bng maceda

Cando alguén realiza esta procura en google é habitual que o meu blog apareza entre os primeiros resultados. Ten a súa razón de ser, chámaselle “posicionamento“.  Non é que nestas páxinas exista moita información sobre o que é o “bng de maceda” nin moito menos, o que si aparecen son criticas ao alcalde desta vila nos últimos anos, criticas gañadas a pulso, dende logo.

Non é miña intención molestar a ninguén escribindo con minúsculas esa procura, soamente me remito a literalidade da mesma. Fai meses que alguén entra neste blog logo de realizar esa procura o que nunca ocorrera foi o que sucedeu nesta madrugada (mira que non haberá mellores cousas que facer), pasarse dúas horas (01:59:21) ollando páxinas (ate 98) para que. Páxinas de artigos escritos fai anos dos que, si tiveren conta no seu momento, moito mellor lles iría. En Maceda e noutros lares.

Vendo a cantidade de páxinas visitadas por esta persoa, sexa quen fora, penso que é algo anormal. Nunca tal vira neste blog dende a súa aparición. Sáese do perfil de visitante dun xeito brutalmente diferenciador e, a verdade, non sei si isto é bo ou é malo. Recibir visitas, que non é o obxectivo prioritario, está ben, pero que alguén que entra a cotío neste dominio, de súpeto, un día se lle dea por examinar 98 páxinas paréceme suficientemente surrealista como para dicir que falla algo.

Un psicópata cheirando en moendo.net

Maceda sempre foi, cada vez menos, un lugar onde a política se vive abertamente. Agora a tendencia é perseguir ao que discrepa… xa vimos exemplos neste blog. As organizacións políticas son instrumentos férreos e pesados que non permiten a liberdade de expresión nin aceptan a crítica. Logo cando as cousas se torcen, aínda teñen a cara de preguntarse porque, de abrir períodos de reflexión, de abrirse a sociedade cando foron incapaces de abrirse aos seus propios militantes. Aos que vos digan iso, nin caso! Queren metérvola dobrada. E farano, porque neste mundo hai parvos dabondo para que sempre se saian coa súa.

Principais fontes de entrada a mOendo.net

Top 20 dos sitios de referencia:

Fontes de referencia Número Visitas
Páxinas Vistas
Tempo estadía
% Novas Visitas
1. 2,051 2.36 00:03:27 48.81%
2. 1,070 1.94 00:02:34 42.24%
3. 1,002 1.47 00:01:33 61.58%
4. 794 1.17 00:00:34 94.46%
5. 679 2.19 00:03:44 21.94%
6. 557 2.46 00:03:48 27.65%
7. 433 2.02 00:03:57 53.81%
8. 383 1.97 00:03:36 31.85%
9. 286 1.85 00:02:33 72.03%
10. 281 2.02 00:03:20 54.45%
11. 236 2.65 00:07:55 4.66%
12. 223 1.83 00:01:52 58.74%
13. 221 1.74 00:02:58 40.72%
14. 217 1.74 00:01:55 67.28%
15. 165 2.22 00:04:31 50.30%
16. 137 1.61 00:02:11 32.12%
17. 127 2.11 00:04:52 14.17%
18. 115 1.40 00:01:07 78.26%
19. 112 1.31 00:01:00 88.39%
20. 102 1.68 00:01:32 70.59%

Estadísticas

Número de visitas

O inicio mOendo do Revés  no seu novo enderezo, coincidiu cunhas eleccións galegas e iso, para un blog que fala de política galega e suficiente para atraer innumerables visitas de cidadadáns que queren saber o que pensan outros cidadáns, non o que lle contan os seus políticos, a día de hoxe un dos principais problemas do Estado segundo o CIS. O número de visitas ao blog é bastante regular -máis que as publicacións ;)-. Os picos representan algún artigo chuzado, meneado, portada de Vieiros, ou algunha outra referencia.

As 10 páxinas máis vistas

En total, dende a súa apertura, mOendo.net recibiu 16.725 visitas, con 34.212 páxinas vistas, lendo cada unha das visitas unha media de 2 páxinas; mOendo.net ten unha taxa de retorno do 62.21% o que di moito da fidelidade dos lectores deste blog, ao que lle adican unha media de tres minutos e medio en visitar o sitio. O ínidice de novas visitas, que se sitúa nun 51.19 % , indica que o blog é cada vez coñecido por máis persoas, contando con preto de 10.000 ligazóns entrantes na rede.

Páxinas vistas dende o 23·xaneiro·2009
34.214
Páxinas vistas únicas
24,501
Tempo de estadía por páxina
00:03:23
Taxa de retorno
62.21%
% Saídas
48.88%

As 10 páxinas máis vistas

Páxinas vistas
Vistas únicas
Tempo de estadía/pax.
Taxa de retorno
Porcentaxe Saídas
1. 15.722 10.085 00:03:31 55.08% 48.85%
2. 1.267 1.170 00:04:06 90.62% 86.66%
3. 530 407 00:02:43 40.96% 40.57%
4. 419 349 00:03:41 70.47% 58.00%
5. 411 289 00:04:19 60.56% 46.72%
6. 390 313 00:04:15 84.27% 66.92%
7. 327 271 00:04:07 84.58% 71.56%
8. 289 244 00:04:08 70.18% 65.40%
9. 267 225 00:01:55 68.25% 61.05%
10. 249 162 00:04:31 66.00% 40.56%

Orixe das visitas

Seguro que esta última tabla explica ese pico que se ve na primeira imaxe. O artigo máis visitado deste blog foi “A terra prometida” onde se conta a histotria dun Alcalde que aproveitando que os filigreses estaban reunidos en ‘sagrada eucaristía’ chegou, como caído do ceo, para prometerlle a todos cemiterios novos. Unha imaxe máis que reveladora do grado de madurez da democracia en Galiza.

Os 10 Estados que máis visitan mOendo.net

As visitas chegaron dende case tódolos puntos do planeta. En total persoas (e recalco o de persoas, porque os robots tamén visitan as webs aínda que o analizador de Google xa discrimina este tipo de visitas) de 57 estados. Os 10 que máis visitas achegaron foron estes:

Estado

Visitas
Pax/Visita
Estadía no sitio
% Novas Visitas
Taxa retorno
1.
Spain
15,822 2.10 00:03:42 48.87% 60.60%
2.
United States
431 1.03 00:00:01 99.54% 98.14%
3.
United Kingdom
78 1.38 00:00:28 89.74% 76.92%
4.
Germany
52 1.50 00:01:16 59.62% 69.23%
5.
Brazil
39 1.15 00:00:23 74.36% 87.18%
6.
Portugal
34 1.35 00:01:06 88.24% 82.35%
7.
Argentina
33 1.24 00:01:20 93.94% 87.88%
8.
Mexico
27 1.15 00:00:44 100.00% 88.89%
9.
Ireland
24 1.00 00:00:00 100.00% 100.00%
10.
France
19 1.05 00:00:24 94.74% 94.74%

As 10 localidades que máis visitan mOendo.net

E dentro do estado que mais visitas aportou estas foron as localidades dende que chegaron a maior parte das visitas:

Entre estas cumpre destacar as 10 localidades que máis visitas aportaron:

Localidade

Visitas
Pax/Visitas
Estadía no Sitio
% Novas Visitas
Taxa retorno
1.
Ourense
5,630 2.54 00:05:56 28.61% 50.25%
2.
Vigo
2,659 2.27 00:03:51 56.19% 56.37%
3.
La Coruna
2,038 1.59 00:01:38 55.05% 71.44%
4.
Santiago de Compostela
2,011 1.82 00:02:04 58.23% 64.30%
5.
Madrid
990 1.72 00:02:26 68.08% 73.33%
6.
Pontevedra
565 1.86 00:02:00 60.35% 67.43%
7.
Lugo
544 1.83 00:02:18 52.76% 63.97%
8.
Madrid
286 1.67 00:02:32 63.99% 67.83%
9.
Barcelona
154 1.53 00:01:23 86.36% 78.57%
10.
Marbella
81 2.28 00:04:54 3.70% 56.79%

Adeus estrela vermella

Logo de catro anos acompañándome en diferentes blogs e perfís a estrela vermella desaparece, non o vermello, como imaxe identificativa. Vai facer catro anos que ando pola blogosfera e son moitas as modificacións que fun realizando en diferentes blogs e perfís, mais desprenderme deste símbolo é unha das accións que máis me custou. A vella cabeceira quedará gardada para sempre, agardo, neste post.

antiga cabeceira de mOendo do Revés

Con este cambio pretendo tamén dar un xiro (non sabería calcular de cantos grados) a política deste blog, centrándoo máis nas políticas de emprego e en como os diferentes gobernos e partidos afrontan esta situación de crise do mercado laboral, a verdadeira crise.

Preguntas sen respostas

A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades.

É unha dúbida que veño sementando en diversos foros nos que se insidia (ou catapulta, segundo o punto de vista) asiduamente este xornal. Aínda non hai resposta, máis non desespero.

Preguntaba a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, Vieiros, El País, Público, e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas?

Non se pode dicir que estes medios se mantivesen ó marxe da disputa política, nin negar a súa influencia nun importante sector da poboación. Aínda non vimos análises rigorosas, con queixiños de cores, ó respecto. Nin virán. Non o fará porque quen si realizou eses estudos para demostrar a influencia de La Voz, probablemente non pretende outra cousa máis que manipular. Un exemplo, o post de Calidonia: de como un xornal bota abaixo un goberno. Onte, ó fío desta chuzada volvín a preguntarme o mesmo: onde están as comparativas de audiencias da TVG, RG, El País,… cos votos do PSOE e BNG? Alguén se cre que estes outros medios foron, son ou serán neutrais? De verdade, alguén se cre que exista un medio que ‘decide’ pola súa audiencia e que os outros non o fan pola súa?

No fondo, a cousa funciona así: como gañou o PP vinculamos a súa vitoria coa información e influencia da Voz. Si fose ó revés dende a dereita estarían acusando a televisión pública de estar manipulada, que o estaba, vaia si o estaba, e os medios privados -Vieiros, Xornal, El País, Público,…- de orquestrar unha campaña sucia contra o PP. O conto é vello.

Ata aquí todo vai ben

Deixo aquí un estracto da análise post-electoral realizada por Raimundo Viejo Viñas e publicada en On the wobbly’s road.

[…] Entre as evidencias desta crise parcial do xogo representativo encóntrase o feito de que as forzas de esquerda e nacionalistas que apoian ó PSOE aférranse ó mantemento da súa representación como mellor evidencia de que a súa particular concepción da política segue en pé. Como dicía aquel personaxe da película La Haine a punto de estamparse contra o chan: jusqu’ici tout va bien!, “ata aquí”, pensan IU, BNG, ICV, ERC, etc., “todo vai ben”.

[…] Así, por exemplo, o BNG parece que dende que perdeu o poder quere recuperar o pulso pola esquerda e pola rúa. Como si durante os seus catro anos de goberno non fixeran unha xestión moi mediocre, por non dicir cousas peores, nos derradeiros meses creu ver nas mobilizacións en defensa do galego ou nalgunhas outras loitas sociais do momento, a porta a unha recuperación do espazo político perdido (todo isto, hai que precisar, nunha máis que modesta medida, evidencia que a maquinaria partidista aínda está encaixando, cunha moi lenta dixestión, a súa derrota electoral). Loxicamente, despois non xa dunha lexislatura senón dunha década operando como aparato fora por completo das redes de activistas, o BNG practica toda sorte de torpezas, moitas veces sen chegar a darse conta. O seu problema máis grave, sen embargo, non está no movemento (aínda que obscenidades como o comportamento dalgúns dinosaurios no Foro Social Galego poidan chegar a ser verdadeiros problemas). O principal problema do BNG é que segue sen entender que modelo de organización política adoptará para ser un interfaz funcional ás demandas sociais que nacen no movemento.

A Crise NINJA e outros MISTERIOS

Xa tiña falado noutras ocasións de Leopoldo Abadía, ó referirme a el en “a crise financeira global” e o seu blog “La crisis Ninja“. Sobre este tema trata boa parte do seu libro pero, como vedes na portada, tamén fai referencia a outros misterios. Neste post quero centrarme nun deses misterios, sobre o que xira, dalgún xeito, a totalidade do libro: o “modelo”. O autor afirma que “o máis importante é ter un modelo na cabeza”. Pero, que é un modelo? Para explicalo recorre a figura de Fraga, do que di que “partindo do obxectivo da existencia do Estado, do que o Estado é, do que o Estado debe facer, dos recursos e organización do Estado, [das persoas que forman un Estado,] dos procesos que fan que funcionen e do que hai que facer para que eses recursos, persoas e procesos funcionen para que o Estado sexa eficiente”.           

Efectivamente non temos porque coincidir con Fraga no que é ou significa un Estado nin da forma en que facelo funcionar; iso dependería moito da ideoloxía de cada quen. A miña defire moito. No que si coincimos é na necesidade de ter un modelo persoal e colectivo e en que ese modelo ten que ser o mesmo nun ámbito e noutro, para así poder actuar con axilidade e con coherencia fronte os problemas que xurdan. Sobre esta cuestión engade: “é necesario ter un modelo máis global. Ou sexa, ampliar o que temos”.

Cando ademáis se trata de influir nunha sociedade, como é o caso dos partidos políticos  (algúns; outros parecen que prefiren seren influenciados pola propia sociedade), Leopoldo Abadía fala de que “non so hai que ter un modelo senón que ademáis hai que saber explicalo para que o entendamos todos”. Logo de perder as eleccións do 1-M escoitábase a responsables do BNG decir “non soubemos explicar os nosos logros”. Explicar que? Os logros? O que non quere unha sociedade como a galega é escoitar a políticos que veñen a colgarse medallas, queren políticos que teñen un modelo persoal, para o seu partido e para súa nación, queren políticos que teñen un modelo global, para o mundo, e saben como encaixar a Galiza nese lugar. Non había que explicar logros, só facía falla que en tres anos e medio non fixesen nada, había que explicar o modelo… pero, había modelo?

A miña percepción é que dentro do BNG, mellor dito, entre os que gobernaron o BNG nos últimos tempos, non existe un modelo claro para Galiza, nin un modelo claro para Galiza no mundo e, moito menos, un modelo claro para o propio BNG. E entón, pouco importaba que se explicasen ben ou mal, ninguén os ía entender.

O modelo que propopón o autor deste libro consta de sete principios fundametais; un deles, traducido en clave galega, ven a dicir que “hai que volver o rego” (para coñecer os outros, mellor ler o libro).