Imaxina

Imaxina que esta persoa non es ti; son, probablemente, todas menos ti.

Imaxina que esta persoa pertence a un país no que, para sobrevivir, é obrigado ser así. Non quere, mais é así. Sométese. Non se rebela. É o normal. Facer o contrario está fora de lugar.

Imaxina unha persoa bipolar: extremadamente asertiva co poderoso, condescende, covarde e apoucada; ao mesmo tempo que é arisca, estrita, valente e altiva con quen non exerce poder algún. Imaxina os ollos desta persoa mirando a aquela a que lle usurpou o posto de traballo. Ou peor, imaxínaa con poder de disposición sobre aquela outra.

Agora imaxina un país. Un pais que renuncie a intelixencia grupal, ao talento dos seus individuos, para que copen postos de responsabilidade persoas cuxo único mérito é a pertenza a un grupo político, étnico, oligárquico, familiar ou de amizade. Imaxina un país, libre, no que as persoas aquí formadas, marchan cada día sen menor resistencia.

Imaxina un país con empresas que falan de reter o talento, empresas que logo acaban contratando as persoas recomendadas. Imaxina que as institucións dese país, as mesmas institucións que financian a súa formación -e que tamén falan de reter ás persoas que forma-, log só ten cabida nos seus órganos para persoas enchufadas.

Imaxina o atraso económico que debe sufrir ese país, o mesmo que avanzo aqueles que os reciben. Pensa quen en sae perdendo: os que se van e os que se quedan.

Isto é Galiza, amigos, unha desmeritocracia, unha cacicocracia, non é maxín.

7 comentarios en “Imaxina”

  1. Levo tempo imaxinando relacións sado-maso. As relacións que se establecen entre o empregador e o empregado son sado-maso, xa o estudara na miña adolescencia, non se trata só de relacións físico-sexuais. Sado-Maso son as relacións de poder e abuso de poder en forma psicolóxica, de sumisión e de avasallamento.
    Agora, nunca pensara en relacións bipolares.Cecais quixemos decir o mesmo.
    Os funcionarios que veñen de fora decátanse perfectamente das relacións humillantes e sado-maso que se establecen eiquí, sobre todo na xunta.
    Os que están dentro como non teñen elemento de comparación convirten en normal o enfermizo.

    • O mesmo non é, mais, podería darse tamén. Vexo a bipolarización na súa actitude persoal, segundo as persoas coas que tratan Dubido que sexa unha actitude controlada. Sado-maso? iso sería máis unha stuación buscada, non? Aquí vennos imposta e dubido que haxa alguén que disfrute con ela, aínda que tampouco se decate de que a sofre… ou a vaía levando.

  2. Si, moi bo este artigo.

    Tendo en conta que Galiza cambiou de goberno por un infimo marxe de votos, posiblemente despois dunha dura campaña realizada polo pp, fago esta outra reflexión, na que en parte xustifico o cambio, baixo un punto de vista dende un pobo de 30 veciños, no que a media de idade ronda os 55 anos:

    Despois de moitos anos de cacicocracia fraguista, viñeron 4 anos de pequeno cambio. Non foi gran cousa, menos do esperado, pero foi un cambio. Polo menos cambiou parte da xente que tomaba as decisións, e iso xa é moito.
    Moitas cousas comezaron a cambiar. Empezaron a facerse cousas, no ambito cultural, (radio, televisión, prensa dixital, espectaculos…), no ambito rural (Uxfor, Lei de prevención de incendios, subvencións, borrador da lei de montes…) No ambito social (Galescolas, O 065, asistencia social…)…
    Bueno, nova xente, novas ideas, novos proxectos. E con moitos atrancos, claro; porque despois de tantos anos de cacicocracia, cunha funcion publica plagada de xente afín o anterior sistema; e a función pública é a “ferramenta” do executivo para levar a cabo os proxectos, pois estes costaba levalos a cabo.

    Ó que ia: Que as cousas moi lentamente mudaban! e insisto, despois do inmobilismo ó que estaba, e está acostumada a conservadora poboación Galega, meterlles eses para min, eses infimos cambios enriba, pois asustaronse.

    Bueno, pois o asustárense, as xentes, voltaron á seguride do cacique.

    O cacique é un valor seguro, polo menos no meu Concello (Pequeno Concello da montaña Lucense gobernado por un señor do pp dende hai moitos anos, que conta cunha gran rede tecida por todo o concello, donde os nós son os informantes, carretadores de votos, controladores pagados con favores de natureza laboral (sobre todo), nunha zona donde non hai moito no que laborar, e moito menos se te atopas na lista negra. )
    O antigo “xamoneo” volve ser un valor seguro, pero claro, hai que ter que che recolla o xamón.
    (Inda que na maior parte das veces, o que che recolle o xamón, o que che vende son falsos favores ou dereitos xa teus, que por ignoracia mantida deliberadamente, descoñeces que che pertencen)

    O cacique é un recurso ó que recurrir ante calquer problema, sexa laboral, sexa coa xustiza… (Que queres meter ó teu fillo sen choio na brigada de seaga contraincendios, que queres pintar a casa dunha cor non acorde co pxom, que queres unha farola na porta, que queres que che quiten unha sanción por coller unha troita que non da a medida…)

    A sociedade necesita ese apoio “psicolóxico” de ter a quen recurrir en caso de necesidade e nestes 4 anos moita xente viu que perdía o “psudopoder” que lle confería o cacique. A xente viu cambios, e acostumada ó inmovilismo asustouse.
    Eu creo que parte da sociedade galega necesita ter ese tipo de relación co poder.

    • Lamentablemente, neses cambios aos que te refires había moito caciquismo detrás. Detrás de cada avance social que nomeas había algún ou varios chiringuitos onde os novos inquilinos do poder colocaban aos seus, iso si, agora en ver de entrar na Xunta de por vida, como facía o PP, entraban nestes entes que como vimos son fácilmente desmontables, con contratos temporais e precarios (cobrando moito menos que as persoas que desenvolvían o mesmo posto de traballo na Xunta). Triste avance o que nos trouxo o bipartito,… só uns cantos privilexiados sairon ben parados da aventura.

  3. Non cres que algúns dos chiringuitos foron creados polo goberno, porque parte da función pública non respondía correctamente ás demandas dese goberno.
    Penso que non viron outro camiño. (Para min un erro, claro). Camiño en contra totalmente das súas ideoloxías (Inda que agora está tan de moda e vese como algo tan normal o Neoliberalismo que parece que as súas ideoloxias foron sen darse conta contaminándose con ese virus).

    Pero bueno, ó conto: As ferramentas das que dispuña o goberno para levar a cabo os proxectos estaban en contra deses proxectos.

    Ti o dis, o PP colocou a moitos dos seus de por vida.
    O PP ten unha forza moi grande dentro da función pública. Eu polo que vexo, membros de sindicatos que presumen ser de esquerda, na admón en Galiza, teñen ideoloxías de estrema dereita. Comían das mans dos cargos póliticos do PP a cambio de favores. (E volven comer)

    Non discuto que fora un desastre, e estivera moi mal nese aspecto a xestión do bipartito (Chiringuitos, precariedade, cacicadas…)

    Pero dende o meu punto de vista, a diferencia co PP foi abismal.
    Non sei se sería polas miñas experiencias personais durante o Fraguismo, e nun concello cacicocrático coma no que vivo , pero foi o día e a noite. Un día escuro con moitos nubarróns, pero.. a noite eche a noite. (E malo de ver o que se fai, se se ve non se dí, e se se dí, négancho)

    Un saudo

    • Acerca da primeira cuestión, respondo sobre a miña experiencia persoal: o día 4 de febreiro de 2008 recibín un SMS do Sr. Pérez Bouza, Responsable Comarcal do BNG en Allariz, convocándonos aos diferentes responsables locais para informarnos da convocatoria de peóns de SEAGA que se producira uns días antes -29 de xaneiro-. Nesa reunión, na que estaban presentes algúns traballadores do PLADIGA, e preguntado o Responsable Comarcal sobre cal era a finalidade desta empresa a súa resposta foi: “burlar os controis lexislativos da contratación pública e especialmente aos sindicatos”. Palabra de Xosé Manuel Pérez Bouza.

      Esta mesma persoa tivo interveu para favorecer a uns candidatos sobre outros na contratación de persoal do Centro de Día de Taboadela, na que os finalmente contratados acadaron o seu posto, como non, na entrevista. Así funcionaba o bipartito e, en concreto, o BNG. Por suposto, non coñezo tódolos casos, son consciente de que só son testemuña dunha pequena parte. Iso sí, caciquismo puro e duro.

      En canto a función pública, réxese por unhas normas que debe cumprir, goberne quen goberne. Que ocorreu? Trataron facelos dos seus, ganarse o seu favor sendo permisivos con eles. Non se lles esixiu cumprir a súa función. Non lles valeu de nada. Non arrabuñaron neles un só voto.

      Para os que estabamos no BNG dende antes de que chegara a Xunta, ver acercarse a tanto cacique e que estes se saíran coa súa (responsabilidades, traballos, concesión a empresas amigas), e logo de tantos anos de crítica ao caciquismo esta situación resultounos vomitiva, noxenta.

      A verdade, agás por esa máscara externa coa que cada partido se presenta a sociedade, non vexo diferencias. Son a mesma “cousa” … e dígoo consciente que isto é o que máis lles molesta a caste política: que o igualen ao seu antagonista.

  4. Sobre a túa experiencia persoal e profesional non dubido. Tés toda a razón do mundo. O mundo está cheo de Perez Bouzas, e no BNG tamén, claro está. Caciquismo puro e duro. Si señor.

    Bueno, pois eu podo contarche tamén algunha anécdota laboral, inda que non me podo mollar moito, posto que non son tan valente coma ti.

    Hai xa ben anos, un compañeiro contoume como lle esixiron a un paisano, amenazandoocon consecuencias graves, que tiña que aparecer o seu voto arrugado dentro da furna porque había dúbidas de que o voto del, fallase despois do favor de ambito laboral que lle fixeran. (se queres os detalles, mándochos por mail, que non me atrevo a contarchos aquí)
    Casos parecidos a este….A MONTÓNS! e comigo polo medio.
    En casos coma este, e outros con listas negras de votantes, xa non falamos dun fraude na contratación. Falamos de algo máis.

    No tema da función pública e as normas… Home, se ata a Garda Civil, co seu réxime disciplinario está en folga. Non sei se me entendes.

    Facelos dos seus.
    Se tiñan que traballar con eles, (O das ferramentas que che dixen antes) como se ían comportar con eles. Xa che dixen que ata a GC está de folga. Polas malas… cos funcionários malo.

    Iso que dis da situación de acercamento ós caciques…
    Toda a razón, por iso eu non estou, nin nuca estiven no BNG, porque non me podo implicar nun proxecto, no que vin fai tempo cousas que non me convenceron. Cousas coma esas que ti contas. Perez Bouzas varios.

    Pasaron varias cousas. O pp cando ten que cubrir postos de responsabildade de libre designación, a xente peléxase por eles (Aparte de que o pp ten moita mais xente na función pública para cubrir LD’s, so hai que ver o número de funcionarios concelleiros e alcaldes).
    Cando o bipartito tivo que cubrir as LD’s en moitos casos non atopaban xente. Penso que para o bipartito a ideoloxía pesaba a hora de cubrir os postos de responsabilidade, pero tamén pesaba a capacidade da persoa para desnrolar o traballo e víronse casos de persoas do pp en cargos de responsabilidade, pero tamén moi competentes. Para o pp, a ideoloxía, (polo menos no meu concello, e pódoche dicir que a nivel xeral) a ideoloxía pesa moito a hora de darlle a unha persoa unha responsabilidade.

    Co que non estou de acordo contigo, nin con moitísima xente que mantén esa idea, dende o paso do bipartito pola Xunta, e co de que todos son iguais. E que esa frase simplista non se sostén.
    Baixo o meu punto de vista, O día e a noite (Non un día claro, xa che dixen, lexos de estar o ceo limpo)
    Ademais, se tan os mesmos son, debería terlles funcionado a estratéxia para arrabuñar a presiña de votos que precisaban para voltar, xa que despois de tantos anos de cacicocracia está claro que unha gran parte do povo é o que quere. (Agora que claro, será que queren ós autenticos).
    Un saudo Xosé.

Os comentarios están pechados.