E para reflexionar… unha excursión!

Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha “charla” por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José … Ler máis

A terra prometida

Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos “o habido e por haber”. Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que “amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a … Ler máis

Galiza Non Se Vende

Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha … Ler máis

Inxustiza e desigualdade

Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. … Ler máis

Xustiza e Sanidade

Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden … Ler máis

Universidade Virtual Galega

Sobre a necesidade dunha Universidade Virtual Galega xa falara antes neste blog e, agora, deben ser os candidatos a Presidencia da Xunta de Galicia quen deben respostar se van dar saída ou non a esta demanda. Dende hoxe xa lle chegan as preguntas ós tres candidatos, logo da aceptación de E. Pérez Touriño no día … Ler máis

Xosé Costa Dorrío

Este post ten a súa propia intrahistoria. Todo comeza o 27 de novembro no blog de Marcos Valcárcel As uvas na solaina. O Sr. Medela agasalla o mestre cunha fotomontaxe (esta) na que aparece unha botella de gasosa. Alguén pregunta pola orixe desa gasosa e o Sr. Medela responde: Gasosas /Bebidas carbónicas/ GUEDE, de Xunqueira … Ler máis