Contrato de obra ou servizo determinado

É o que se concerta para a realización dunha obra ou prestación dun servizo, con autonomía e sustantividade propia dentro da actividade da empresa e cunha execución, ainda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta. É preciso especificar a obra ou servizo que xustifica o uso desta modalidade, non bastando unha mera alusión global á norma xenérica na que se ampara.

Os convenios sectoriais estatais ou de ámbito inferior, incluidos os convenios de empresa, poderán identificar  aqueles traballos ou tarefas que poden cubrirse con este tipo de contratos.

Utilízase a celebración deste contrato para a realización dunha actividade contratada cun terceiro por tempo determinado, extendéndose a súa duración polo tempo que abarca a contrata.

EXCEPCIÓNS:

Segundo a Sentencia do Tribunal Supremo de 4 de outubro de 2007 “no marco das contratas e de empresas auxiliares, rectificando o criterio restrictivo inicial, a vixente doutrina unificada admite a celebración de contrato para obra ou servicio cuxo obxeto sexa a realización da actividade contratada con un terceiro por tempo determinado, extendéndose a súa  duración polo tempo que abarca a contrata, ainda que a súa celebración non esté expresamente prevista no convenio colectivo, pero sempre que non medie fraude interpositorio;…
Segundo o fundamento CUARTO da Sentencia do Tribunal Supremo de 14 setembro de 2001 “o que contempla o artigo 43 do ET é un suposto de interposición no contrato de traballo. A interposición é un fenómeno complexo, en virtude do cal o empresario real, que incorpora a utilidade patrimonial do traballo e exerce efectivamente o poder de dirección, aparece sustituido no contrato de traballo por un empresario formal. Isto implica, como sinalou a doctrina científica, varios negocios xurídicos coordinados:

1) Un acordo entre os dous empresarios -o real e o formal- para que o segundo proporcione ó primeiro traballadores que serán utilizados por quen, sen embargo, non asume xurídicamente a posición empresarial;

2) Un contrato de traballo simulado entre o empresario formal e o trabajador; e

3) Un contrato efectivo de trabajo entre éste e o empresario real, pero disimulado polo contrato de traballo formal.

A finalidade que persegue o artigo 43 ET é que a relación laboral real coincida coa formal e que quen é efectivamente empresario asuma as obligaciones, que lle corresponden, evitando así que se produzcan determinadas consecuencias que acostuman a asociarse á interposición, como son a degradación das condicións de traballo, cuando a regulación profesional vixente para o empresario formal é menos beneficiosa para o traballador que a que rixe no ámbito do empresario real, ou a disminución das garantías cando aparecen empregadores ficticios insolventes”.

“Pero iso non implica que toda cesión sexa necesariamente fraudulenta ou teña que perseguir un perxuicio dos dereitos dos traballadores e dahí a opción que concede o artigo 43 do ET. Así o recoñeceu a Sala nas Sentencias de 21 Marzo de 1997 e 3 Febreiro de 2000, que sinalan que no artígo 43 do ET baixo o concepto común de cesión regulanse en realidade fenómenos distintos e entre eles, ós efectos que aquí interesan, debe distinguirse entre cesións temporais de persoal entre empresas reais que non ten necesariamente a finalidade de crear una falsa apariencia empresarial para eludir as obrigas e responsabilidades da lexislación laboral a través dunha empresa ficticia insolvente e as cesións nas que o cedente é un empresario ficticio. O fenómeno interpositorio pode producirse, por tanto, entre empresas reais no sentido de organizaciones dotadas de patrimonio e estructura productiva propios.

O problema máis importante de delimitación do suposto do artígo 43 do ET prodúcese en relación coas contratas, cuxa licitude recoñece o artígo 42 do ET. Cando a contrata se concreta nunha prestación de servizos que ten lugar no marco da empresa principal ou arrendataria, non é fácil diferencialas da cesión, o que se agrava porque na práctica recúrrese ás contratas como medio formal de articular o acordo interpositorio de facilitación de traballadores entre o cedente e o cesionario e é difícil recoñecer nas circunstancias de cada caso o límite entre un mero suministro de traballadores e unha descentralización productiva lícita. Por iso, a doctrina xudicial recurriu á aplicación ponderada de diversos criterios de valoración que non son excluintes, senon complementarios, e que ten un valor indicativo ou orientador, podendo citarse, entre eles, a xustificación técnica da contrata, a autonomía do seu obxeto, a aportación de medios de producción propios (Sentencia de 7 Marzo 1988), o exercicio dos poderes empresariais (Sentencias de 12 de Setembro de 1988, 16 de Febreiro de 1989, 17 de Xaneiro de 1991 e 19 de Xaneiro de 1994) e a realidade empresarial do contratista, que se pon de manifiesto na relación con datos de carácter económico (capital, patrimonio, solvencia, estructura productiva…). A este derradeiro criterio refierese tamén a Sentencia de 17 de Xaneiro de 1991 cando aprecia a concurrencia da contrata cando «a empresa contratista exerce actividade empresarial propia e conta, polo tanto, con patrimonio, instrumentos, maquinaria e organización estables», aparte de «mantener ós trabajadores da súa plantilla dentro do ámbito do seu poder de dirección» e, nun sentido similar, se pronuncia a Sentencia de 11 de Outubo de 1993, que se refiere á mera apariencia ou ficción de empresa como «característica do suposto de cesión ilegal».

Pero isto non significa que sólo o caso de empresas aparentes, sen patrimonio nin estructura productiva relevantes, poda darse a cesión. Como fenómeno interpositorio de carácter xurídico, a cesión pode actuar completamente ó marxe da realidade ou solvencia das empresas, ainda que na práctica sexa frecuente a utilización de testaferros que acostuman carecer desa realidade empresarial. Así a Sentencia de 16 de Febreiro de 1989 estableceu que a cesión pode ter lugar «ainda tratándose de duas empresas reais si o traballador dunha traballa permanentemente para a otra e baixo as órdes desta» e a Sentencia de 19 de Xaneiro de 1994 establece que, ainda que se acreditou que a empresa que facilita persoal a outra ten unha actividade e unha organización propias, o relevante a efectos da cesión consiste en que esa organización «non se puxo en xogo», limitándose a súa actividade  ó «suministro da man de obra ou forza de traballo» a empresa arrendataria. O mesmo criterio reiterase na Sentencia de 12 de Decembro de 1997 e no auto de 28 Setembro de 1999.

A actuación empresarial no marco da contrata é, polo tanto, un elemento clave de calificación, ainda que excepcionalmente, o exercicio formal do poder de dirección empresarial polo contratista non sexa suficiente para eliminar a cesión si se chega á conclusión que aquél non é máis que un delegado da empresa principal. Esto é o que sucedeu no caso dos locutorios telefónicos de acuerdo co criterio aplicado polas Sentencias de 17 de Xullo de 1993 e 15 de Novembro 1993, que chegaron á conclusión de que, ainda que o titular da concesión do locutorio desempeñase funcións de dirección e organización do traballo, facíao completamente a marxe dunha organización empresarial propia, pois tanto as instalaciones, como os medios de producción e as relaciones comerciais cos clientes quedaban no ámbito da principal ata o punto de que, incluso, a relación do contratista encargado do locutorio con aquela foi calificada como laboral (Sentencias de 31 Outubro de 1996, 16 de Novembro de 1996 y 20 de xullo de 1999).

Un exemplo sería o caso dun contrato de obra ou servizo determinado na contratación dunha campaña de marketing, co argumento de que os contratos necesarios para o seu desenrolo dependen do contrato suscrito entre a empresa e o terceiro que contrata o servizo e non da configuración orzamentaria do empregador. Neste sentido, non pode considerarse abusivo, en fraude de lei ou contrario a dereito.

No suposto anterior non se pode obxectar que a realización deste tipo de traballos constitue actividade normal da empresa, porque esa normalidade non altera o carácter temporal da necesidade de traballo pois o que prima é a proxección temporal do servizo sobre o contrato de traballo. A expresión “obra ou servizo determinados” refirese a unha labor específica identificable no tempo e no espazo. Non se cumple o requisito de identificación si, no lugar do obxeto se mencionan os traballos ou tarefas propios dunha categoría profesional.
A concatenación de contratos para obra ou servizo determinado con un mesmo traballador é posible e válida si se expresa suficientemente o motivo que xustifica o recurso esta modalidade.

A fraude da SOCIEDADE TEXTIL LONIA

Acabo de recibir con agrado unha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sentenza do 10 de xuño, na que se condena a empresa distribuidora e fabricante (é un xeito de falar, todo o mundo sabe que a práctica totalidade desas prendas son fabricadas na China) de Carolina Herrera e Puprificación García, a Sociedade Textil Lonia, por contratación de traballadores en fraude de lei.

O principal motivo deste despedimento non foi o remate da obra para a que o traballador fora contratado, pois non existía tal obra, senón o feito de que o traballador lle comunicase a irresponsable, perdón, responsable de persoal da empresa que os contratos que estaba facendo ós traballadores eran ilegais, posto que incorrían en fraude de lei. A súa resposta foi o despedimento do traballador.

Esta sentenza, recentemente comunicada, fai bos tódolos argumentos que o traballador presentara ante a irresponsable, e dalle -en que estarei pensando-, responsable de persoal da Sociedade Textil Lonia, ante Inspectora Xefe de Traballo de Ourense, Pilar Sánchez-Cuervo Peña, e ante o Xulgado do Social Número 2 de Ourense do que é titular a xuíza María Isabel Gómez Balado.

O certo é que esta empresa fai cada ano centos de contratos, si centos, contratos a moreas, e todos eles en fraude de lei, de tal xeito que si calquera traballador denunciase o contrato este converteríase en traballador indefinido. Sen embargo existe moito medo a acudir ós tribunais nesta sociedade, aínda sendo conscientes os traballadores, como o son, das irregularidades que comete a empresa. Pero xa se sabe como funciona esta sociedade caciquil e, especialmente, a sociedade ourensá. Hai moito medo o poderoso e triunfa a submisión. O clan dos Domínguez ten moito poder, demasiado, na cidade.

Sen embargo, o estado de dereito ten mecanismos dabondo para defender os traballadores desta fraude. Para comezar, dende a oficina do INEN poderían actuar de oficio e denunciar a Sociedade Textil Lonia, polo uso e abuso destes contratos temporais para obra determinada (normalmente para o almacenamento, distribución, pasar o ferro… -segundo o caso- para un número determinado de prendas) pois todos e cada un deses contratos pasa polas súas mans. No INEN preferiron mirar para outro lado.

A Inspección de Traballo ten a obriga de velar polo cumprimento do marco normativo laboral e debería intervir de oficio na defensa dos traballadores; sen embargo, non o fixo nin a instancia da Fiscalía nin a instancia do traballador. Porqué? Porqué se buscan xustificacións en sentencias que nada teñen que ver co caso en cuestión? Porqué tanto interese en defender o indefendible? Acaso temen ó clan? Non, non creo. Estes traballadores están moi ocupados en perseguir e espremer a autónomos de baixa e as pequenas empresas. Con estes si que non teñen piedade.

Pero tanto ou máis inxustificable parece a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense. Ninguén discute a doutrina do Tribunal Supremo cando afirma que non se poden facer contratos por obra cando a obra consiste na actividade normal da empresa. A actividade normal da Sociedade Textil Lonia é clariña, fixádevos: “deseño, fabricación, compra e venda e comercialización no territorio nacional e estranxeiro de todo tipo de produtos textiles…” e en particular os das marcas Carolina Herrera e Purificación García. A obra do contrato consiste no “almacenamento e distribución de 100.000 prendas”. Alguén dubida sobre a legalidade deste contrato?. Non, ninguén, nin tan sequera a xuíza, pois si dubidase a dúbida debería aplicarse en beneficio do traballador (in dubio pro operario)… e non foi así.

Os xuíces, máis que ningún outro cidadán, ten a obriga de respectar a lei e a xurisprudencia dos tribunais superiores. Como si non nos van a esixir ós demais o cumprimento efectivo da lei? Sen embargo non é así. Moitos xuíces ocupan os seus xulgados cunha soa idea clara: eles alí son a lei. Só lles falta mexar nas catro esquinas da súa sala para marcar territorio.

En defensa da nosa paisaxe

A primeira actuación executada polo grupo local do BNG en Xunqueira de Ambía foi frear a devastación do Monte da Farria, un monte catalogado no PXOM de Xunqueira de Ambía cun Nivel A e catalogado cunha Protección Especial Paisaxistica. Estaba sendo explotado por duas empresas graniteiras (Farriense de Granitos e EXELCO) ante a desidia -nalgúns casos complicidade- das institucións local e autonómica.

Non foi a primeira vez que a paisaxe do noso Concello se ve agredida. Trala concentración parcelaria desapareceron do noso patrimonio natural dous importantes enclaves protexidos -a posteriori- polo PXOM de Xunqueira de Ambía: o Comunal e touzas de Casasoá e a Devesa de Vilariño da Veiga. Tamén se viron especialmente afectados polas obras da concentración parcelaria a Vía Nova (camiño romano) e o Camiño de Santiago, desprazando, nun casos, e eliminando, noutros, o trazado orixinal.

Agora o que está en perigo e o único enclave natural protexido que queda na zona da Limia de Xunqueira de Ambía, as Veigas de A Graña, que goza da mesma protección -Nivel A- que os espazos antes mencionados. A semá pasada puiden ver na Consellería de Medio Rural o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para esta zona, publicado no DOG do 11 de xuño, e deixoume especialmente abraiado que ninguén da Consellería se percatase do feito de que esa zona está especialmente protexida polo noso planeamento, a pesares, segundo os responsables do servizo, de utilizar os planos do PXOM para confeccionar diferentes estudos, medicións, catalogalizacións… En definitiva, que se estivo dilapidando unha boa chea de recursos públicos polo empeño de alguén en facer alí unha concentración parcelaria sen ter en conta os impedimentos legais existentes.

Este intento -esperemos que ahí se quede- de concentración parcelaria xa fixo moito dano a zona mesmo antes de porse en marcha. No 2006 as Veigas de A Graña arderon xusto antes de procederse as medicións das fincas. Casualidade? Non creo. Si todo está queimado é moito máis doado realizar as tarefas de medición. Ademais foron cortadas moitas árbores, polo medo dos seus propietarios a verse privados delas trala concentración parcelaria.

É por todo isto que dende o Grupo Local do BNG en Xunqueira de Ambía nos vimos na obriga de solicitar a paralización do proxecto de concentración parcelaria de A Graña co gallo de evitar unha nova catástrofe ecolóxica no noso Concello. Ademais solicitamos a Medio Rural que informe a tódolos veciños e propietarios da zona afectada para poñer fin a deforestación desa área e, por suposto, que os fondos destinados a esa concentración se utilicen para promovela diversidade da fauna e flora, para restauralos rexímenes hídricos naturais e promovelas funcions recreativas da paisaxe das Veigas de A Graña.

Dende o BNG sempre defendemos o escaso aproveitamento das concentracións parcelarias e non deberíamos esquecelo agora, precisamente agora, que estamos gobernando. Na Limia hai terras dabondo, moitas delas abandoadas. Non precisamos terras, non… o que precisamos e unha verdadeira industria de transformación agrícola e gandeira, unha AGROPOLE galega.

… por pedilo non será.

Esperanza Aguirre, máis chula que un oito

Seguramente no día de hoxe vistes o verdadeiro rostro de Esperanza Aguirre e escoitado as súas verdadeiras intenciones. Vistela pasearse con chulería e arrogancia polos pasillos dun hospital madrileño escoltada por numerosos “matóns” mentras os empreados berraban proclamas a favor da sanidade pública, vistes como se acerca a algunhas das mulleres que estaban nese pasillo -e a ningún home- coa man alzada e amenazando con “dar hostias”. En cualquer país civilizado eses xestos e esas verbas serían suficientes para que un político se vise na obriga de dimitir sen necesidade de que ninguén chegase a pedirllo… pero aquí ninguén dimite… nin ainda que llo pedisen ou rogasen. 

 

o señor dos aneis

Se a película de “O Señor dos Aneis” vos pareceu algo impresionante -a min séguemo parecendo despois de vela máis de dez veces- e ainda non lestes o libro que deu orixe a aquela aconséllovos que vos poñades a ler. Ides atopar moitas sorpresas, pois non todo sucedeu tal e como se pode ver na película, ni todo o que aparece nela foi escrito previamente por J. R. R. Tolkien, nin todo o que foi escrito está nela reflexado. É lóxico. O cine non se inventou para encher películas con largos monólogos, entre outras moitas cousas. Soamente por isto, por esas intrahistorias, merece a pena lelo libro de “O señor dos Aneis”. Eu, coma sempre, fun anotando algúnhas frases que me gustaron e que tanto na vida, coma na política, forman parte da miña filosofía:

  • O traballo que nunca se empeza é o que máis tarda en rematarse.
  • Non estou enteiramente o lado de ninguén porque ninguén está enteiramente do meu lado.
  • Non desprecies as tradicións antigas: ocorre a miudo que os vellos gardan na sua memoria cousas que os sabios doutro tempo necesitan saber.
  • De certas empresas pode dicirse que é mellor emprendelas que rexeitalas ainda que o fin se anuncie sombrío (esta frase lémbrame moito a unha de Imperium).
  • O dano do mal acostuma a volverse contra o propio mal.
  • Moitos dos que viven merecen morrer e algúns dos que morren merecen a vida. Podes devolver a vida? Logo non te apresures en outorgar a morte, pois nin o mais sabio coñece o fin de tódolos camiños.
  • Si non hai máis que un camiño terei que tomalo.
  • Máis vale desconfiar de verbas inmerecidas que de verbas irreflexivas.
  • As palabras fermosas esconden a veces un corazón infame.
  • Si a cabeza non é a mellor parte do teu corpo, confía sempre no teu corazón.

Estados financieiros de La Región

Logo de botarlle unha ollada as contas de La Región correspondentes ó cerre do exercicio 2006 estas son algunhas das conclusións as que cheguei:
  • Os ingresos por ventas do exercicio [13.610.348,41 € (uns 265.000 € menos que en 2005)] son menores que o activo corrente (19.353.623,7 €). Isto é, durante un ano ingresou menos diñeiro que o que lle adeudan os deudores [clientes por ventas (9.163.719 €) , empresas do grupo (10.843.162,34 €) e deudores varios (1.056.980 €) ] o que situa a empresa nunha situación de falla de liquidez.
  • As provisión feitas para os deudores son excasas (-2.187.035,46 €), sobre todo si temos en conta a situación financieira das empresas do grupo que son deudoras. A empresa auditora KPMG en 2005 decía que “a sociedade participada RIAS BAIXAS COMUNICACION SA (Nota 7) presenta uns fondos propios negativos”, isto é, que esta empresa está en quebra técnica, polo cal “a sociedade debería provisionar o importe neto correspondente a la inversión, así como o importe correspondiente a porcentaxe da sua participación no patrimonio negativo”. Esa débeda alcanzaba en 2004, segundo a auditora, 4.474.178 €. Todo isto respecto a esta sociedade, logo si nos pomos a analizar as débedas e inversións noutras empresas do grupo e asociadas encontramonos con mais do mesmo.
  • Na evaluación das masas patrimoniais atopámonos cun desequilibrio patrimonial a corto prazo (isto analizando as contas presentadas; si a empresa provisionase tódalas débedas antes sinaladas, o patrimonio sería negativo e a situación de quebra técnica) e nunha situación de suspensión de pagos técnica.
  • O pasivo corrente (débedas a corto prazo de 15.987.214 €) tamén está descompensado co pasivo non corrente (débedas a largo prazo de 5.439.792 €), triplicando o primeiro a este último. A situación lóxica e habitual é que as débedas a L/P sexan maiores que as débedas a C/P.
  • Tamén é unha situación anómala o feito de que a empresa tivese no exercicio 2006 uns ingresos inferiores a débeda a C/P que deixa para o exercicio seguinte. O máis previsible é que no exercicio 2007 (no que La Región anunciou un EBITDA de +2.500.000) non puidese cumprir cos seus compromisos cos acreedores.
  • Tamén me chama moito a atención que os gastos de persoal (5.560.142,45 €), máis os gastos por servicios externos (3.821.929,14 €) absorban o 69% dos ingresos por ventas. Non é propio dunha empresa das suas características.
  • E por último dicer que o resultado do exercicio de 2006 (1.086.572 €) está maquillado polos beneficios obtidos na enaxenación de inmovilizado inmaterial, material ou cartera de control por un valor de 1.271.027,81€.

Flock


Foi liberada a nova revisión deste navegador optimizado pra redes sociais de código abierto e multiplataforma; Flock usa o motor de renderizado Gecko, posee agregados incorporados que permiten un mellor manexo de blogs, suscripcións RSS, integración con servicios como Flickr, Facebook, YouTube, e Twitter, permitindo ademais compartir marcadores con amigos usando o servicio del.icio.us, e outros servizos como os ofrecidos por Photobucke e Technorati; así como actualizacións automáticas do navegador.

A revisión de Flock 1.0.1 ponese ó día con todalas correccións de seguridade e estabilidade de Mozilla Firefox 2.0.0.11

Para máis información consulte as notas de lanzamento. (en inglés)

Outros navegadores: Mozilla 1.7.12, Opera 9.25, Safari 3.0.3, Nestcape Navigator 9.0.0.5