o señor dos aneis
- O traballo que nunca se empeza é o que máis tarda en rematarse.
- Non estou enteiramente o lado de ninguén porque ninguén está enteiramente do meu lado.
- Non desprecies as tradicións antigas: ocorre a miudo que os vellos gardan na sua memoria cousas que os sabios doutro tempo necesitan saber.
- De certas empresas pode dicirse que é mellor emprendelas que rexeitalas ainda que o fin se anuncie sombrío (esta frase lémbrame moito a unha de Imperium).
- O dano do mal acostuma a volverse contra o propio mal.
- Moitos dos que viven merecen morrer e algúns dos que morren merecen a vida. Podes devolver a vida? Logo non te apresures en outorgar a morte, pois nin o mais sabio coñece o fin de tódolos camiños.
- Si non hai máis que un camiño terei que tomalo.
- Máis vale desconfiar de verbas inmerecidas que de verbas irreflexivas.
- As palabras fermosas esconden a veces un corazón infame.
- Si a cabeza non é a mellor parte do teu corpo, confía sempre no teu corazón.
Estados financieiros de La Región
-
Os ingresos por ventas do exercicio [13.610.348,41 € (uns 265.000 € menos que en 2005)] son menores que o activo corrente (19.353.623,7 €). Isto é, durante un ano ingresou menos diñeiro que o que lle adeudan os deudores [clientes por ventas (9.163.719 €) , empresas do grupo (10.843.162,34 €) e deudores varios (1.056.980 €) ] o que situa a empresa nunha situación de falla de liquidez.
-
As provisión feitas para os deudores son excasas (-2.187.035,46 €), sobre todo si temos en conta a situación financieira das empresas do grupo que son deudoras. A empresa auditora KPMG en 2005 decía que “a sociedade participada RIAS BAIXAS COMUNICACION SA (Nota 7) presenta uns fondos propios negativos”, isto é, que esta empresa está en quebra técnica, polo cal “a sociedade debería provisionar o importe neto correspondente a la inversión, así como o importe correspondiente a porcentaxe da sua participación no patrimonio negativo”. Esa débeda alcanzaba en 2004, segundo a auditora, 4.474.178 €. Todo isto respecto a esta sociedade, logo si nos pomos a analizar as débedas e inversións noutras empresas do grupo e asociadas encontramonos con mais do mesmo.
-
Na evaluación das masas patrimoniais atopámonos cun desequilibrio patrimonial a corto prazo (isto analizando as contas presentadas; si a empresa provisionase tódalas débedas antes sinaladas, o patrimonio sería negativo e a situación de quebra técnica) e nunha situación de suspensión de pagos técnica.
-
O pasivo corrente (débedas a corto prazo de 15.987.214 €) tamén está descompensado co pasivo non corrente (débedas a largo prazo de 5.439.792 €), triplicando o primeiro a este último. A situación lóxica e habitual é que as débedas a L/P sexan maiores que as débedas a C/P.
-
Tamén é unha situación anómala o feito de que a empresa tivese no exercicio 2006 uns ingresos inferiores a débeda a C/P que deixa para o exercicio seguinte. O máis previsible é que no exercicio 2007 (no que La Región anunciou un EBITDA de +2.500.000) non puidese cumprir cos seus compromisos cos acreedores.
-
Tamén me chama moito a atención que os gastos de persoal (5.560.142,45 €), máis os gastos por servicios externos (3.821.929,14 €) absorban o 69% dos ingresos por ventas. Non é propio dunha empresa das suas características.
-
E por último dicer que o resultado do exercicio de 2006 (1.086.572 €) está maquillado polos beneficios obtidos na enaxenación de inmovilizado inmaterial, material ou cartera de control por un valor de 1.271.027,81€.
Flock

Foi liberada a nova revisión deste navegador optimizado pra redes sociais de código abierto e multiplataforma; Flock usa o motor de renderizado Gecko, posee agregados incorporados que permiten un mellor manexo de blogs, suscripcións RSS, integración con servicios como Flickr, Facebook, YouTube, e Twitter, permitindo ademais compartir marcadores con amigos usando o servicio del.icio.us, e outros servizos como os ofrecidos por Photobucke e Technorati; así como actualizacións automáticas do navegador.
A revisión de Flock 1.0.1 ponese ó día con todalas correccións de seguridade e estabilidade de Mozilla Firefox 2.0.0.11
Para máis información consulte as notas de lanzamento. (en inglés)
Outros navegadores: Mozilla 1.7.12, Opera 9.25, Safari 3.0.3, Nestcape Navigator 9.0.0.5
Outro ano perdido…
… e xa van 29. Esta semana, o pásado martes día 27 de maio, cumpliuse un ano das eleccións municipais nas que o actual grupo de goberno revalidou a sua maioría absoluta, iso si, cunha importante merma en número de votos e concelleiros.
Si collemos o seu programa electoral podemos ver o seu grado de incumplimento, claro que cun programa tan esaxerado iso era de esperar. Calquer veciño con dous dedos de frente sabía de antemán que iso nunca se cumpriría.
La Región
Estanse dando moitos casos destes últimamente. Son moitos os que ten favores pendentes de ser cobrados e agora que Baltar anuncia a sua retirada da presidencia do PP provincial apuran os tempos. Seguro que iso foi o que levou a familia Outeiriño a acudir a Baltar, ademais, por suposto, da nefasta situación económica das suas empresas. Pero ségueme sorprendendo a participación das outras duas forzas políticas nesta trama, e especialmente ó silencio do BNG ó respecto, intrígame e, se o penso moito, ata me arrepía o corpo. Touriño foi moi claro sobre esta operación ó afirmar que as institucións non están para financiar prensa, incluso dende o PP López Veiga dixo que o proxecto da Deputación para entrar no capital social de “La Región” é contrario ó ordenamento xurídico, e cita algúns exemplos; metres o BNG caladiño… nin un chio !!!
Días antes de comezar todo este barullo o xornal “La Región” anunciaba unha ampliación de capital despois de acadar un beneficio de explotación de 2,5 millóns de euros. Claro que ó EBITDA hai que restarlle os intereses (carga financieira que en “La Región” é ampla, moi ampla), as amortizacións reais e depreciacións reais do inmovilzado e, si houbese beneficios antes de impostos, o imposto sobre sociedades. Ofrecer os resultados dunha empresa tendo en conta o EBITDA é unha trampa que permite anunciar unhas cifras “presentables” nunha empresa que está cargada excesivamente de gastos financieiros e de altas amortizacións, amortizacións que a propia empresa recoñece públicamente pero non contablemente ó afirmar que valora os seus activos polo coste de adquisición e non polo coste de mercado (pregunta número 9).
O certo é que a “La Región” xa lle advertiran antes deste erro contable as empresas auditoras en informes continuamente desfavorables emitidos por KPMG AUDITORES SL os anos 2006, 2005 e 2004 e con anterioridade ARTHUR ANDERSEN Y CIA S COM. Advertencias que tampouco foron tidas en conta por Xesgalicia e en concreto, polo Fondo Adiante. Este fondo foi creado para rescatar a empresas necesitadas de apoio financieiro e de xestión para salvar unha situación temporal de dificultades. Neste caso a situación non era algo temporal, xa viña arrastrada de hai moitos anos. Outra imposición deste fondo para ser beneficiario das suas axudas é que a empresa sexa viable técnica, comercial e financieiramente. Este punto derradeiro tampouco se cumplía ó atoparse, segundo as empresas auditoras, nunha situación de quebra técnica.
Tal foi a polvoreira levantada por este asunto que tanto uns coma outros, responsables do xornal e dos partidos políticos, que tiveron que renunciar a el. Especialmente grave foi o malestar causado nas bases do PSdeG e do BNG, militantes, simpatizantes e votantes de ámbolos dous partidos que nos vemos a diario maltratados por ese xornal… e no intre en que remato este artigo o BNG segue sen dar un chio.
ANGELINA GOMEZ RUEDA
Uno:
– LA MANIPULACION DE UN PERDEDOR -QUE DIMITAN TODOS, ES UNA PAGINA, QUE FUE EXPULSADA DE TERRA, POR DIFAMACION, MANIPULACION Y SE DEBE, A QUE SE DESCUBRIO COMO TUVIERON QUE SALIR POR LA PUERTA DE ATRAS DEL PARTIDO POPULAR……..EL PASADO SIEMPRE VUELVE, GRACIAS, A DIOS, LO UNICO QUE SE DEMUESTRA, ES QUE DENUNCIE UNA CORRUPCION, Y LA JUSTICIA ACTUÓ , PORQUE PRESENTE LAS PRUEBAS.SI NO QUITAN ESTA PAGINA, PONDRE LOS NOMBRES Y APELLIDOS DEL MANIPULADOR. –
Y el otro:
Gracias a tu mania persecutoria y obsesión, ya tienen todos tus datos la esta vezm la Delicuencia informática.Tendrás que decirles, porque manipulas las páginas y a todas las personas, anda, dile a FRAGA, que ahora renuncias de él, y has vives gracias a el, que te saque del lio que te has metido
Todos sabemos. lo de tus páginas, que hablas de ellos,por más que te disfraces.
!Como cambia la vida! ¿?
Lo cierto es que esta persona tiene un pasado funesto y un presente penoso. Yo descubrí su pasado casualmente revisando sentencias sobre protección de datos en una base de datos jurídica (podeis seguir este enlace) aunque también he averguado otras cosas. Este último enlace es el que más le fastidia porque cada vez que escribe su nombre en google es lo primero que aparece. Este otro es una versión completa de aquel. También le duele mucho aunque no es mi intención hacerle daño. Creí que me tenía olvidado pero no es así, necesita a sus fantasmas para sobrevivir.
