“Que un idioma grande se coma al pequeño puede ser bueno para la sociedad”

Quen podería dicir unha barbaridade semellante? Pensen. É “ourensán“, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.

*fíxense que os adxectivos van entre comiñas.

Non hai moito a mesma persoa, noutra conversa dicíame “Es inevitable que el grande se imponga, es antinatural, no práctico y antieconómico intentar lo contrario”. Fálame sempre en castelán porque iso ao parecer o fai máis “chic” (é o que se impón), máis natural, máis práctico e máis económico. Imaxino que o que economiza son neuronas que é o que máis se pode gastar adquirindo coñecementos. Nótaselle que ten aforrado moito e non só na aprendizaxe de linguas.

Estas dúas frases poderían resumir toda a súa ideoloxía, mais, a máis clarificadora é o lema do seu partido “ni de derechas, ni de izquierdas, de Ourense”. Quere dar a entender que o que máis lle preocupa a esta formación é a súa cidade? e os seus cidadáns? Eses non tanto. Ourense é unha cidade do Sur de Galiza, galega por tanto, na que se fala galego aínda que a algún ignorante que na súa vida saíu do centro o ignore. Imaxino que é aí onde recolleita os votos a súa formación (Paseo e arredores).

Autoproclámase, sen que ninguén o designase para tal cousa, representante do pequeno comercio local, e fala por todos. Evidentemente non fala máis que por si mesmo, aínda que, ben visto, o que lle falla ao comercio local da nosa cidade sexa exactamente o que lle falta a el: identidade propia, sen a cal é imposible competir co comercio invasor (grandes superficies) e no comercio exterior (ao non ter nada novo que ofertar).

8 comentarios en ““Que un idioma grande se coma al pequeño puede ser bueno para la sociedad””

  1. Na web do seu partido poden lerse lindezas coma estas: “LOS PUTOS BELGAS AUN TIENEN MAS PROBLEMAS DE IDIOMA QUE NOSOTROS CON LAS PUTAS LENGUAS MINORITARIAS”. Un comentario moi na liña Jacome

    Evidentemente, eu non necesito facerme pasar por un puto anónimo para finxir actividade no meu site.

    O que hai que ver… que sexan os “paletos locais” precisamente os defensores do “universalimo cultural”.

  2. Las frases fuera de contexto inducen a interpretaciones erróneas. Francia desde luego pensó que un sólo idioma grande y fuerte cohesionaría el país y reforzaría los lazos entre los ciudadanos, pro eso no quedan casi otras lenguas en el país vecino. . Italia, un país moderno con varias lenguas fuertes cuando se unificó apostó por una por la misma razón.

    • Nesa lóxica que non se queixe como “representante do pequeno comercio” que o peixe grande (grandes superficies) se coman ao peixe pequeno (comerciantes autónomos e asimilados) pois “pode ser moi beneficioso para os consumidores”.

  3. O galego (-português) é um idioma mais grande que o espanhol.
    Brasil: 5ª economia mundial e subido rapidamente!!

  4. con acomplexados así non imos a ningún sitio. Comentarios FASCISTAS sobran. As linguas suman. Viva o galego!

  5. Autorrepresentante do pequeno comércio? Alguém lhe dirá algumha vez a este ser que “que el comercio grande se coma al pequeño puede ser bueno para la sociedad”.

Os comentarios están pechados.