xOsse dorrío
A voltas coas coalicións
Por todo isto considero que é un erro apoiar a un partido coma o PSOE na Coruña. Os coruñeses queren unha renovación total das suas institucións, e xa vai sendo hora porque levan mais de 20 anos gobernando os mesmos, e iso non se producirá apoiando o PSOE. En Lugo os lucenses déronlle a maioría absoluta a Orozco fai catro anos e esquecéuse de quen lle dera a chave da cidade fai oito anos. Non contaron co BNG -nin co PP- mentres tiveron a maioría absoluta e por iso os cidadáns lla retiraron. O BNG non debe caer no erro de volver a encher o ego dun persoeiro tan patetico coma Orozco e debe promover un cambio de goberno en Lugo. O mesmo sucede en Ourense, esta vez si apoiando o PSOE de Francisco Rodríguez.
Non estou dacordo cos acordo marco para as cidades e vilas de toda Galiza; pois cada cidade, cada vila, debe entenderse e pactarse de forma individualizada, aceptando a liña que marcan en cada caso os cidadáns.
E esa non é a única razón. A cotio acusamos o PP de non saber pactar con ninguén. O BNG ten que demostrar a sociedade que é capaz de pactar e gobernar con calquer partido, do contrario caeremos no mesmo erro que o PP e darémoslle a razón o señor Feijoo, e dicer, que simplemente somos un flotador para o PSOE.
Aviso de preaviso
-e que si vas entrar debeis ir pegado a parede, porque ahí dentro non se colle.
Esta é unha situación que se repite na nosa provincia cada catro anos e dura dende que comenza o ano ata que transcorren as eleccións. Cumplido o obxectivo (este ano menos que outros, tras perder a maioría absoluta en Ourense e noutras vilas, como Maceda -agora Manolo poderá dedicar todo o seu tempo, en exclusiva, a cumplir as suas labores de funcionario na ‘Exma.’-) toda esta xente empeza a desfilar para os seus fogares. Todos eles teñen contratos de un ano pero cunha cláusula de fin de obra -así eran polo menos fai catro anos- de tal maneira que rematadas as ‘obras’ acabarónse os contratos pra todos.
A semá que ven empezarán a chegar a todos e cada un dos contratados os preavisos dende a xefatura de negociado de persoal -aquela que ocupa José Luis Suárez, o que di selo xefe de persoal- pra ir firmalo finiquito, así que o día 29 de xuño todos… ‘¡a la puta calle!’. Pouco importará que os traballadores teñan familias que manter, hipotecas ou sinxelamente moitos vicios; non vale laiarse, a única posibilidade de seguir e ter unha boa cuña.
É unha cuestión de matemáticas: existe unha dotación orzamentaria para contratación de persoal eventual e si ésta se gasta toda nos seis primeiros meses do ano é de caixón que o vindeiro semestre non haberá diñeiro suficinte pra manter a tantos empregados. A pregunta é ¿Cómo é posible que durante seis meses se necesite tanta xente pra facer o mesmo traballo seis meses despois sen ela?.
Os únicos que non lles faltará traballo son os donos das empresas amigas, para as obras que éstas desenrolan sempre hai cartos e si non chegan faise unha amplición do presuposto e listo. É o caso de Instalaciones Eléctricas JOSE, o cal ten traballo tanto antes coma despois das eleccións gracias a uns bons lametóns ‘os Domarco’ e o propio José Luis Baltar. Pra personaxes coma aquel o importante é conseguir traballo fácil e ben remunerado pra sua empresa -no seu propio Concello ou na Deputación de Ourense-, o modo de conseguilo non importa, pois pra logralo tanto lle da afilarse o BNG coma o PP (cústalle menos afiliarse a un partido que liarse un porro) ou compartir mesa e mantel con quen faga falta.
A xornada electoral en Xunqueira
O día da votación son os primeiros en chegar a cada Local Electoral, pra min que nin dormen. En cada Local hai caciques a moreas, tantos que calquer persoa co coñecemente xusto, que son moitas, poderían verse amedrentadas e coaccionadas por eles; non faltan tampoco os graciosos do pobo nin os lamecús que están a espera de que apareza por alí o alcalde pra arrimarse a el e lambelo. A xente enseguida empeza a chegar os colexios electorais e pronto, tamén, se empezan a ver os primeiros acarreos. Non é ningunha sorpresa. O ritmo é frenético durante toda a mañá, tanto que a mediodía xa votara na mesa mais dun 50% do censo electoral.
Sería un fenómeno de estudio o feito de que unha poboación que ten cerca dun 80% da súa poboación nunha franxa de idade superior os 65 anos sexa unha das mais activas electoralmente si non fose porque a orixe de tal actividade radica na obriga de ir a votar imposta polo Alcalde do pobo, unha obriga vixiada, controlada.
Outro fenómeno que se produciu foi o “voto express” ou “televoto” de última hora. Este consiste en que o interventor fai facendo listas das persoas que faltan por votar e pasalla a un dos acarreadores que está fora; éste colle a lista, vai a casa daquelas persoas e trainas a votar. Na mesa na que eu estaba esa labor facía Florencio Salgado Fernández, interventor e candidato do PP e o que carrexaba era seu pai, co coche da súa empresa SALGADO S.L.
Noutras mesas do Concello tamén se deron algunhas anécdotas, por exemplo na que estaba na Casa do Concello, a que acudiron a votar persoas que estaban censadas alí mesmo. Outra anécdota moi boa é na que un dos nosos inteventores lle pregunta a un dos candidatos do PP se coñecía a unha persoa que aparecía nas listas do censo e éste resposta que non; quedou branco cando lle dixeron que vivía na mesma casa ca el.
Así funciona a democracia nos pobos, a democracia do medo. Agora entendo a moitos vellos cando dín que “con Franco se vivía mellor”. Lóxico: entón no tiñan que votar e por iso non sufrían as aldraxes -públicas e privadas-, coaccións, chantaxes e as intimidacións de agora.
A canteira do Alcalde
Resulta curioso -e tamén moi sospeitoso que o Monte da Farria ardese uns meses antes- que quen preside a corporación municipal de Xunqueira de Ambía, o Sr. Jose Luis Gavilanes Losada, sexa considerado polos veciños -e incluso empregados- coma un dos máximos accionistas dunha empresa, Farriense de Granitos S.L., que solicitou a explotación dos recursos da Sección A) no Monte da Farria así como un permiso e investigación para a Sección C). O certo e que nunca foi accionista da empresa nin administrador dela, pero si o son ou foron persoas moi achegadas a el -os caciques do pobo-.

nos últimos anos pra zona onde se situa o Monte da Farria
CE= Concesión de Explotación

A pesar de todo de alí séguese a extraer pedra.
O que está sucedendo no Monte da Farria é un atentado contra a natureza levada a cabo coa colaboración do actual equipo de Goberno, diso non temos ningunha dubida. Non se pode seguir mirando para outro lado pola simple razón de tratarse dun Concello pequeño do interior, por que ese espazo natural protexido non sexa utilizado para construir grandes bloques de vivendas (denuncias moi habituais na actualidade) ou porque éste monte non esté situado dentro dos 500 metros da costa (espazo protexido pola lei do litoral, tamén moi de actualidade). Non se pode calar mentres destruen o noso monte, os nosos recursos naturais. Non se pode calar ante os que, co fin de enriquecerse, destruen o patrimonio de todos.
Non subas ó coche do cacique!
Non hai ben mais prezado que vivir en liberdade, nun PAÍS libre onde o voto sexa verdadeiramente libre, secreto e voluntario. Para acadar esa liberdade non podemos permitir a interferencia de quen vai buscar os votantes ata a súa casa, meténdolle o voto na man e acompañando ata a urna.
O 27 de MAIO NON SUBAS Ó COCHE DO CACIQUE
SI VAS A VOTAR VOTA LIBRE.
Ningún pobo é verdadeiramente libre mentres a liberdade non estea arraigada nas súas costumes e identificada con elas.