Acabo de ler unha nova que levo esperando moitos anos: O BNG concorrerá por primeira vez á totalidade das alcaldías de Galiza. Aínda que no meu concello – Xunqueira de Ambía- o BNG tivo presenza e representación dende as primeiras eleccións facíame pesar ver como en moitos outros, a pesar de existir votantes nacionalistas, non había quen dese un paso adiante para formar unha candidatura co seu partido.
As razóns son de sobra coñecidas por quen somos de concellos pequenos, sabemos o difícil que é facer unha lista en entornos onde aínda se teme os herdeiros de franco que os gobernan. É a primeira vez en que ningún concello se queda sin a voz do nacionalismo i é, sen dúbida, un dos pasos mais importantes dados na historia recente da nosa nazón.
O pasado mércores o BNG acusou o PP de manter unha íntima relación coa corrupción urbanística, citando casos como os de Arteixo, Gondomar ou Ourense, aínda que son moitos maás, casi na totalidade dos municipios en que gobernan. Tanto é así que a maioría dos alcaldes do Partido Pancarteiro (PP) mostrarónse moi disgustados pola normativa que prohibirá construir nas costas galegas nunha marxe de 500 m. xusto agora que xa o tiñan todo recalficado… que mágoa!
Con esa decisión parece que os pancarteiros se lle veu o mundo encima e non tardaron en afirmar que esa decisión será o derrube da economía galega. Se o prezo pra que Galiza siga medrando económicamente é escarallar todo o noso litoral, mellor non facelo. O que non se pode é destruir toda a nosa paixase, toda a nosa fauna e toda a nosa vexetación coa excusa de facernos máis ricos, e moito menos pra que só se fagan ricos uns cantos.
Contra as acusacións de corruPPción feitas polo BNG a única defensa do PP foi pasar ó ataque e acusar ós nacionalistas de ir en coalición con HB (Herri Batasuna), algo que é incerto, nunca sucedeu. Cando non quedan armentos queda o recurso da descalificaión persoal. Feijóo, pobre home -non lle da pra máis-, tamén afirmou que o Partido Pancarteiro nunca presentaría libros cun ex secretario condeado con sentencia firme arroupado por expresidentes (en referencia ó caso GAL). Certo, o PP séntese mellor rodeado de terroristas como Pio Moa, o que convidan a conferencias patrocinadas polos seus amigos, como por exemplo, Caixa Galicia.
¿E que ten que ver a corruPPción con todas as tonterías expostas por Feijóo? Nada, todo sexa por correr unha cortina de fume.
A todo ésto hai que engadir que se trata dunha proposta aprobada polo Parlamento galego, aprobada por unanimidade polos tres partidos: PP, PSOE e BNG. Pois ben o que en Galiza aprobaron os socialistas en Madrid desaprobaronno eles mesmos porque a proposta foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e IU.
Agora de pouco vale laiarse. Desplantes destes temos sufrido moitos nos derradeiros anos, tanto por uns coma por outros; temos sufrido tantos que xa non é posible votarlle a culpa a un ou a outro partido porque a responsabilidade do sucedido é, principalmente, da cidadanía galega (da de Ferrol tamén) que segue sen conceder peso os partidos da terra, non so en Madrid, senon tampouco na propia Galiza. Tal vez, cando non nos quede un so cabo o que agarrarnos, entonces si, seremos todos nacionalistas.
Mentres cataláns e valenciáns xa gozan de tódolos dereitos que lles confire o seu novo estatuto de autonomía en Galiza ainda non fomos capaces de facer un primeiro borrador no parlamento galego. Desta historia forman parte tres persoaxes fundamentais, os tres partidos políticos con representación parlamentaria. Ata agora parece que tan só o BNG ten claro o que quere para Galiza: un Estatuto de Nación que supere o actual marco estatutario, pra que Galiza aumente a sua capacidade de decisión, participe en pe de igualdade nas estructuras estatais e europeas, preserve os sinais de identidade que nos son propios e incremente o benestar de todos os galegos e galegas.
O BNG e o único partido que propuxo un texto articulado para a elaboración do novo Estatuto de Galiza. É o único partido que realiza foros para a mellora deste texto. É o único partido que presentou o seu texto as xentes de Galiza por diferentes cidades e pobos… da a sensación de que é o único partido que quere un novo Estatuto para Galiza.
Mentres no PSdeG e no PPdeG reina o desconcerto. Por un lado seguen a decirnos que non queren para os galegos menos dereitos e competencias que os cataláns, polo outro seguen cegamente as consignas de Madrid. Touriño, que non quere ver rodar a sua cabeza como a de Maragall, está mais pendente de encontrar a fórmula que o manteña no posto (chegamos a escoitar cousas tan absurdas como “Nación de Breogán” como concepto que defina a nosa idetidade o cal, só puxo de manifesto, que confunden o mito coa realidade) que avanzar nos dereitos do pobo galego. A Feijoo simplemente non lle deixan facer nada porque non é ningén. Non ten peso político propio, de modo que non lle van a permitir que o PP acepte en Galiza o que o PP rechazou en Catalunya. E claro, sen os seus votos non habrá novo Estatuto.
Unha vez mais parece que o noso futuro non o vamos a decidir nós, os galegos. Unha vez mais será desde Madrid donde se diga cales son os nosos dereitos, as nosas competencias, a nosa identidade. Serán os Zapatero, Pepe Blanco, Rubalcaba, Rajoy, Zaplana ou Acebes quenes nos digan o que é Galiza, quenes nos digan a que temos dereito ou ata onde podemos chegar. A min, como galego iso non me serve, por iso, ante a situación de atasco do novo Estatuto deberían adiantarse as elección e que os galegos decidan onde queren que se decida o contido do novo Estatuto: na nosa TERRA ou en Madrid.