E para reflexionar… unha excursión!

Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha “charla” por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos “señores” do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda “casa por casa” pedindo o voto ós veciños, tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.

Este tipo de excusións son organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía con carácter bimensual e seica estaba programada para ese día dende antes de ser convocadas as eleccións. Ata ahí a excursión non tería nada de anormal. Sen embargo, desta vez, contrariamente ó que ven sendo habitual, non se puxeron cartaces anunciando a excusrsión para que quen quixese se apuntase, senón que é el quen ofrece esa excursión, persoalmente, as persoas que a el lle parece no mesmo intre en que lle pide que o vindeiro domingo lle vaían votar o PP.

Así, si ninguén o remedia antes, os maiores da vila iránse de excursión co Sr. Alcalde a Ribeira Sacra (sempre vai alguén do Concello) na xornada de reflexión, viaxarán en Autos Gavilanes, con tódolos gastos pagados polo Concello e pola Deputación de Ourense… é o día seguinte terán que tomar unha importante decisión que non só abrangue a tódolos xunqueiraos senón tamén a tódolos galegos.

5 comentarios en “E para reflexionar… unha excursión!”

  1. Os nosos maiores teñen a capacidade de ir de excursión e logo votar coa sua propia vontade, a pesares do Sr. Gavilán.
    O antídoto contra estas especies PPolíticas a extinguir, pasa pola madurez que os nosos cidadáns demostren no exercicio do voto.

    Galiza non sairá para diante ata que non se erradique a mediocridade e o servilismo da nosa vida cotiá.

  2. Pingback: meneame.net
  3. O importante é que os medios aparezan por Xunqueira de Ambía o día das eleccións para que vexan o xeito de actuar dos caciques-carretilleiros… Iso si, que o fagan con discrección pois o cacique-carretilleiro e un ser moi astuto e, grazas ó seu coñecemento do medio, pode zafarse do xeito máis insospeitado.

Os comentarios están pechados.