Os plans anticrise levantan desconfianza

A pregunta que máis se repite nos medios de comunicación cando o entrevistado é un responsable político é ata cando durará esta crise. É o que todos queremos saber, lóxico. Canto máis coñecementos teña aquel en materia económica máis evasiva será a súa resposta. Non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes neglixentes como para ignorantes enganados. O que non deben ter en conta estes atrevidos responsables políticos é que a necesidade esperta a intelixencia do máis ignorante.

Hoxe o diario La Vanguardia fai público un estudo no que se pregunta ós cataláns si creen na eficacia futura das medidas económicas que se están adoptando dende os diferentes gobernos, central é autónómico. A resposta é moi esclarecedora pois case o 80% dos entrevistados pensa que estas medidas non serán suficientes e só un 9% cre que si o serán. A maioría, un 45%, tamén se amosa desfavorable as axudas dos gobernos a banca mentres que o 42% amósase a favor da medida -supoño que se trata daqueles que ten aforros e os ven perigar-.

A min o que si me gustaría é que os medios galegos invertisen máis en facer este tipo de estudos sobre a nosa sociedade pois, para que unha socidade avance, é preciso que se coñeza cada vez máis a si mesma. Esa é unha das múltiples razóns polas que Catalunya nos leva vantaxe,… outra podería ser a confianza. Os galegos somos moito máis desconfiandos ca eles polo que tamén é moi prevesible que creamos ainda menos nas medidas anticrisis gubernamentais.

Quen se fai a mesma pregunta acerca das medidas anticrisis é Paul Krugman, o premio Nobel de Economía 2008 nun artigo titulado para que non esquezamos, no que sinala a clara implicación da clase política nesta crise ó non reformaren o sistema financieiro a tempo e estaren esperando a que a crise se resolvese soa, pese os sinais inequívocos dunha burbulla inmobiliaria. Di Krugman que “metres a burbulla inmobiliaria seguía inchándose, os prestamistas estaban gañando moitos cartos concedendo hipotecas a calquera que entrara pola porta; os bancos de inversores estaban gañando ainda máis cartos reconvertindo esas hipotecas en novos e relucentes valores; e os xestores de capital que se apuntaban enormes ganancias sen realizar ó comprar esos valores con fondos prestados parecían verdadeiros xenios e pagábaselles como corresponde”. Ningén quería escoitar a uns economistas patéticos advertindo que aquílo era, en realidade, un negocio piramidal de dimensións descomunais.

Ademais hoxe coñecemos que a economía de EEUU empezou a contraerse en decembro de 2007; enterámonos un ano despoís. Que estes datos se coñezan un ano máis tarde deixa de manifesto a implicación dos organismos reguladores que, normalmente, publican por adiantado este tipo de previsións, entre eles o FMI presidido entón polo Sr. Rato, demasiado ocupado naqueles intres en atacar a xestión do goberno do Sr. Zapatero. Non resulta creíble que todos erraran,… é un escándalo maiúsculo!

Contra a crise… lotaría

Onte era Bruselas quen propuña os Vintesete invertir o 1,5% do PIB europeo en medidas de choque pra levantar a economía, isto é uns 200.000 millóns de euros, elevando o gasto público en estratexias de emprego, promoción empresarial mediante incentivos fiscais, protección das familias con axudas sociais -aumentando ós parados o prazo de cobro de subsidio, axudas ó aluguer, axuda infantil,…- e das pemes a través de novas liñas de crédito ou obrigando as Administracións a pagarlle os proveedores en menos dun mes -como si tivesen con que pagar-. Antes da proposta europea Touriño xa fixera a súa, anunciando a contratación de 2.000 parados “pra limpar cunetas” ou pra realizar “tarefas medioambientais”, según como se queira ver. E hoxe, o que faltaba, Zapatero anunciou que o Goberno destinará 11.000 millóns de euros pra crear 300.000 empregos en diversos sectores. E así levamos meses, medida tras medida,… e a crise cada vez é maís fonda.

Tendo en conta que hai preto de tres millóns de parados -e subindo-, que moitas pemes se ven empuxadas ó peche, que as grandes empresas -as mesmas que hai uns meses batían records de beneficios- redactan ERE’s con máis facilidade que eu un post, as posibilidades reais de que aquelas medidas cheguen ós cidadáns que viven a crise de cerca é unha verdadeira lotaría. No fondo, do que se trata, non é só de crear 300.000 postos de traballo no Estado ou 10.000 en Galiza, senón de creala esperanza de poder acadar un desos postos de traballo a 3.000.000 ou 100.000 persoas, respectivamente. Estase xogando coas ilusións dunha parte moi importante da poboación. Para os demais, cada anuncio feito para mitigala crise resulta tan espectacular que, máis que medidas reais, son percibidas como fogos de artificio. Non son creibles!

Por último, non podía faltar quen tratase de sacar rendemento a ésta crise. Por un lado está a oposición, que acusa o goberno de tomar medidas electoralistas, de tratar de salvar os mobles antes das próximas eleccións -pior sería se non fixesen nada!-. Isto que o faga eu, vale, que non pertenzo ó gremio, pero entre eles non fai máis que deixalos a todos en mal lugar: o que acusa e ó acusado. Polo outro está o goberno, sacando medidas de xeito improvisado, irreflexivo e, por suposto, sen discutilas coa oposición. Logo pediranlle apoio, lealdade,… e todas esas verbas fermosas que todos coñecemos de memoria. É a política do revés. O que sí nos quedou moi claro a tódolos cidadáns é que os nosos políticos son incapaces de traballar xuntos, cóbado con cóbado, para sacar ó país desta situación. Iso deberíamolo ter en conta tódolos galegos nas vindeiras eleccións autonómicas.

Noticias relacionadas:

Compren cambios ainda que algúns ricos se arruinen

Políticos ilusionistas y ciudadanos desilusionados

Touriño destaca que o plan de estímulo económico adoptado polo Goberno central suporá un investimento en Galicia de 470 millóns de euros e a xeración de máis de 10.000 empregos

Sobre inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes

Acabo de ler un artigo de Juan Gérvas titulado Malicia Sanitaria e prevención cuaternaria, publicado na Gaceta Médica de Bilbao, que debe levarnos a reflexión sobre as angueiras e o proceder de persoas que ocupan cargos de responsabilidade pública, especialmente políticos. Cada día vémonos afectados por decisións que non ten máis finalidade que crear sensación na sociedade, consumindo importantes recursos públicos, e que non aportan solución algunha ós problemas cotiáns do cidadán.

Deste artigo destacaría especialmente estes dous parágrafos:

[…] Por suposto, moitos médicos e políticos que abusan da súa posición coas súas propostas de dudosa utilidade non son maliciosas sensu stricto, senon inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes, cheos de boa intención. Inxenuidade, ignorancia e imprudencia acostuman a ir xuntas coa boa intención, pero non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes neglixentes como para ignorantes enganados. Si os médicos reclamamos autonomía e liberdade clínica, nin a inxenuidade, nin a ignorancia nin a boa intención deberían eximir da responsabilidade consecuente (xa din “que o inferno está cheo de boas intencións”). E, sendo sinceros, un non sabe que é peor, si a malicia, a inxenuidade, a ignorancia ou a imprudencia. Todas elas poden levar a arrogancia, a falta de humildade, o desprecio da incertidumbre, e o olvido da duda sistemática.

[…] Hai políticos, médicos e profesionais sanitarios máis ou menos consentidores coa malicia, máis ou menos fortes ante a mesma (segundo a cuestión e a situación de que se trate). A veces capaces e capacitados para evitala, a veces enganados, neglixentes e/ou tolerantes coa mesma. Dende logo, non é fácil formarse o bo xuizo necesario para descriminar as propostas maliciosas, pero esa é parte da dificultade de (intentar) ser un bo médico, e de dominar o campo que nos corresponde.

Esperanza Aguirre, máis chula que un oito

Seguramente no día de hoxe vistes o verdadeiro rostro de Esperanza Aguirre e escoitado as súas verdadeiras intenciones. Vistela pasearse con chulería e arrogancia polos pasillos dun hospital madrileño escoltada por numerosos “matóns” mentras os empreados berraban proclamas a favor da sanidade pública, vistes como se acerca a algunhas das mulleres que estaban nese pasillo -e a ningún home- coa man alzada e amenazando con “dar hostias”. En cualquer país civilizado eses xestos e esas verbas serían suficientes para que un político se vise na obriga de dimitir sen necesidade de que ninguén chegase a pedirllo… pero aquí ninguén dimite… nin ainda que llo pedisen ou rogasen. 

 

mais é menos

clica na imaxe para ampliar

Onte atopeime cun programa electoral do PP -sempre está ben votarlle unha ollada ó que ofrece a competencia- e leveime unha gran sorpresa. Non sabría definila como boa ou mala, supoño que todo dependerá de si o PP acaba gobernando ou non no Estado a partires do 9 de marzo. Baixo o título “MENOS IMPOSTOS” dinos que o 60% dos galegos non pagarán na vindeira lexislatura o IRPF.
Como xa todos sabemos a estas alturas o PP pretende eliminar as retencións dos salarios que non superen os 16.000 € anuais -non é o mismo que che quiten as retencións a que che quinten os impostos, pero iso é outro tema- e segundo o PP nesa situación estamos o 60% dos galegos.
Pois ben, en lugar de prometernos aos galegos uns salarios máis dignos, políticas que nos leven a converxer coa media salarial europea (2.977 €/mes en 2007) ou reducir esa porcentaxe do 60% a un 40% ou 30%, o que o PP nos ven a prometer ao 60% dos galegos é que durante os próximos catro anos non pasaremos de ter uns soldos que superen a renta anual de 16.000 € (apenas 1.143 €/mes).
O que queremos os galegos é ter soldos dignos, ainda que iso nos supoña unha retención mensual nas nosas nóminas. O que queremos os galegos son máis e mellores servizos -carreteras, autopistas, tren de alta velocidade, hospitais, residencias, centros de días, galescolas, etc.- e sabemos que iso custa cartos e, claro, si non se recauda suficiente habrá que suprimilos. A máis descontos fiscais menos servicios sociais. O que queremos os galegos é que non nos tomen o pelo.

a compra do voto emigrante

Cada vez que temos eleccións en Galiza atopámonos co mesmo problema: o codiciado voto emigrante. Para conseguilo partidos coma PP e PSOE están dispostos a todo. Son de sobra coñecidos os famosos cheques asistenciais que os nosos políticos van a repartir en persoa por toda latinoamérica. O último exemplo desta denigrante conducta foi o cheque entregado polo lider (seica se lle chama así) da oposición , o SR. Feijoo, en nome da deputación de Pontevedra. Dicen dende o PP que llelo entregaron para que non se perdera. Moi ben… pois agora que non se esquezan de devolvelo. Non é menos patético ter que escoitar que dende o PSOE se pida a dimisión do Sr. Feijoo por este feito. O mais coherente sería que tódolos responsables do PSOE na Galiza exterior dimitisen e logo lle pedisen os do PP que fiseran o mesmo. O que hai que ver…
A imaxe foi lograda grazzas a pezones blancos: con mariano todo es posible