A fraude da SOCIEDADE TEXTIL LONIA

O día 14 Xullo 2008, clasificado en: actualidade, política laboral, política local, política nacional, por xOsse dorrío

Acabo de recibir con agrado unha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sentenza do 10 de xuño, na que se condena a empresa distribuidora e fabricante (é un xeito de falar, todo o mundo sabe que a práctica totalidade desas prendas son fabricadas na China) de Carolina Herrera e Puprificación García, a Sociedade Textil Lonia, por contratación de traballadores en fraude de lei.

O principal motivo deste despedimento non foi o remate da obra para a que o traballador fora contratado, pois non existía tal obra, senón o feito de que o traballador lle comunicase a irresponsable, perdón, responsable de persoal da empresa que os contratos que estaba facendo ós traballadores eran ilegais, posto que incorrían en fraude de lei. A súa resposta foi o despedimento do traballador.

Esta sentenza, recentemente comunicada, fai bos tódolos argumentos que o traballador presentara ante a irresponsable, e dalle -en que estarei pensando-, responsable de persoal da Sociedade Textil Lonia, ante Inspectora Xefe de Traballo de Ourense, Pilar Sánchez-Cuervo Peña, e ante o Xulgado do Social Número 2 de Ourense do que é titular a xuíza María Isabel Gómez Balado.

O certo é que esta empresa fai cada ano centos de contratos, si centos, contratos a moreas, e todos eles en fraude de lei, de tal xeito que si calquera traballador denunciase o contrato este converteríase en traballador indefinido. Sen embargo existe moito medo a acudir ós tribunais nesta sociedade, aínda sendo conscientes os traballadores, como o son, das irregularidades que comete a empresa. Pero xa se sabe como funciona esta sociedade caciquil e, especialmente, a sociedade ourensá. Hai moito medo o poderoso e triunfa a submisión. O clan dos Domínguez ten moito poder, demasiado, na cidade.

Sen embargo, o estado de dereito ten mecanismos dabondo para defender os traballadores desta fraude. Para comezar, dende a oficina do INEN poderían actuar de oficio e denunciar a Sociedade Textil Lonia, polo uso e abuso destes contratos temporais para obra determinada (normalmente para o almacenamento, distribución, pasar o ferro… -segundo o caso- para un número determinado de prendas) pois todos e cada un deses contratos pasa polas súas mans. No INEN preferiron mirar para outro lado.

A Inspección de Traballo ten a obriga de velar polo cumprimento do marco normativo laboral e debería intervir de oficio na defensa dos traballadores; sen embargo, non o fixo nin a instancia da Fiscalía nin a instancia do traballador. Porqué? Porqué se buscan xustificacións en sentencias que nada teñen que ver co caso en cuestión? Porqué tanto interese en defender o indefendible? Acaso temen ó clan? Non, non creo. Estes traballadores están moi ocupados en perseguir e espremer a autónomos de baixa e as pequenas empresas. Con estes si que non teñen piedade.

Pero tanto ou máis inxustificable parece a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense. Ninguén discute a doutrina do Tribunal Supremo cando afirma que non se poden facer contratos por obra cando a obra consiste na actividade normal da empresa. A actividade normal da Sociedade Textil Lonia é clariña, fixádevos: «deseño, fabricación, compra e venda e comercialización no territorio nacional e estranxeiro de todo tipo de produtos textiles…» e en particular os das marcas Carolina Herrera e Purificación García. A obra do contrato consiste no »almacenamento e distribución de 100.000 prendas». Alguén dubida sobre a legalidade deste contrato?. Non, ninguén, nin tan sequera a xuíza, pois si dubidase a dúbida debería aplicarse en beneficio do traballador (in dubio pro operario)… e non foi así.

Os xuíces, máis que ningún outro cidadán, ten a obriga de respectar a lei e a xurisprudencia dos tribunais superiores. Como si non nos van a esixir ós demais o cumprimento efectivo da lei? Sen embargo non é así. Moitos xuíces ocupan os seus xulgados cunha soa idea clara: eles alí son a lei. Só lles falta mexar nas catro esquinas da súa sala para marcar territorio.

etiquetas:  

Os comentarios están cerrados



arquivo de mOendo

Xullo 2008
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes