Xunqueira de Ambía. Quen pide ese voto de futuro os paisanos do noso Concello é un Alcalde que leva gobernando aquí dende fai 28 anos.

Foron 28 anos de cacicadas, de tropelías e de persecucións. Foron 28 anos de destrucción, de aniquilación do noso concello e agora fálanos de futuro. ¿Futuro para quen? Con éste Señor so teñen futuro él e uns cantos; os demais, do mesmo modo que sucedeu durante os últimos 28 anos estamos abocados a marcharnos do noso Concello pra poder ter ese futuro que él nos negou.

Este Alcalde, con diferentes partidos, con diferentes concelleiros, colleu o goberno local no ano 1979. Tiña entón o noso Concello mais de 4.000 habitantes. Todos e cada un dos nosos pobos tiñan vida, bulía neles unha gran actividade. Eran pobos cheos de nenas e nenos, xente moza que casaba e quedaba no pobo, veciños e veciñas que se axudaban os uns a outros nas súas actividades cotiás, xente maior que transmitía a sua sabiduría e cultura as xeracións vindeiras.

Nos pobos de hoxe non sobra ningún vello, pero faltan as nenas e nenos, mozas e mozos que os escoiten. Tan só lles queda falar entre eles a espera do próximo enterro, a espera de que cheguen as súas fillas e fillos, netos e netas que están lonxe do seu fogar, pra que se aleden un día, sí, mais, para enchelos de tristura durante as vindeiras semanas. Tanto desgaste emocional debería estar penado.