iRead
Este vídeo forma parte dunha campaña publicitaria para o fomento da lectura: iRead, ou o que é o mesmo,euLeo.
Os novos xa non nos cren
A crise económica global co conseguinte colapso de multitude de multinacionais, o continuo despedimento de traballadores, a perda dos aforros invertidos pola baixada das bolsas, para quen tiña cartos, a dificultade de acceder a créditos, para quen non os ten e os necesita, a falsedade contable das empresas -a inxeñeiría financieira, que lle chamaban antes-, as reduccións de salarios,… e a corrupción política, xeran desafección política e carraxe. A carrase é algo que tarde ou cedo acaba por emerxer na sociedade, e os cidadáns levamos moito tempo acumulándoa no noso foro interno, carraxe que os nosos dirixentes levan, tamén, moito tempo ignorando. Un exemplo, no ano 1980, o 13% dos enquisados pensaba que todos os partidos políticos eran iguais, e en 1992 esta porcentaxe era do 63%. Outro, no ano 1980, o 22% consideraba que os partidos só serven para dividir á xente, mentres que en 1992 esta cifra aumentara ó 41%. Non sei que se respondería hoxe en día a esas preguntas, pero seguro que seguiron a mesma tendencia.
Na noticia a que fago referencia o Rector da Universidade de Atenas sentencia: “Os novos xa non nos cren. Respetannos, ou tolerannos, pero xa non nos cren. Fixemoslles perder a esperanza no sistema”.
Noticias relacionadas:
A democracia é absolutamente nihilista
Centos de estudantes bloquean o centro de Atenas e enfróntanse a policía
A Voz… de Quen?
Non existe dúbida algunha que se trata dunha mensaxe politizada xa que estas críticas están circunscritas ó interés privado do editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, moi anoxado trala saida a rúa do Xornal de Galicia. Disque agora haberá que repartir máis cachos da mesma torta, a publicidade institucional. Todo isto ocorre no peor momento tanto para uns, que sufren directamente os efectos da crise económica, coma para outros, que se atopan cunhas eleccións a volta da esquina. Non hai nada peor que unha crise económica para a liberdade de prensa.
Sen embargo, para gañar unhas eleccións necesítase, principalmente, unha boa xestión da imaxe e da mensaxe que os medios de comunicación de masas espallan polo país -neste eido as declaracións de Anxo Quintana non axudan moito- e ahí é onde saca vantaxe, polo momento, Santiago Rey, ó ser o editor do diario máis lido de Galiza, unha realidade que non vai cambiar nos vindeiros meses, nin sequera coa aparición do novo xornal. Isto pode supor unha desvantaxe pra os intereses do BNG ó atoparse nuha situación límite, a diferencia de La Voz.
Neste contexto, no que parece reconfigurarse o papel de dous dos actores máis importantes na area sociopolítica, partidos políticos e medios de comunicación, é cando máis queda de manifesto a complexa -e fráxil- relación que existe entre uns e outros. Por un lado, os partidos políticos, que sempre tentarán utilizar os medios como pezas da súa propaganda; polo outro, os medios de comunicación que, invertindo a situación, poden utilizar ós partidos para os seus propios intereses.
Noticias relacionadas:
La Voz é o xornal que máis crece…
A intención de voto do BNG cae 1,3 puntos en 5 meses
A prensa reclama axudas para superar o ‘crash’ publicitario
Por unha Universidade virtual galega XA!
Os partidos cataláns -que son tres no Congreso dos Deputados- e vascos -dous se incluimos a Nafarroa Bai- nunca se lles ocorreu facer semellante reclamación tras tantos anos de discriminación -os meus parabéns para ó BNG-. Iso sí, no caso dos partidos cataláns existe unha xustificación máis que notable: teñen a súa propia universidade a distancia, a Universitat Oberta de Catalunya, unha universiade virtual que leva formando universitarios dende 1994, alcanzando na actualidade unha comunidade de máis de 100.000 persoas, con presenza en 46 países, utilizando de xeito intensivo as tecnoloxías da información.
A UOC é unha iniciativa posta en marcha pola Universitat Politécnica de Catalunya, polo grupo Planeta e a Generalitat de Catalunya. Os responsables de CiU, entón liderados por Jordi Pujol, pareceulles máis axeitado crear a súa propia universidade a distancia que reclamar o uso do catalán na UNED. Grazas a esa iniciativa, hoxe, Catalunya, non só ofrece formación universitaria a distancia en catalán para os seus cidadáns, senón que compite coa UNED polo ensino a distancia en castelán, ofrecendo ó estudante un modelo innovador, de calidade, encadrado na sociedade do coñecemento.
Foi tal o éxito acadado pola UOC, tanto a nivel estatal como internacional, que esta iniciativa foi copiada recentemente pola Comunidade de Madrid que, coa colaboración do Centro de Estudios Financieiros (CEF), puxo en marcha, neste curso, a súa propia universidade a distancia virtual, a Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA).
Supoño que cando se fala desa mentalidade de leiriña que padecen certos lideres políticos galegos refírense este tipo de cousas. Cando un partido, o BNG, ten os instrumentos necesarios para impulsar, dende o Parlamento de Galiza, unha iniciativa ambiciosa, a creación dunha Universidade virtual galega, confórmanse con reclamar no Parlamento do Estado un pequeno eido na UNED, o uso do galego na realización dunha tese.
Xosé Costa Dorrío
Este post ten a súa propia intrahistoria. Todo comeza o 27 de novembro no blog de Marcos Valcárcel As uvas na solaina. O Sr. Medela agasalla o mestre cunha fotomontaxe (esta) na que aparece unha botella de gasosa. Alguén pregunta pola orixe desa gasosa e o Sr. Medela responde: Gasosas /Bebidas carbónicas/ GUEDE, de Xunqueira d’Ambia. Esa botella traíame moitos recordos da miña infancia -moitas chimpei- así que non me resisto a pedirlle a foto orixinal… e recibinna. Tamén recibín outro e-mail dun dos habituais no blog, lobo neghro, no que me pregunta si teño algo que ver cun desaparecido de Xunqueira de Ambía trala guerra civil: Xosé Costa Dorrío. Como non tiña coñecemento de tal desaparición aproveito a fin de semana para pescudar sobre o tema.
A quen me dirixo é a meu abó, e fagoo durante o xantar, para que así todos poidan aportar algo. Antes de seguir, teño que decir que sobre este parente meu xamais se falara -e ninguén me soupo respostar porqué-, en ningunha circunstancia, dende que eu nacera. ¿Quen foi Xosé Costa Dorrío?
A pola que nos une na árbore xenealóxica son os meus tatarabós: Severo Dorrío (dono dunha gran facenda en Bobadela, Xunqueira de Ambía) e María Villar (de Ourense e mestra de profesión, que acabaría ensinando a ler e escribir os nenos de Bobadela na casa do seu consorte). Tiveron oito fillos: Fidel, Xosé, Martín, Ánxel, Xulio, Claudio (o meu bisabó), Remedios (a nai de Xosé Costa) e Milagros, a única que segue con vida (nada en 1911).
Tiña oido falar moitas veces da miña tatarabóa María, que tivo que sufrir o desprecio da súa propia familia por vir a casarse con agricultor, ainda que éste fose rico (hai que situar o concepto de riqueza no contexto social da época: finais do século XIX); tamén oira moitas historias sobre a Tía Remedios, tamén mestra, entre outras, na escola de Bustelo da Veiga, Xunqueira de Ambía; pero nunca escoitara falar do seu único fillo, Xosé, outro mestre na saga familiar, nin de seu pai, Vicente Costa, un catalán que acabara casando coa Tía Remedios.
Xosé era unha persoa comprometida coas liberdades da xente, solidario, progresista, idealista e moi intelixente (non poño en dúbida ningunha das cualidades que del me contan). Cando chegou a guerra civil loitou por todo aquilo no que creía e que tan ben lle inculcaran tanto súa nai como súa abóa, loitou -dinme- polo bando republicano e fixoo dende o aire, como piloto de aviación. Trala finalización da guerra, lonxe de fuxir para América e salvar o seu pelexo, el sumóuse a escasa resistencia que quedara espallada por distintos e distantes recunchos do Estado co propósito de reconstruila República… ata que o colleron -dinme- con propaganda contra o Réxime. Dende entón nada se sabe del.
Frederic Bartlett decía, sobre o recordo, que ó recordar un relato ó largo do tempo, este defórmase, do mesmo xeito que se deforman os rumores, e acomódanse os modelos culturais do que é unha boa narración.
Democracia e comunicación no BNG
DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E REPRESENTATIVA
Para comezar é necesario precisar o significado de ámbalas duas lóxicas, participativa e representativa, aplicadas ó funcionamento dun partido político. Así a lóxica participativa sería aquela que busca a máxima implicación dos seus militantes e simpatizantes nos órganos e decisións políticas, concibindo ós militantes e simpatizantes como un decisorio político, cunha vontade política definida, capaces de formar parte directa da decisión política colectiva. En cambio, na lóxica representativa as decisións políticas son tomadas polos representantes que ocupan os órganos do partido sendo estes os encargados de reunir e interpretar as preferencias e vontades dos seus militantes e simpatizantes. Aquí ós militantes simplemente se lles considera aptos para elexir os seus representantes.
No BNG coexisten as dúas lóxicas ainda que nos últimos anos estase dando un claro avance da lóxica representativa sobre a participativa. Pra entendelo mellor é necesario coñecer como se estructura o partido. O BNG ten unha estructura xerárquica piramidal que coincide cos diferentes ámbitos territoriais. Na base da pirámide temos as agrupacións locais que coinciden co territorio de cada Concello. A franxa intermedia correspondese coas agrupacións comarcais, sendo estas o conxunto de varias agrupacións locais colindantes nun territorio con características económicas, culturais, sociais e/ou políticas comúns. Prescíndese de calquer tipo de organización provincial, un erro, si temos en conta que esta organización concorrea dúas eleccións de representantes–xerais e galegas- nas que a circunscripción é a provincia. Na cúspide da pirámide estará a agrupación nacional, da que forman parte todos os militantes do partido.
Os órganos do partido, en calquera dos niveis, divídense en dous: Consello e Asamblea, existindo, polo tanto, un Consello Nacional e unha Asamblea Nacional a nivel nacional, un Consello Comarcal e unha Asamblea Comarcal en cada comarca e, por último, un Consello Local e unha Asamblea Local en cada Concello (sempre que se acade un número mínimo de afiliados).
Os consellos comarcais e locais son un órgano que obedece á lóxica representativa, isto é, estarán compostos por membros electos mediante a presentación de listas cerradas que serán votadas directamente polos e polas militantes das respectivas asambleas, obtendo cada unha das listas presentadas un número de representantes directamente proporcional ós votos obtidos. Entre as funcións dos consellos cabe destacar a aprobación de textos base que se someterán a discusión nas asambleas, proposición de candidatos para os diferentes comicios electorais, organización de actos, etc. Pola contra, o Consello Nacional será elixido pola militancia dun xeito indirecto, isto é, por representantes elexidos nas comarcas mediante a presentación de listas cerradas, perdendo aquí a fronte un dos seus máis importantes referentes de democracia participativa directa, amais dun símbolo da súa identidade asemblearia.
As asambleas locais e comarcais responden á lóxica participativa. Están abertas a tódolos afiliados e simpatizantes –a estes recoñéceselle voz pero non voto, ainda que se ten dado casos de sair elegidos responsables locais entre a masa de simpatizantes, por exemplo, o derradeiro Responsable Local de Xinzo de Limia- que debaten, aproban ou rexeitan os textos aprobados polo Consello e ten iniciativa para presentar novas propostas que, previo debate, serán sometidas a votación na Asamblea. A Asamblea Nacional, órgano supremo do BNG, foi tradicionalmente participativa ata a XII Asamblea Nacional (celebrada o 2 e 3 de decembro de 2006) na que se decidiu, cunha escasa maioría, que no futuro se celebraría por delegación. Esta decisión foi moi polémica, primeiro, porque puña fin ó carácter asambleario do BNG ligado, dende a sua fundación, á cultura política participativa dos seus militantes; segundo, polo sistema establecido para elexir ós delegados, o mesmo que se utiliza para elexir os consellos, isto é, listas cerradas, entendéndose dende os sectores críticos que mediante ese sistema non se elixen delegados, senón representantes, de modo que a sua vinculación co afiliado non vai ser a misma (noutras verbas, estes ‘pseudo-delegados’ están liberados do voto imperativo).
Os afiliados tamén ten dereito a participar en diversas Comisiones Nacionais sectoriais (Turismo, Comercio e Consumo, Traballo, Novas Tecnoloxías, Industria, Cultura, Pesca, Agricultura…), cun máximo de cuatro e unha como mínimo. A sua labor será diseñar a línea política a seguir en cada campo. O inconvinte que se presenta é que, ó tratarse de comisións de carácter nacional celebraranse na sede de Santiago de Compostela e non todos os afiliados dispón de recursos económicos e de tempo pra poder participar, dando lugar así a unha fomación ‘elitista’ das comisións formadas, principalmente, por funcionaros, altos cargos e políticos locais. Si estas comisións tivesen un ámbito comarcal –ou provincial- a participación e aportación de ideas sería maior e máis representativa da base social.
COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA
Pra facer chegar a sua mensaxe a su base social o BNG dispón dun boletín mensual que envía a tódolos seus afiliados e simpatizantes. Dende o entorno nacionalista promocionase un diario gratuito, GZNación, que se distribue tan só nas grandes ciudades, diario o que tamén se puede acceder a través da web. O partido dispón dunha páxina web na que se publican novas e artigos sobre actos, decisións, propostas, etc. dos dirixentes do partido a nivel nacional, ó tiempo que pon a disposición dos grupos locais y comarcais unha extensión do espacio web para poder facer chegar ós cidadáns as políticas de carácter local. Recentemente –vai para un ano- creo o seu propio canal en You Tube (TeleBNG) onde se cargan vídeos dos actos institucionais e de partido e, de cara as eleccións autonómicas, o candidato e portavoz Nacional, Anxo Quintana, conta cun vídeo blog –Quin.tv– de contenido atemporal y genérico e un blog –fala con Quin, no que, curiosamente, só fala él-. Estes blogs están incluidos dentro dunha plataforma de blogs nacionalistas da que tamén forman parte outros dirixentes de carácter nacional e local.
Amais, o BNG ten unha importante presencia tanto nos medios de comunicación públicos como privados dende que co-gobierna na Xunta de Galicia, participando en diversos espacios de entrevistas e debates de radio e televisión para explicar as suas actuaciones no gobierno.
En cualquier caso, algo falla na comunicación do BNG co asua base social, especialmente con simpatizantes e votantes. Dos documentos que utilicei pra realizar este ensaio tan só un, o programa das municipales do 2007 está colgado na páxina web do partido. Os demáis documentos funnos recibindo a través do correo electrónico ou de forma presencial –por exemplo, os estatutos, un documento fundamental, que debería estar ó alcance de calquer persoa, independentemente da súa inclinación política-. Suponse que un partido é o que di ser e é o que din os seus estatutos.
POLÍTICAS PARTICIPATIVAS
Chama a atención a pouca presencia que ten a democracia participativa no programa das pasadas eleccións municipais, tratándose, o BNG, ata finais de 2006, dun partido cun claro predominio da lóxica participativa sobre a representativa, limitándose o seu papel neste eido a unha mera declaración de intencións pra establecer mecanismos de participación dos cidadáns nos orzamentos dos concellos -na práctica non se fai en ningún Concello-, mellorar e fortalecer o movimiento social organizado, aumentar a consciencia e a corresponsabilidad da sociedade na toma de decisións, así como facer máis transparente a xestión municipal.
Deixade que o viño fale