Sobre inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes

Acabo de ler un artigo de Juan Gérvas titulado Malicia Sanitaria e prevención cuaternaria, publicado na Gaceta Médica de Bilbao, que debe levarnos a reflexión sobre as angueiras e o proceder de persoas que ocupan cargos de responsabilidade pública, especialmente políticos. Cada día vémonos afectados por decisións que non ten máis finalidade que crear sensación na sociedade, consumindo importantes recursos públicos, e que non aportan solución algunha ós problemas cotiáns do cidadán.

Deste artigo destacaría especialmente estes dous parágrafos:

[…] Por suposto, moitos médicos e políticos que abusan da súa posición coas súas propostas de dudosa utilidade non son maliciosas sensu stricto, senon inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes, cheos de boa intención. Inxenuidade, ignorancia e imprudencia acostuman a ir xuntas coa boa intención, pero non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes neglixentes como para ignorantes enganados. Si os médicos reclamamos autonomía e liberdade clínica, nin a inxenuidade, nin a ignorancia nin a boa intención deberían eximir da responsabilidade consecuente (xa din “que o inferno está cheo de boas intencións”). E, sendo sinceros, un non sabe que é peor, si a malicia, a inxenuidade, a ignorancia ou a imprudencia. Todas elas poden levar a arrogancia, a falta de humildade, o desprecio da incertidumbre, e o olvido da duda sistemática.

[…] Hai políticos, médicos e profesionais sanitarios máis ou menos consentidores coa malicia, máis ou menos fortes ante a mesma (segundo a cuestión e a situación de que se trate). A veces capaces e capacitados para evitala, a veces enganados, neglixentes e/ou tolerantes coa mesma. Dende logo, non é fácil formarse o bo xuizo necesario para descriminar as propostas maliciosas, pero esa é parte da dificultade de (intentar) ser un bo médico, e de dominar o campo que nos corresponde.

Artigos publicados de Miguel Quintas Coelho

Foi un pracer coñecerte, compañeiro, lerte e máis escoitarte. As tuas conviccións, os teus principios, a tua personalidade, seriedade e meticulosidade embuída na análise do cotián, a tua clarividencia permanente, o teu compromiso cos máis febles perdurarán para sempre no noso recordo.

xente

Olla a rúa de atrás
olla o chan oe o mar
olla os que xa non están
oe o bardo cantar

Oe o son do andar
son os que veñen sen pan
saen do seu despertar
collidos da túa man

Ollame óllate
olla os ollos dos que ven
ven de ti ven de min
óllame óllate

xente que vai soa
xente que vai embora

xente que namora a
xente

xente diferente
xente intelixente

xente intermitente
xente

xente divertida
xente distendida
xente a túa medida
xente

xente que comprende
xente que sorprende
xente que non se vende
xente

MOENDO DO REVÉS

mOendo é unha metáfora do pensamento. Cando algúén está moendo está pensando. Tal vez alguén de vós tivo a sorte de estar preto dun muiño durante a muiñada oíndo o tronador ruido da súa maquinaria. Eses sons, mentres se agarda, dan moito que cavilar.

Estar mOendo do Revés non é o mesmo que ir contra corrente. Hai quen ten esta actitude e non moe, hai quen moe do revés e nunca vai contra corrente. Un exemplo disto último é o caso do paisano que cruzado de pernas, sentado nunha esquina da taberna, escoita a conversa de seus veciños e, sen dicir chío, nega constatemente coa cabeza.

A expresión que da nome a este blog xurdiu un día, cuns amigos, de leria, filosofando sobre política a caron dunha botella de licor café, un deles adicábase a darlle a volta a tódalas argumentacións que facíamos os outros para devolvelas contra nós, levándonos unha e otra vez o punto de partida. Este moía e contradicía. Tiveron que pasar moitos chupitos de licor -así se conta o tempo nestas conversas- ata que alguén se decatou que aquel home, dun pobo de Xunqueira de Espadañedo (Niño d’Aguia), moía do revés.

E o certo é que moitas cousas, para entendelas, hai que velas de un xeito distinto, por iso deben moerse do revés, voltar ó punto de partida, comezar doutro xeito,… ata que quede ben moido. Pois iso e o que pretendo.