A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta “consulta“. O post tratará de:
– O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas).
– As intencións que se agochan detrás da resposta inquisidora da UPD Coordina Local II pedindo ignorar as críticas e censurar a información dos meus e-mails.
– A inexistencia dun colectivo forte entre técnicos e axentes de emprego, capaz de facer fronte aos bandazos políticos, que deixan espidos a moitos dos traballadores do sector (ao lograr o seu posto, precisamente por razóns políticas).
– A temporalidade, a precariedade, as diferencias salariais, o frraude de lei na contratación, a desviación de fondos públicos e moitas outras irregularidades as que se prestan institucións e persoal contratado.